18/3/2010
Ás 19:00 horas nas subdelegacións do Goberno en Lugo e Ourense e no edificio da Xunta de Vigo, e ás 20:00 horas da Delegación do Goberno en A Coruña
Diante da situación de incerteza xerada polo debate sobre o futuro das caixas galegas, os traballadores e as traballadoras de Caixa Galicia e Caixanova acordaron, nas asembleas celebradas nas distintas comarcas, convocar concentracións o vindeiro 23 de marzo na defensa do emprego e a prol dunha caixa galega forte que garanta o futuro financeiro do noso País. As protestas terán lugar ás 19:00 horas diante das subdelegacións do Goberno de Lugo e Ourense, así como no edificio administrativo da Xunta en Vigo. En A Coruña a concentración realizarase diante da Delegación do Goberno ás 20:00 horas.
11/3/2010
As mobilizacións levaranse a cabo simultaneamente en Lugo, A Coruña, Vigo e Ourense
A sala do Instituto Teconolóxico Empresarial
de Caixa Galicia en A Coruña quedou pequeno para acoller aos traballadores e
traballadoras que participaron na asemblea convocada pola sección sindical da
CIG na entidade financeira. O persoal, ao igual que acontecera na asemblea
celebrada na véspera en Lugo, apoiou a concentración proposta para o día 23 de
marzo en réxime de autoconvocatoria, que tamén se desenvolverá en Ourense e
Vigo, para reclamar información sobre o futuro da caixa e os posíbeis contactos
da dirección con Caja Madrid.
22/2/2010
HP, actual propietaria da filial de Caixa Galicia, comunicou ao persoal que aplicará o convenio do telémarketing en lugar do de oficinas
O Comité de empresa da antiga CxG Gestión Operativa e delegados e delegadas da CIG concentráronse novamente na mañá deste luns diante da oficina principal de Caixa Galicia en A Coruña para reclamar á entidade e a HP (actual propietaria de CxG) que respecten as condicións laborais dos traballadores/as, logo do anuncio da multinacional de que aplicará ao persoal ao convenio de telemárketing en canto remate a vixencia do actual convenio de oficinas e despachos. Isto significará un descenso considerábel nas condicións laborais dos máis de cen empregados/as, moitos dos/as que levan na empresa máis de 20 anos, así como a conxelación dos seus salarios.
20/1/2010
Diante do resultado da Auditoría a Caixa Galicia e Caixanova presentado esta mañá pola Xunta
Diante da presentación dos resultados da auditoría a Caixa Galicia e Caixanova, presentado esta mañá pola conselleira de Facenda, e á espera de coñecer o contido da mesma, a CIG solicitou a apertura inmediata dun proceso de negociación destinado a minimizar o impacto sobre o emprego que vai supor a fusión das dúas entidades, así como para homologar e garantir as condicións laborais do persoal. Dende a CIG tense denunciado que o persoal das caixas de aforros deberá asumir as consecuencias dunha xestión cuestionábel por parte das direccións, ante as que tamén se esixirán medidas.
28/12/2009
O Comité e delegados/as da CIG levaron a cabo unha concentración diante da Oficina Principal de Caixa Galicia en A Coruña
Traballadores da antiga CxG Gestión Operativa e delegados/as da CIG desenvolveron unha nova concentración diante da Oficina principal de Caixa Galicia en A Coruña para demandar garantías para a continuidade do emprego e das condicións laborais na filial da entidade financeira, recentemente adquirida pola multinacional HP. Baixo a consigna "Os negocios de Méndez, que non os paguen os inocentes", a central e o Comité advertiron que as mobilizacións continuarán até que ambas empresas acheguen compromisos de futuro para os traballadores/as.
3/12/2009
O venres 4 de decembro, ás 12:00 horas, dende a Alameda de Compostela
A Confederación Intersindical Galega vai desenvolver este venres, día 4 de decembro, unha manifestación de delegados e delegadas baixo o lema “Por unhas caixas galegas ao servizo do país”, que sairá ás 12:00 horas, da Alameda compostelá. Con esta mobilización a CIG quere manifestar a súa defensa do carácter galego destas entidades, da súa función social e contra calquera intento de privatización, alén de reiterar a súa aposta por un cambio de modelo de xestión que as vincule aos sectores económicos estratéxicos deste país.