23/5/2012
A mobilización enmárcase no calendario de actos que a Plataforma SOS Sanidade Pública está a realizar en contra dos recortes decretados polo PP
A Plataforma pola defensa e mellora da sanidade pública de A Coruña convocou a centos de cidadáns e cidadás esta tarde no Obelisco que quixeron deste xeito amosar o seu rexeitamento aos recortes que os Gobernos español e galego pretenden aplicar no sistema sanitario público. Estes recortes eliminan a condición da saúde como dereito, deixando fóra da asistencia ordinaria a un enorme colectivo de persoas, e obrigando aos/ás usuarios/as a pagar por servizos que xa está financiando cos seus impostos.
16/5/2012
Delegados e delegadas concentráronse diante do Sergas para denunciar a pretensión do PP de rematar co modelo sanitario público, universal e gratuíto
Delegados e delegadas de CIG-Saúde concentráronse este martes diante
do edificio do Sergas, en Compostela, para reclamar a retirada do decreto
aprobado polo PP en Madrid e trasladado por Feijóo “submisamente” a Galiza. Un
decreto que, denuncian, pon en perigo o modelo sanitario público, gratuíto e
universal e que terá consecuencias negativas tanto para o persoal como para as
usuarias e usuarios. A convocatoria coincidía coa celebración da mesa sectorial
na que se tratou precisamente este asunto, entre outros.
19/4/2012
Denuncia que é falso que se aforre, “derívase o gasto aos doentes”
A Executiva da
CIG-Saúde ao completo compareceu en rolda de prensa, para denunciar as medidas
de recorte nos dereitos e prestacións sanitarias impostas no Consello Interterritorial
de Saúde, co beneplácito das comunidades autónomas do Partido Popular,
nomeadamente co do goberno galego, representado pola conselleira de Sanidade. A
federación advertiu que con estas medidas regresivas, que afectan sobre todo á
poboación con menos recursos, estase poñendo en xogo o acceso universal á
sanidade pública e o seu carácter redistributivo e asegurou que só coa
mobilización social se pode frear este ataque, sen precedentes, a un dereito
fundamental como é o dereito á saúde.
18/4/2012
Exixe do goberno da Xunta de Galiza que faga valer as súas competencias
A CIG-Saúde, á
espera de coñecer máis polo miúdo as medidas baralladas este mércores no
Consello de Interterritorial de Saúde avanza xa o seu rexeitamento ao anunciado
copago, que suporía o aumento da porcentaxe de pago por prestación farmacéutica
para persoas en activo dun 40% a un 50% e mesmo a introdución dunha porcentaxe
de pago dun 10% ou incluso un 20% para pensionistas. Ante a gravidade desta
medida, exixe ao goberno da Xunta que faga valer as súas competencia sen materia
de Sanidade.
18/4/2012
Considera que o único obxectivo que teñen estas medidas é a privatización do sistema sanitaria
CIG-Saúde exixe ao goberno da Xunta de Galiza
que rexeite de plano o recorte orzamentario quie o goberno do Estado pretende
impor na Sanidade Publica e manteña unha defensa do sistema sanitario público
na reunión do Consello Interterritorial que se celebra esta mañá. A federación
entende que non se pode prestar asistencia pública de calidade e universal sen
recursos económicos.
16/4/2012
Demanda un plan de ordenación dos recursos humanos que contemple a prestación sanitaria de calidade e condicións laborais dignas
CIG-Saúde vén de
manifestar o seu rexeitamento á proposta de Decreto de Oferta de Emprego Público
remitido pola Administración, que limita a taxa de reposición ao 10%, provoca a
eliminación de postos de traballo na sanidade pública e repercute negativamente
tanto na prestación como nas condicións laborais do persoal.
13/4/2012
Demanda ademais a convocatoria da mesa sectorial de Sanidade para que se transmita a información do acordado no Consello Interterritorial
A CIG-Saúde vén de
dirixirse á conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera; á Xerenta do Servizo
galego de Saúde, Nieves Domínguez e á Directora de Recursos Humanos do SERGAS,
para demandar a convocatoria urxente do Consello Galego de Saúde e do Consello
Asesor de Pacientes para que se expliquen as medidas que se van a adoptar, tras
do anuncio dun novo recorte dos orzamentos en materia de Sanidade, e como van
afectar aos profesionais e aos doentes. Xunto a isto, demanda a xuntanza da
Mesa Sectorial tras da celebración do Consello Interterritorial no que se
abordarán os recortes, valorados en sete mil millóns de euros.