25/1/2013
Denuncian que o Presidente da Xunta favoreceu o desmantelamento e privatización das caixas
Persoal de NGB concentrouse este xoves en San Caetano, onde se estaba a
desenvolver o Consello da Xunta, para denunciar a responsabilidade do seu
presidente. Alberto Núñez Feijóo na actual situación da entidade. Clodomiro
Montero, secretario nacional de CIG-Banca, denuncia que favoreceu o seu
desmantelamento e privatización e demanda que “dea a cara”, asumindo a súa
responsabilidade en todo este proceso.
24/1/2012
Este recorte dos salarios non se basea na situación do sector senón que responde ao Acordo Interconfederal asinado recentemente pola patronal e os sindicatos españois
A CIG-Banca vén de rexeitar, novamente, a conxelación salarial prevista para os vindeiros catro anos no preacordo do convenio estatal de caixas, que suporá unha perda do poder adquisitivo de entre o 8 e o 10%. A este respecto, a Federación da CIG puntualiza que esta conxelación e recorte salarial non se basea na situación do sector senón que responde ao Acordo Interconfederal asinado recentemente por CCOO, UGT, CEOE e CEPYME.
20/7/2011
A federación de Banca ten convocada unha concentración de protesta na asemblea xeral deste xoves
A CIG rexeita o preacordo presentado por Novacaixagalicia
mediante o que se pretende ampliar o ERE anterior a 350
traballadores/as máis a través de baixas incentivadas. A proposta,
que contempla a negociación dun novo ERE si a autoridade laboral non
dá luz verde á ampliación do anterior, foi presentada hoxe pola
dirección da empresa na mesa que está a negociar as condicións
laborais de cara á conversión da entidade nun banco. A central
nacionalista ten convocada unha concentración de protesta para este xoves na Coruña a partir das 16.30 horas, coincidindo coa celebración da asemblea xeral
extraordinaria.
11/5/2011
Denuncia que a Xunta de Galiza autorizou hai seis meses unha suba salarial para os directivos
CIG-Banca vén de
cuestionar as declaracións da conselleira de Economía, Marta Fernández Currás,
que dixo entender as rebaixas salariais anunciadas por novacaixagalicia como
parte do plan de recapitalización que lle exixe o Banco de España, que inclúe
un aforro de custos. Para a CIG-Banca resulta incoherente esta comprensión cos
recortes nos salarios dos empregados e empregadas da caixa cando hai apenas 6
meses a Xunta de Galiza autorizou un incremento salarial para os directivos.
24/2/2011
Delegados e delegadas da central concéntranse diante do Concello de Vigo para denunciar a actitude do alcalde, Abel Caballero, como firme defensor da bancarización
Ao berro de “Abel Caballero, por que non calas?”, delegados e delegadas da CIG concentráronse esta mañá diante do Concello de Vigo en defensa da caixa galega e para denunciar o decreto aprobado polo goberno español a través do que pretende beneficiar a gran banca e ao capital “vendendo a prezo de saldo as nosa caixas”. Durante a mobilización, a CIG-Banca advirtiu que privatizar novacaixagalicia suporá lastrar a recuperación económica e o propio futuro de Galiza.
23/2/2011
A partir das 11:30 horas diante do Concello de Vigo
A CIG continuará este xoves 24 de febreiro o calendario de mobilizacións na defensa da existencia das caixas cunha concentración de delegados e delegadas da central diante do Concello de Vigo, a partir das 11:30 horas. A CIG lembra que o decreto do goberno español paraa privatización destas entidades supón un novo ataque ao autogoberno galego, un novo recorte social para beneficio da gran banca e unha tentativa de privatización do maior patrimonio empresarial común.
10/2/2011
A central desenvolveu unha mobilización contra as pretensións do executivo de privatizar as entidades diante da Delegación do Goberno e do Banco de España
A CIG desenvolveu esta mañá a primeira das mobilizacións que a central vai promover na defensa do carácter público das caixas de aforro e contra das pretensións do goberno do PSOE de privatizar novacaixagalicia. Ducias de delegados/as da entidade e sindicalistas trasladáronse até A Coruña para participar na concentración que se desenvolveu diante da Delegación do Goberno na Galiza, de onde saíron en marcha até a sede do Banco de España.