Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
Endesa
1/12/2010 A central desenvolveu unha concentración de delegados/as para reclamar a modificación da norma
A CIG desenvolveu esta mañá unha concentración de delegados e delegadas para “lembrar” que o Decreto do Carbón é un problema que continúa pesando sobre o futuro da produción enerxética galega, a pesar de que nestes intres estea paralizada a súa aplicación por orde xudicial. A central sindical continúa así as mobilizacións contra este novo veto político a Galiza, iniciadas xa o pasado mes de xullo.
25/10/2010 A Plataforma urxe ao goberno español á constitución da “comisión de seguimento” para que en menos de seis meses a norma estea cambiada
Arredor de 6.000 persoas participaron este domingo na manifestación convocada en Ferrol contra o Decreto do Carbón, na defensa da produción enerxética galega e dos máis de 3.000 postos de traballo dependentes da actividade das centrais de As Pontes e Meirama. A marcha, que saíu dende a Praza de España baixo unha intensa choiva, rematou cunha concentración diante da Praza de Armas, onde a actriz Mercedes Castro deu lectura a un manifesto denunciando as consecuencias do decreto para Galiza e demandando ao goberno estatal que poña en funcionamento de xeito urxente a anunciada “comisión de seguimento”, co obxecto de que “nun prazo moi inferior aos seis meses” o decreto estea modificado e non sexan as centrais galegas as únicas prexudicadas pola cota política a favor da hulla española.
22/10/2010 A marcha en contra do Decreto do Carbón sairá ás 12:00 horas dende a Praza de España de Ferrol
A CIG anima a todos os galegos e galegas a participar na manifestación do vindeiro domingo 24 de outubro, en Ferrol, en contra do Decreto do Carbón e polo dereito a producir e a traballar na nosa terra. A marcha sairá ás 12:00 horas dende a Praza de España e rematará cunha concentración na Praza de Armas, onde se procederá a lectura dun manifesto. Dende a central nacionalista agárdase que este convocatoria se converta nunha gran demostración do rexeitamento social ao Real Decreto que faga mudar da súa posición ao goberno español.
21/10/2010 Fernando Branco e Alberte Amado desenvolven a sexta xornada de folga de fame á espera dun cambio de postura por parte do goberno
A CIG continúa este xoves coas protestas en contra do Decreto do Carbón e pola defensa dos postos de traballo que dependen da actividade das centrais de Meirama e As Pontes. Os compañeiros Fernando Branco e Alberte Amado proseguen adiante coa folga de fame iniciada o pasado sábado 16 de outubro, na espera dunha contestación por parte do Ministerio á solicitude de xuntanza cursada pola central sindical. Ambos compañeiros aseguraron sentirse “perfectamente” e con ánimos abondos para continuar adiante coa súa loita. Pola súa banda, o Comité de Meirama, Sabón e delegados das empresas auxiliares realizaron unha nova marcha, nesta ocasión até o Concello de Arteixo, en contra deste Real Decreto.
19/10/2010 O órgano de estrutura da CIG acordou celebrar a súa reunión semanal en As Pontes e manter un encontro con Fernando Branco e Alberte Amado
A Executiva Confederal trasladou na mañá deste martes 19 de outubro o apoio da central sindical aos dous compañeiros que dende o pasado sábado están en folga de fame para demandar unha xuntanza co Ministro de Industria, a fin de buscar unha saída ás graves consecuencias que terá para Galiza a entrada en vigor do Decreto do Carbón. Os/as membros da Executiva acordaron manter a súa xuntanza semanal no local da CIG en As Pontes para arroupar así a Fernando Branco e Alberte Amado e reclamar ao goberno estatal a retirada da normativa, ou cando menos, que se modifique o decreto atendendo a proposta concreta achegada pola central nacionalista.
18/10/2010 Fernando Branco e Alberte Amado manteñen a súa protesta nunha caravana instalada diante do Concello das Pontes
O pasado sábado 16 de outubro, o delegado da CIG en Endesa, Fernando Branco, e o responsábel da Unión Local da CIG de As Pontes, Alberte Amado, iniciaban unha folga de fame para demandar unha reunión urxente co Ministro de Industria, co obxecto de analizar as consecuencias para Galiza da aplicación do Decreto do Carbón, así como reclamar unha modificación do mesmo que evite o total paralización das centrais de Meirama e As Pontes. A decisión de incrementar as medidas de presións chegou logo de que o goberno estatal non respondese a petición da CIG e ante a previsíbel entrada en vigor do decreto en tan só uns días. Non obstante, dende a central sindical advírtese que as accións reivindicativas non cesarán “porque a CIG non vai permitir un novo Astano”.
13/10/2010 A Plataforma demanda a modificación da nova normativa para garantir o futuro dos empregos e da economía da comarca
Máis de 3.000 persoas participaron o pasado venres 8 de outubro na manifestación convocada en As Pontes contra o decreto do carbón e na defensa dos postos de traballo dependentes da actividade da central térmica. A marcha, convocada pola Plataforma contra o decreto do carbón, foi unha nova mostra do rexeitamento social que esta normativa, que discrimina a produción eléctrica galega en favor doutras centrais do estado, suscita tanto entre os traballadores/as afectados/as como na cidadanía en xeral.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com