2/12/2009
Valora positivamente que, por fin, se debata no pleno do Parlamento
O 17 de xuño de 2008 entregábanse no rexistro do parlamento, as máis de 19.000 sinaturas recollidas pola CIG para promover unha Iniciativa Lexislativa Popular para a derrogación do chamado plus dos altos cargos. Transcorrido máis dun ano anúnciase que a ILP será debatida polo pleno do Parlamento o próximo día 9 de decembro. A CIG valora positivamente que se incluíra, por fin, o debate da ILP na orde do día da sesión plenaria. Porén, lamenta o acordo de PSOE e PP de votar en contra, máis cando desde o goberno se está xustificando a conxelación dos salarios dos empregados públicos alegando unha suposta política de austeridade, pero se manteñen os gastos derivados deste plus.
16/4/2009
Lembra que a ILP promovida pola central contra o complemento de destino estivo bloqueada no Parlamento
A CIG recibiu con satisfacción a noticia de
que o BNG vai instar aos seus militantes que ocuparon postos de dirección
política na pasada lexislatura e teñen dereito a cobrar o plus de até 15.000
euros a renunciar a dito complemento. Non obstante, dende a central considérase
que esta recomendación non deixa de ser “un parche” que non soluciona o
problema de fondo, xa que deixa en mans da decisión individual a renuncia ao
complemento.
17/6/2008
Lembra que non é a primeira vez que se dan feitos semellantes con organizacións nacionalistas
O portavoz do grupo parlamentar do BNG,
Carlos Aymerich, remitiu un escrito á presidenta da Cámara en protesta
polos feitos acontecidos na mañá do martes 17 de xuño no Parlamento, nos que os representantes da
CIG foron expulsados cando ían atender aos medios de comunicación despois de
presentar unha iniciativa lexislativa popular.
17/6/2008
Entregáronse máis de 19.000 sinaturas no rexistro da Xunta Electoral de Galiza
Representantes da CIG fixeron entrega, este martes día 17 de xuño, das máis de 19.000 sinaturas, xa certificadas pola oficina do censo
electoral, para promover unha ILP e obrigar á institución parlamentaria a
retomar o debate sobre o chamado plus de altos cargos. Porén, non se puido
explicar aos medios o contido da mesma porque o xefe de seguridade do
Parlamento impediuno, aducindo que tiña ordes de prohibir que se fixeran
declaracións, nin sequera na porta de entrada do edificio.