Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Iniciativa Lexislativa Popular
8/2/2012 Quere frear o proceso de privatizacións e recortes emprendidos polo goberno do PP
A Plataforma SOS Sanidade Pública vén de anunciar o inicio da recollida de sinaturas para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento de Galiza e frear a política de “recortes e privatizacións” do PP. A Plataforma, que terá que xuntar un mínimo de 15.000 sinaturas, quere preservar a xestión pública directa dos centros sanitarios, potenciar a Atención Primaria, a promoción da saúde como alternativa á crise e as áreas sanitarias como espazo para a planificación e a xestión dos recursos.
13/12/2011 A CIG-Ensino denuncia que o PP quere a súa desaparición, fundamentalmente, porque o programa se desenvolve integramente en galego
Traballadores/as de Preescolar na Casa, acompañados por representantes da CIG, nomeadamente o secretario comarcal da CIG de Lugo, Xosé Ferreiro, e o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, presentaban esta mañá, no rexistro do Parlamento de Galiza, unha Iniciativa Lexislativa Popular en demanda de que goberno autonómico incorpore o servizo de Preescolar na Casa dentro dos propios da administración pública galega no ensino público.
18/10/2010 Será presentada como proposición de Lei polo BNG logo de ser rexeitada a súa tramitación como Iniciativa Lexislativa Popular polo PP na Mesa do Parlamento
Representantes de diversas organizacións e colectivos integrados na plataforma cidadá Queremos Galego -entre os que se atopaban o secretario xeral da CIG, Suso Seixo ou o secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao- presentaron no rexistro do Parlamento de Galiza preto de 30.000 sinaturas recollidas en apoio á Iniciativa Lexislativa Popular en defensa dos dereitos lingüísticos. A plataforma escolleu esta emblemática data por coincidir co día no que se celebrou, en 2009, a máis grande manifestación cívica a prol do galego.
16/4/2009 Lembra que a ILP promovida pola central contra o complemento de destino estivo bloqueada no Parlamento
A CIG recibiu con satisfacción a noticia de que o BNG vai instar aos seus militantes que ocuparon postos de dirección política na pasada lexislatura e teñen dereito a cobrar o plus de até 15.000 euros a renunciar a dito complemento. Non obstante, dende a central considérase que esta recomendación non deixa de ser “un parche” que non soluciona o problema de fondo, xa que deixa en mans da decisión individual a renuncia ao complemento.   
17/6/2008 Se foi a súa Presidenta, Dolores Villarino, demanda a súa dimisión polo seu reiterado comportamento antidemocrático
  A CIG remitiu aos medios de comunicación unha nota na que exixe que o Parlamento de Galiza aclare quen tomou e por que, a decisión de impedir aos representantes da central, promotores da Iniciativa Lexislativa Popular, facer declaracións nin sequera ás portas do edificio do Parlamento de Galiza.
17/6/2008 Lembra que non é a primeira vez que se dan feitos semellantes con organizacións nacionalistas
O portavoz do grupo parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, remitiu un escrito á presidenta da Cámara en protesta polos feitos acontecidos na mañá do martes 17 de xuño no Parlamento, nos que os representantes da CIG foron expulsados cando ían atender aos medios de comunicación despois de presentar unha iniciativa lexislativa popular.
17/6/2008 Entregáronse máis de 19.000 sinaturas no rexistro da Xunta Electoral de Galiza
Representantes da CIG fixeron entrega, este martes día 17 de xuño, das máis de 19.000 sinaturas, xa certificadas pola oficina do censo electoral, para promover unha ILP e obrigar á institución parlamentaria a retomar o debate sobre o chamado plus de altos cargos. Porén, non se puido explicar aos medios o contido da mesma porque o xefe de seguridade do Parlamento impediuno, aducindo que tiña ordes de prohibir que se fixeran declaracións, nin sequera na porta de entrada do edificio.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com