Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Lugo Lugo
15/12/2011 O expediente, que aínda non foi presentado de xeito oficial, suporía o peche da fábrica de Mondoñedo e o despedimentos dos 62 traballadores/as
A CIG e o Comité de Aglomerados Ecar, empresa pertencente ao Grupo Finsa e asentada en Mondoñedo, continúan defendendo a viabilidade da fábrica e amósanse totalmente contrarios ao anuncio de peche da fábrica trasladado pola dirección. A empresa ten intención de presentar un ERE de extinción que suporá o despedimento dos 62 traballadores/as de Ecar.
28/11/2011 Neste momento o persoal están sufrindo un ERE que afecta a 38 traballadoras e traballadores
Máis de mil persoas percorreron o sábado 26 de novembro as rúas de Lugo para esixir da Xunta de Galiza o mantemento do programa Preescolar na Casa, que atende a máis de 4.000 familias en toda Galiza, fundamentalmente no ámbito rural, e no que traballan 43 profesionais. Neste momento, o persoal está sufrindo un ERE que afecta a 38 traballadores/as.
18/11/2011 Publicado no DOG a renovación do concerto coa Clínica Fisioterapia Lugo SL por importe de 1,5 millóns de euros
A CIG-Saúde rexeita a decisión da Consellaría de Sanidade de renovar a privatización de parte dos servizos de fisioterapia, logopedia e fisioterapia respiratoria da provincia de Lugo, por importe de 1,5 millóns de euros. A renovación deste concerto coa clínica Fisioterapia Lugo SL supón detraer cartos públicos para mellor a prestación deste servizo dende o novo hospital de Lugo.
11/11/2011 A representación do persoal ten convocada unha concentración o 17 de novembro en demanda dun aumento das contratacións para garantir a calidade dos servizos
O Comité de Centros da Xerencia de Atención Primaria de Lugo ten convocada unha concentración para o vindeiro 17 de novembro en rexeitamento á política de contratacións realizada pola dirección e que denuncia está “caracterizado pola diminución drástica das substitucións dos profesionais” e a “violentación da normativa aplicábel en materia de substitucións”.
20/10/2011 CIG-Saúde de Lugo denuncia que as instalacións están infrautilizadas e que aínda non se puxeron en marcha os novos servizos prometidos para a área sanitaria como Hemodinámica ou Radioterapia
O novo hospital de Lugo, presentado polo Goberno galego como o estandarte da modernidade, está plenamente sumido na política de recortes aplicada pola Consellaría de Sanidade, segundo denuncia a CIG-Saúde Lugo. Así, os novos servizos prometidos para a área sanitaria, como Hemodinámica ou Radioterapia, continúan sen funcionamento, péchanse servizos e camas, prodúcese un recorte do persoal e as vellas instalacións do complexo hospitalario avanzan no seu deterioro sen que se destinen aos usos comprometidos.
4/10/2011 A empresa depende da Deputación provincial de Lugo
A CIG-Servizos continuou o luns 3 de outubro coas mobilizacións en contra do despedimento de dous traballadores de Suplusa (Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S. A.). A empresa, dependente da Deputación de Lugo, rescindiu o contrato a estes empregados o pasado xullo, logo de que acudisen aos xulgados a reclamaren os seus dereitos.
28/9/2011 CIG-Servizos denuncia que os dous despedimentos producíronse logo dos traballadores reclamar os seus salarios ante o Xulgado do Social
A CIG-Servizos levou a cabo, este mércores, unha concentración diante da Deputación Provincial de Lugo para amosar o seu rexeitamento aos dous despidos que se produciron o pasado mes de xullo na empresa  SUPLUSA (Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A.) entidade dependente da Deputación de Lugo. Esta empresa despediu a dous traballadores por reclamar  diante do Xulgado do Social o abonamento dos salarios de xardineiros, que é a categoría coa que está contratado o persoal de Suplusa malia só aboárenlles os salarios de axudante de xardineiro. Xa existe sentenza xudicial que estima na súa totalidade a reclamación destes traballadores.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com