Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Consorcio galego de Servizos de Igualdade e Benestar
10/2/2012 A CIG convoca unha asemblea de traballadoras e traballadores, este sábado ás 11:30 horas en Compostela
O Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, nunha reunión coas delegadas e delegados, anunciou a integración do organismo na Axencia Galega de Servizos Sociais. O proceso de integración faríase en dúas fases: primeiro os Servizos Centrais e as Escolas Infantís (Galiñas Azuis) e, despois a Área de Benestar. A CIG denuncia que todo isto está previsto que se faga sen garantir, en ningún momento, os postos de traballo do persoal do ente, unha vez finalizado o proceso de integración.
25/1/2012 Exixiron, ademais, o inicio das negociacións para a integración do persoal laboral do Consorcio no V Convenio do Persoal Laboral da Xunta de Galiza
O pasado 17 de xaneiro, o Consorcio Galego de Benestar e Servizos Sociais iniciaba a carreira privatizadora das escolas infantís “Galiña Azul”, coa publicación no DOG da privatización da xestión da escola infantil de Monteporreiro, en Pontevedra. A partir desa data, sucedíanse os anuncios de licitación da xestión privada doutras escolas infantís: Betanzos, Carballo, O Pino, Coristanco. Para manifestar a súa rotunda oposición a este proceso de privatización, delegadas e delegados de CIG-Ensino concentrábanse esta mañá, diante do edificio do Consorcio.
17/1/2012 No DOG deste mércores, 17 de xaneiro, anúnciase a licitación da xestión privada da escola infantil de Monteporreiro, en Pontevedra
A CIG-Ensino denunciou este mércores que a Xunta de Galiza vén de iniciar o proceso de privatización das novas escolas de educación infantil “Galiña Azul”, logo de publicar no DOG a licitación do centro de Monteporreiro (Pontevedra), desde a data de apertura, 1 de marzo de 2012, até o 31 de agosto de 2014. En outubro do pasado ano a Federación da CIG xa alertara publicamente de que o Goberno galego tiña a pretensión de privatizar 17 escolas infantís, todas elas de nova apertura.
23/11/2011 Conseguen reunirse co xerente e que este se comprometera a iniciar a negociación, como moi tarde en xaneiro
Delegados/as da CIG pecháronse esta mañá na sede central do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar (Galiña Azul, I+B, Centros de Día, Servizos centrais...) en demanda, entre outros, da aplicación do convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galiza. O peche, que comezou contra as 12:00 horas, mantívose até que foron recibidos polo xerente do organismo. Tras da xuntanza, na que participaron as/os representantes das/os traballadoras/es xunto a representantes da CIG-Ensino e CIG-Administración, deron por finalizada a concentración. O xerente comprometeuse a iniciar unha negociación, como moi tarde en xaneiro.
22/11/2011 Denuncia a situación de total abandono das traballadoras e traballadores dependentes deste organismo
A CIG convoca, para mañá día 23 de novembro, concentracións en todos os centros de traballo do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar (galescolas, centros de día...) pola situación de abandono no que se atopan.  As concentrancións terán lugar ás, aproximadamente, 12:00 horas, nas portas dos centros de traballo.
3/11/2011 A central nacionalista solicita unha entrevista inmediata co Xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
Delegados e delegadas da CIG levaron a cabo unha concentración o mércores para demandar da Xunta de Galiza que regularice as condicións laborais dos traballadores e as traballadoras do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Durante a protesta, a central rexistrou máis de 700 sinaturas de empregados destes servizos nas que solicitan unha resposta inmediata as súas reivindicacións e unha entrevista co Xerente do Consorcio para abordar a situación do persoal.
12/5/2011 O organismo estase negando a aprobar os calendarios presentados polas Escolas e dando instrucións para a súa modificación
O pasado 3 de maio a CIG-Ensino presentou un escrito dirixido ao Xerente do Consorcio para demandar que de inmediato dera ordes de substituír a todas as traballadoras e traballadores nos seus períodos vacacionais, sen excepcións nin desculpas de ningún tipo. Este escrito era presentado despois de constatar desde o sindicato que o Consorcio non estaba a realizar estas substitucións e que utilizaba esta circunstancia como medida de presión contra as Escolas, para obrigalas a cambiar o calendario de vacacións das traballadoras e os traballadores.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com