Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
sinaturas
28/11/2011 Entrega no rexistro da consellaría de Sanidade 400 sinaturas de médicos/as e enfermeiros/as apoiando estas demandas
CIG-Saúde demandou, en rolda de prensa, o correcto cumprimento dos acordos de Puntos de Atención Continuada (PACs) e solicitou a reunión, con carácter urxente, da Comisión de Seguimento dos Acordos para tratar aspectos como cómputo de xornada; confección de calendarios; cumprimento da acta do 16 de xuño e contratación de persoal das listas. Antes da rolda de prensa presentou, no rexistro da consellaría de Sanidade, 400 sinaturas de médicas/os e enfermeiras/os sumándose a estas reclamacións.
3/11/2011 A central nacionalista solicita unha entrevista inmediata co Xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
Delegados e delegadas da CIG levaron a cabo unha concentración o mércores para demandar da Xunta de Galiza que regularice as condicións laborais dos traballadores e as traballadoras do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Durante a protesta, a central rexistrou máis de 700 sinaturas de empregados destes servizos nas que solicitan unha resposta inmediata as súas reivindicacións e unha entrevista co Xerente do Consorcio para abordar a situación do persoal.
30/5/2011 Reclaman que no futuro decreto de Ensinanzas Aretísticas Superiores de Grao en Música se recolla a súa creación nos conservatorios superiores de Galiza
A CIG-ENSINO vén de presentar 281 sinaturas de músicas e músicos, reclamando que o futuro decreto de Ensinanzas Artísticas Superiores de Grao en Música recolla a creación da especialidade de Dirección de Orquestra nos conservatorios superiores de Galiza.
19/5/2011 O SERGAS está estudando que FRIAT, unha fundación privada, asuma a súa xestión
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza presentou esta mañá, no rexistro do SERGAS, en Santiago de Compostela, un total de 7.388 sinaturas en contra da privatización do servizo de diálise do hospital do Barbanza. A Plataforma denuncia que o SERGAS está estudando que pase a xestionalo FRIAT, unha fundación privada que xa xestiona o servizo no hospital de Verín.
29/12/2010 A CIG reclamalle á Xunta que resolva o recurso de alzada contra a autorización do ERE de extinción
Traballadoras e traballadores da Fábrica de Cerámica de Sargadelos de Cervo, acompañados dunha representación da CIG de Lugo-A Mariña, desprazáronse este mércores a Lugo para rexistrar no edificio administrativo da Xunta de Galiza as máis de 5.000 sinaturas recollidas en demanda da readmisión dos oito compañeiros/as despedidos, tras a aprobación dun ERE no mes de setembro.
3/8/2010 O sindicato rexeita a amortización de 70 postos de traballo para substituír este servizo público por empresas de cátering
A CIG-Autonómica presentou hoxe 9.000 sinaturas contra a privatización dos comedores escolares. O acto de entrega tivo lugar ao mediodía no rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta da Galiza en San Caetano, en Santiago de Compostela.
19/5/2009 As presidentas dos Comités provinciais advirten que “non imos aceptar ningún paso atrás en materia de prestacións sociais”
A CIG-Ensino fixo entrega na mañá do 19 de maio de 5.546 sinaturas en defensa do mantemento dos postos de traballo no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, do carácter público dos servizos que ofrece e en demanda da realización inmediata dos procesos selectivos paralizados como consecuencia das eleccións galegas. No escrito rexistrado na Xunta, as catro presidentas dos Comités provinciais do Consorcio lembran as declaracións realizadas por Feijoo en relación ao organismo e advirten á Conselleira de Traballo e Benestar que “non imos aceptar ningún paso atrás en materia de prestacións sociais”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com