Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Parlamento de Galiza
21/12/2011 Ergueron carteis contra a privatización e os recortes e repartiron un “kit” de supervivencia hospitalaria entre os deputados/as, con útiles de aseo e comida
A Plataforma “SOS Sanidade Pública”, que aglutina a todas as plataformas en defensa da Sanidade Pública constituídas nas diferentes áreas sanitarias, convocou na tarde deste mércores, coincidindo co debate dos orzamentos, unha concentración diante do Parlamento de Galiza. Mentres representantes das numerosas plataformas do país denunciaban que “O público é servizo, o privado beneficio” fronte o edificio do Hórreo, no interior, membros desta plataforma levantaban carteis en defensa do sistema público e contra as privatizacións. Entre os aplausos dos deputados e deputadas da oposición, a presidenta do Parlamento os expulsaba do pleno.
21/12/2011 Demandan uns servizos públicos galegos, sen recortes, sen privatizacións e sen copagos
As federacións da Área Pública da CIG (Administración, Saúde e Ensino) concentráronse diante do Parlamento de Galiza para manifestar o seu rexeitamento ás medidas de recorte na función pública contempladas nos orzamentos de 2012, que pretende aprobar o Goberno do PP. Denuncian que os orzamentos reducen os salarios dos empregados/as públicos/as e destrúen o emprego público co conseguinte deterioro dos servizos públicos, mentres se consolidan privilexios do persoal directivo e altos cargos. Fronte a iso, demandan uns servizos públicos galegos, sen recortes, sen privatizacións e sen copagos.
11/10/2011 A protesta realizouse coincidindo co debate na sesión plenaria das preguntas formuladas polo BNG ao Goberno relativas á situación laboral da factoría de Coirós
Traballadores e traballadoras de Elaborados Metálicos Emesa trasladáronse na tarde deste martes até as portas do Parlamento galego para desenvolver un acto de protesta, coincidindo co debate na sesión plenaria das preguntas formuladas polo BNG sobre as intencións do Goberno galego a respecto da autorización do cuarto ERE de suspensión para a filial de Isolux Corsán.
4/10/2011 Denuncian que abre as portas á privatización e que pon en perigo as condicións laborais
Esta mañá concentrábanse ás portas do Parlamento de Galiza traballadores e traballadoras da CRTVG para manifestar o seu rexeitamento á nova Lei da CRTVG, un texto consensuado polo PP e o PSOE que transforma a Compañía de Radio e Televisión de Galiza nunha Corporación. Denuncian que os cambios propostos amezan gravemente os dereitos dos traballadores/as, facilitan a redución do cadro de persoal e abren a porta á privatización e á disolución da Compañía. Ao remate da concentración saíron en manifestación pola rúa do Hórreo até chegar á Praza do Toural, onde deron por rematada a protesta.
21/6/2011 A central nacionalista defende a prestación do servizo público de comunicación audiovisual por unha entidade de dereito público
A CIG expresa a súa preocupación polo acordo alcanzado entre o PSdeG e o PP para reformar a CRTVG, que exclúe un compromiso expreso a prol da produción propia de programas e do emprego, así como dos dereitos económicos, laborais e sociais adquiridos polo persoal laboral da radio e a televisión públicas de Galiza.
15/6/2011 Denuncia a intención da consellaría de favorece ro ensino privado concertado fronte o ensino público
A CIG-Ensino participou, este mércores día 15 de xuño, na concentración convocada polos centros afectados polo “Decreto polo que se transforman institutos de educación secundaria en centros integrados de formación profesional, se fusionan centros educativos e se cambian ensinanzas”, diante do Parlamento de Galiza. A CIG-Ensino xa manifestara a súa oposición, e mesmo se levantara da Mesa sectorial, para manifestar a súa oposición á imposición deste decreto que supón a supresión de 73 unidades de ESO e Bacharelato, de 198 postos de profesores/as e á desaparición de máis de 1.531 postos escolares públicos.
24/5/2011 Este martes 24 de maio o Parlamento Galego debate a totalidade do proxecto de lei
A CIG reitera o seu absoluto rexeitamento ao proxecto de Lei de Apoio á Familia e á Convivencia de Galiza da Xunta do PP, que este martes, 24 de maio, a partir das 10:00 horas se debate no Parlamento Galego. A central nacionalista subliña o carácter retrógrado e a profunda carga ideolóxica que soporta o proxecto e entende que con esta normativa afóndase no grave recorte de dereitos que están sufrindo as mulleres, asúmese que son un colectivo que se debe protexer e dirixir, recupérase a retórica da familia heterosexual e a da maternidade como papel e función vital das mulleres. Cuestións que, en definitiva, supoñen asumir o control da vida sexual das mulleres.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com