Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
sanidade pública
18/11/2011 Publicado no DOG a renovación do concerto coa Clínica Fisioterapia Lugo SL por importe de 1,5 millóns de euros
A CIG-Saúde rexeita a decisión da Consellaría de Sanidade de renovar a privatización de parte dos servizos de fisioterapia, logopedia e fisioterapia respiratoria da provincia de Lugo, por importe de 1,5 millóns de euros. A renovación deste concerto coa clínica Fisioterapia Lugo SL supón detraer cartos públicos para mellor a prestación deste servizo dende o novo hospital de Lugo.
18/11/2011 Considera que se prepara o camiño para privatizar servizos, como facer camas ou axudar no aseo aos doentes
CIG-Saúde vén de remitir un escrito dirixido á Directora de Recursos Humanos do SERGAS, Esperanza Fernández Lago, no que reclama que, de inmediato, se proceda á retirada do prego de prescricións técnicas particulares da contrata de limpeza do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), de funcións que se atribúen ao persoal da concesionaria que, até o de agora, eran propias de persoal do SERGAS.
16/11/2011 A Federación lembra ao Goberno galego que a calidade e sustentabilidade da sanidade pública non pasa pola privatización nin o aumento dos concertos
CIG-Saúde de Ferrol acaba de denunciar a diminución do cadro de persoal da Área Sanitaria, xa que administración non está a cubrir postos estruturais, mais pola contra está a incrementar o número de contratacións de xornada parcial en vez de cubrir os servizos a tempo completo. Isto supón, matizan, unha precarización das condicións laborais e unha diminución da calidade na prestación dos servizos sanitarios.
11/11/2011 A representación do persoal ten convocada unha concentración o 17 de novembro en demanda dun aumento das contratacións para garantir a calidade dos servizos
O Comité de Centros da Xerencia de Atención Primaria de Lugo ten convocada unha concentración para o vindeiro 17 de novembro en rexeitamento á política de contratacións realizada pola dirección e que denuncia está “caracterizado pola diminución drástica das substitucións dos profesionais” e a “violentación da normativa aplicábel en materia de substitucións”.
27/10/2011 A Plataforma SOS Sanidade Pública, da que forma parte a CIG, convocou protestas en defensa dun sistema que garanta a universalidade e gratuidade dos servizos sanitarios
Miles de persoas participaron este xoves nas mobilizacións convocadas pola Plataforma SOS Sanidade Pública nas distintas áreas sanitarias para amosar o seu rexeitamento á política de recortes aplicada pola Xunta de Galiza nos servizos sanitarios públicos. Coas concentracións, manifestacións e actos realizados esta tarde quérense denunciar os recortes nos orzamentos destinados á sanidade pública, “cun financiamento cada vez máis miserento e que vai camiño da indixencia, como paso previo á súa privatización”.
24/10/2011 O colectivo, do que forma parte a CIG, vén de anunciar a posta en marcha dunha ILP en defensa e promoción da sanidade pública
O próximo día 27 de outubro a Plataforma SOS Sanidade Pública, que agrupa a todas as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública, ten convocadas mobilizacións simultáneas ás 20:00 horas en todas as Áreas Sanitarias do País, en defensa dos servizos sanitarios públicos e contra dos recortes aplicados pola Consellaría e a Xunta de Galiza. Ademais, a Plataforma acaba de anunciar a posta en marcha dunha Iniciativa Lexislativa Popular para pór freo aos ataques do goberno galego contra o sistema sanitario público.
20/10/2011 A Federación alerta da perda da calidade asistencial e do número de postos de traballo que suporá a rebaixa orzamentaria aplicada pola Consellaría
CIG-Saúde de Ferrol vén de denunciar os recortes orzamentarios da Consellaría para esta área sanitaria, que suporán unha importante redución da calidade asistencial prestada as usuarias e usuarios e unha perda considerábel de postos de traballo. Dende a Federación da CIG critican a rebaixa no número de camas por habitante, os axustes nos servizos de transporte sanitario ou os recortes nas prestacións socio-sanitarias.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com