13/12/2011
Galiza Nova e a FESGA organizan para este xoves 15 de decembro, ás 20:00 h en Políticas unha charla que será presentada por Suso Seixo
A FESGA e Galiza Nova veñen de organizar unha
conferencia que será presentada polo secretario xeral da
CIG, Suso Seixo, baixo o título “Movementos
sociais e construción do poder popular. Unha ollada dende América Latina”. A charla
correrá a cargo de Isabel Rauber, doutora en Filosofía e investigadora dos
movementos sociais e terá lugar o vindeiro xoves día 15 de decembro, ás 20:00
horas, na aula 0.2 da facultade de Ciencias Políticas, no Campus Sur de Compostela.
10/1/2011
Será este martes 11, a cargo de Gonzalo Gómez Freire, co-fundador do diario dixital Aporrea.org
A
Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e
Sindical en Galiza (FESGA), dentro da súa actividade divulgadora,
vén de organizar para o vindeiro martes 11 de xaneiro, a partir
das 20.00 horas, unha conferencia que baixo o título “Venezuela,
revolución e poder obreiro” terá
lugar na sede comarcal da CIG de Vigo (Rúa Gregorio Espino 47). No
perfil da fundación na rede social Facebook foi creado un evento
con esta convocatoria que
podes axudar a difundir.
5/11/2009
Organizada por Fesga, o vindeiro venres 6 de novembro, ás 20:00 horas no Salón de Actos da CIG de Vigo
O vindeiro 6 de novembro ás 20:00 horas, no Salón de Actos da CIG, en Vigo, na rúa Gregorio Espino, Leonardo Batalla, membro do Departamento de Relacións Internacionais do PIT-CNT e integrante do Grupo Coordenador do Encontro Sindical Nossa América, dará unha conferencia-coloquio sobre a situación política e social no Uruguai, informando ademais sobre a actualidade da articulación continental do sindicalismo de clase e dos movementos populares na América Latina.
14/1/2009
CON GONZALO GÓMEZ FREIRE E ARAMITA PADRINO MARTÍNEZ COMO PONENTES
O pasado martes 13 de xaneiro, tivo lugar no auditorio da sede comarcal da CIG en Vigo, unha conferencia organizada polo departamento de migración da central sindical, no que baixo o título “Venezuela após as eleccións. Situación dos galegos en Venezuela” se analizou a actualidade política e social en Venezuela.
12/1/2009
O ciclo desenvolverase en seis cidades galegas durante o mes de xaneiro
A CIG-Ensino e a Asociación Sociopedagóxica galega
(AS-PG) acaban de iniciar as II Xornadas de Socioloxía na Educación, centradas
na “Educación na Galiza a través da súa historia”. As xornadas desenvolveransen seis cidades galegas ao longo deste mes e contarán con destacados profesionais
do eido da ensinanza e a pedagoxía do noso País.
12/12/2008
A profesora de Economía Aplicada ofreceu unha conferencia-coloquio aos cadros sindicais da CIG
A profesora de Economía Aplicada da USC, María
do Carmo García Negro, participou nunha xornada dedicada a analizar como se
está a desenvolver a crise económica internacional e cales son as alternativas
que se poden achegar dende Galiza. García Negro puxo especial énfase en
resaltar a imbricación que existe entre a economía financeira e a economía
produtiva, así como a necesidade de actuar dende o noso País.
9/6/2008
A CSI chegou a un acordo coa Federación de Sindicatos de China para posibilitalo
Máis de 350 centrais sindicais de todo o
mundo, entre elas a CIG, participan na 97ª Conferencia Internacional do
Traballo que se está a celebrar na cidade suíza de Xenebra desde o pasado 27 de
maio, con finalización prevista para o próximo venres 13 de xuño.