Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
ciclos formativos
21/10/2010 No marco do conflito xerado pola decisión da administración galega de pechar o ciclo de electrotécnica
A CIG-Ensino cualificou de “insulto á comunidade educativa de Curtis” a actitude adoptada pola Consellaría de Educación no marco do conflito xerado polo peche dun ciclo formativo. A administración enviou a Inspección Educativa ao IES de Curtis para presionar ao profesorado que imparte dito curso e, segundo informa a CIG-Ensino, chegouse a ameazar aos docentes por negarse a asinar un escrito.
19/10/2010 O IES de Curtis, o Agra de Leborís da Laracha, o Agra de Raíces de Cee e o Pedra da Aguia de Ponte do Porto carecen de persoal e viron como se reducían os ciclos ofertados
A CIG-Ensino amosa o seu total apoio aos IES de Curtis, IES Agra de Leborís da Laracha, IES Agra de Raíces de Cee e mais IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto (Camariñas) afectados pola política de destrución do ensino público que a Consellaría do PP, co seu Conselleiro Jesús Vázquez á cabeza, vén aplicando nomeadamente neste curso 2010-2011.
1/10/2010 Educación afonda na súa política de pechar ciclos formativos no rural
A CIG-Ensino vén de denunciar a decisión da Consellaría de Educación de pechar un ciclo formativo no IES de Curtis, no que estaban matriculados nove alumnos, para aforrar un posto de traballo. Con esta decisión, critican dende a Federación, a Consellaría engade un peche máis no ámbito rural, confirmando a estratexia do PP de liquidar moitos dos ciclos en funcionamento actualmente.
29/6/2010 A Federación presentará un recurso contencioso-administrativo contra a Consellaría por non tratar estes recortes na Mesa Sectorial
Delegadas e delegados da CIG-Ensino concentráronse este martes, 29 de xuño, diante da Consellaría de Educación para denunciar os recortes que a administración pretende aplicar na FP e a na Educación Permanente de Adultos (EPA), co grave prexuízo que vai ter para a oferta educativa e para o emprego.
23/6/2010 CIG-Ensino convoca unha concentración o 29 de xuño para esixir a revisión destes recortes educativos e laborais
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría vai suprimir para o vindeiro curso a Educación Permanente de Adultos en case 50 centros e 14 ciclos formativos, sen que os representantes do profesorado teñan coñecemento de cales son os motivos destas eliminacións nin as súas consecuencias. A CIG denuncia ademais que a Consellaría vulnera as canles de negociación, pois as supresións de postos de traballo deben ser tratadas nas Xuntas de Persoal docentes, que deben contar con toda a información antes de que a proposta sexa enviada á Dirección Xeral correspondente que ten que levar o tema á Mesa Sectorial, antes da súa publicación no DOG. A CIG-Ensino ten convocada unha concentración o vindeiro 29 de xuño diante da Consellaría de Educación, ás 11:30 horas, para denunciar estes recorte de postos educativos e laborais e esixir a súa revisión.
23/2/2010 O borrador pretende xeneralizar a impartición de módulos en lingua estranxeira esixindo un determinado nivel para o profesorado
Na mesa sectorial do 23 de febreiro debateuse o borrador do Decreto de ordenación xeral da FP do sistema educativo de Galiza. A CIG-Ensino criticou un dos aspectos máis preocupantes e regresivos desta proposta que é a nula referencia ao Decreto que regula o uso do noso idioma. Así, dentro da política de ataque sistemático ao noso idioma por parte desta Administración, o borrador de Decreto non recolle ningunha alusión ao uso do galego, mais si se recollen as linguas estranxeiras, até o extremo de que o borrador pretende xeneralizar a impartición de módulos en lingua estranxeira, esixindo un determinado nivel ao profesorado.
8/10/2009 O órgano aproba unha emenda da CIG en contra de eliminar o módulo de cociña galega de vangarda do currículo dun ciclo de hostalaría
Durante o Consello Escolar, celebrado este xoves 8 de outubro, no que estaba previsto ditaminar 4 modificacións de currículos de ciclos formativos aprobados o pasado curso, a CIG presentou unha emenda contraria a eliminación do módulo de “Cociña Galega de Vangarda” do currículo Ciclo Medio de Cociña e Gastronomía. Esta emenda foi apoiada maioritariamente polos membros do Consello Escolar de Galiza (14 a favor da emenda, 7 en contra e 3 abstencións) polo que no seu ditame rexeitase a pretensión da Consellaría de profundar na desaparición da realidade galega dos contidos educativos.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com