29/11/2011
CIG-Ensino denuncia que se reducen en 12,6 millóns respecto de 2011, pero supoñen 507 millóns menos que en 2007
Os orzamentos para Educación caen un 0,6% para 2012, ou o
que é o mesmo, 12,6 millóns de euros. Fronte a isto, a CIG-Ensino denunciou, en
rolda de prensa, que amplían a privatización, tendendo a un ensino máis
clasista e selectivo, que os centros terán menos profesorado, que aumentarán o
fracaso escolar, que amosan un total desleixo cara o noso idioma e que, no seu
conxunto son tan restritivos que poñen en perigo o xa debilitado ensino
público.
5/8/2010
Critica que o Goberno manteña as "megalomanías do Gaiás" e destine un millón de euros para propaganda en Educación
A CIG-Autonómica amósase moi crítica
coa actitude do Goberno galego, a quen acusa de recortar en servizos
públicos ao tempo que mantén unha serie de gastos superfluos que
beneficiarían a amigos e achegados. A central nacionalista cita, entre
outros exemplos, o millón de euros destinado a propaganda para a Consellería de
Educación ou o que define como “as megalomanías do Gaiás”.
29/7/2010
A CIG-Ensino denuncia que a consellaría segue incumprindo a lexislación vixente ao non reunir as Xuntas de Persoal para negociar as vacantes de profesorado
A CIG-Ensino denuncia que despois das reunións informais, “que non Xuntas de Persoal”, tal e como marca a lexislación vixente, mantidas nas xefaturas territoriais de A Coruña, Lugo e Ourense, a administración non vai cubrir a maioría das peticións de profesorado dos centros educativos trasladadas pola central sindical. “O caso máis sangrante”, afirman, é o de Pontevedra, onde nin sequera se fixo a reunión, quedando esta para setembro, cando xa están feitos os nomeamentos do profesorado.
18/6/2010
Coa UGT e STGA, que tamén se retiraron da mesa, ostentan case que o 70% da representación sindical
A CIG-Ensino levantouse da mesa sectorial de Educación, na súa xuntanza deste venres, diante da negativa da consellaría de Educación a retirar a orde pola que se regulan os centros plurilingües en Galiza. Xunto á CIG abandonaron a mesa UGT e STGA, que suman, entre as tres organizacións practicamente o 70% da representación sindical. A CIG-Ensino esixiu a retirada desta orde porque non garante un mellor aprendizaxe das linguas estranxeiras e por que considera que nin se axusta á legalidade nin é beneficiosa para o ensino. “Trátase dunha ferramenta destinada a crear centros de diferentes categorías e vai ser usada contra o noso idioma”, denuncia.
25/5/2010
Denuncia que Educación impón un decreto que atenta contra o galego e que suscitou o maior rexeitamento da historia da normalización lingüística
A CIG-Ensino vén de anunciar a presentación dun recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contra o decreto de Plurilingüismo, que sae publicado este martes, 25 de maio, no Diario Oficial de Galiza. A CIG-Ensino denuncia que a consellaría de Educación impón así un decreto que atenta contra o galego e que suscitou o maior rexeitamento da historia da normalización lingüística.
16/4/2010
CIG-Ensino, FETE-UGT e CCOO abandonan a reunión da Comisión Tripartita
Na reunión celebrada este xoves 15 de abril da Comisión Tripartita de Ensino Privado Concertado (CTEPC) a Consellería de Educación demostrou, unha vez máis, a falta de vontade negociadora. A Administración educativa fixo unha proposta de Acordo de Mantemento de Emprego que todas as organizacións, tanto sindicais como empresariais, presentes na Comisión Tripartita de Ensino Privado Concertado (CTEPC) cualificaron de retroceso respecto aos acordos precedentes.
23/3/2010
CIG-Ensino denuncia que non se ten en conta o prexuízo que esta medida causa aos alumnos, ao profesorado e aos centros de ensino en xeral
A CIG-Ensino denuncia o prexuízo que se lle está a causar ao alumnado, ao profesorado e ao ensino en xeral pola decisión da Consellaría de Educación de deixar de cubrir as baixas diante da proximidade das vacacións de “Semana Santa”.