3/1/2012
Dende a CIG-Administración denuncian que as sociedades mercantís públicas e as fundacións poderán contratar persoal propio
A Xunta de Galiza aprobou hoxe na Comisión de Persoal, co voto en contra da CIG e favorable de CCOO e CSIF, un decreto que trata de regular a contratación nos entes instrumentais e os procesos de integración. Para o sindicato nacionalista, este decreto supón outro engano do Goberno Feijóo, xa que lonxe de acabar ou regular os chamados 'chiringuitos', vai significar a súa consolidación ao permitir que as sociedades mercantís públicas e as fundacións poidan contratar persoal propio sen pasar por un proceso selectivo público.
28/12/2011
O sector da Autonómica da CIG-Administración di que con este trato de favor bloquéanse dúas prazas, unha de orixe e outra de destino
O
cumprimento da normativa non é, segundo denuncia o sector da Autonómica da
CIG-Administración, igual para todas as persoas na Xunta de Galiza, aínda que
iso “implique un maior gasto orzamentario”. Non se es “un cargo nomeado a dedo e tes a
suficiente ‘confianza’”. Refírense aos postos cubertos polo sistema de libre designación con carácter
xeral: subdireccións, xefaturas de servizo e secretarías de altos cargos. Postos nos que superan, algúns, os cinco anos, cando a normativa só permite
6 meses.
19/10/2011
Solicitan que se decrete para o Macizo Central de Ourense o nivel 2 e para os parques naturais o nivel 3, cando xa se levan queimado 25.000 ha
De “catástrofe ecolóxica”, provocada pola
“deixadez, inhibición e por unha política forestal equivocada e desfasada”
cualificou Fernando García, responsábel do sector da Autonómica da CIG-Administración,
a situación que está a vivir Ourense por mor da vaga de lumes que vén padecendo
estes días. Por iso, exixiu a dimisión do conselleiro de Medio Rural e do
Director Xeral de Montes, alén de demandar que se decreten, para o Macizo
Central de Ourense, o nivel 2 de gravidade, e para os parques naturais o nivel
3, cando xa van queimadas, segundo cálculos dos traballadores, 25.000 hectáreas.
11/8/2011
A administradora ten as vacacións concedidas dende abril e o director, cargo de libre designación, tamén colleu o período vacacional este mes
O centro de maiores de Caranza permanecerá sen responsábeis durante todo o mes de agosto, segundo informou a CIG-Administración Autonómica de Ferrol. Isto acontece, aclaran, porque a Administradora ten concedidas as vacacións para este mes dende o pasado abril, mentres que o Directo (cargo de libre designación e que percibe un complemento salarial de dispoñibilidade horaria) tamén acordou tomar as súas feiras no en agosto.
2/8/2011
A CIG-Administración Autonómica denuncia as intencións da Consellaría e rexeita un proxecto que, en tempos de crise, desaproveita “os recursos propios en materia de persoal”
A Consellaría de Economía e Industria quere reducir a actual Dirección Xeral de I+D+i
á metade e afrontar unha futura Axencia de Innovación cun persoal decimado e
oposto frontalmente a este proxecto, segundo denunciou a CIG-Administración Autonómica. Mentres, Función Pública asegura que non ten coñecemento do borrador nin das xuntanzas cos sindicatos.
26/7/2011
Advirte da falta de operatividade que suporá o traslado aos servizos centrais de máis de 20 veterinarios/as
A CIG-Administración Autonómica vén de criticar a falta de planificación dos controis veterinarios, recollidos na normativa europea, en relación ás competencias que a Consellería do Mar ten en seguridade alimentaria, sanidade e benestar animal e control da cadea alimentaria. A denuncia chega logo do anuncio da Xunta (a través dun informe de furtivismo) de incorporar 21 novos veterinarios/as ao Servizo de Gardacostas, que, segundo advirten dende a CIG-Administración, suporá a desregulación das condicións de traballo do persoal veterinario.
29/4/2011
A central sindical demanda á Dirección Xeral da Función Pública a paralización e anulación do proceso
A CIG-Administración vén de de denunciar irregularidades na convocatoria dunha praza da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia (Turgalicia), pois, aclaran, o proceso incumpre a lei de organización e funcionamento da Administración Xeral e do Sector Público Autonómico. Diante desta situación, o sector de Autonómica da CIG xa remitiu o correspondente escrito á Dirección Xeral da Función Pública demandando a paralización e anulación da convocatoria.