11/3/2011
A marcha sairá ás 12:00 horas dende a Alameda de Compostela
A CIG e o BNG teñen convocada unha manifestación nacional este domingo, 13 de marzo, en Compostela, baixo o lema “Galiza ten dereito. En defensa do aforro, o emprego e o país”. A marcha quere ser unha resposta contundente aos ataques que están a padecer sectores estratéxicos do noso País, nomeadamente as caixas de aforros. Así mesmo, a manifestación que a Federación de Químicas da CIG tiña previsto realizar o domingo 13 na cidade da Coruña en contra do Decreto do Carbón, ficou finalmente desconvocada, ao integrarse na marcha de Compostela, dado o seu carácter máis global.
25/2/2011
A mobilización, aberta aos colectivos e organizacións sociais, realizarase en Compostela o vindeiro 13 de marzo
A CIG e o BNG anunciaron esta mañá en rolda de prensa a convocatoria dunha manifestación nacional o vindeiro domingo, 13 de marzo, en Compostela, baixo o lema “Galiza ten dereito. En defensa do aforro, o emprego e o país”. A marcha, que está aberta a todas as organizacións e colectivos sociais, quere ser unha resposta contundente aos ataques que están a padecer sectores estratéxicos do noso País, nomeadamente as caixas de aforros. Así mesmo, a Federación de Químicas ten integrado nesta mobilización, dado o seu carácter global, a protesta convocada para ese mesmo día contra o decreto do carbón, polo que fica suspendida a concentración da Coruña.
15/2/2011
O BNG presentará unha moción no Parlamento que recolle varias das propostas da Coordinadora do Naval do sindicato
A CIG vén de
reclamar publicamente a Xunta de Galiza e Goberno español unha maior
implicación co naval galego co obxectivo de superar a grave crise
que atravesa o sector. Representantes da federación do Metal
compareceron hoxe en rolda de prensa co deputado do BNG Henrique
Viéitez para presentar a moción que a formación nacionalista
presentará no parlamento galego e que recolle unha serie de medidas
propostas pola recentemente creada Coordinadora do Naval do
sindicato.
25/1/2011
O secretario xeral da CIG chama a galegos e galegas a rexeitar na rúa a maior ofensiva do sistema capitalista en 60 anos
O secretario xeral da CIG chama á
cidadanía galega a defender na rúa os seus dereitos sociais e
laborais fronte á maior ofensiva do sistema capitalista en 60 anos.
Suso Seixo lembrou durante un acto de apoio á folga xeral organizado
polo BNG en Vigo -no que participaron o voceiro nacional, Guillerme
Vázquez, e o candidato á Alcaldía de Vigo, Santi Domínguez- que
“o único xeito de facelo é coa confrontación social a través da
mobilización”.
17/1/2011
Delegacións de ambas organizacións mantiveron un encontro para avaliar a situación socioeconómica actual e as consecuencias das reformas anunciadas polo goberno
Representes da CIG mantiveron unha xuntanza este luns cunha delegación do BNG de cara a recoller apoios para a convocatoria de folga xeral do vindeiro 27 de xaneiro. Durante o encontro abordouse a situación socioeconómica actual e avaliáronse as consecuencias que están a ter as políticas aplicadas polos gobernos galego e español e os recortes que suporá a aprobación dunha reforma das pensións nas liñas defendidas polo executivo estatal.
13/9/2010
Para frear a reforma laboral, as reformas pendentes e en demanda dun modelo económico e social máis xusto e sustentábel
Representantes de organizacións políticas e sociais participaron esta mañá nunha xuntanza convocada pola CIG para analizar a situación socioeconómica actual, as consecuencias que terá a reforma laboral e as que o goberno ten xa en carteira. Os asistentes comprometéronse a facer un chamamento á folga xeral non só para frear a aplicación destas reformas senón tamén para denunciar aos responsábeis da crise, a perversidade do neoliberalismo e exixir cambios estruturais que permitan camiñar cara un modelo de organización económica e social máis xusto para a maioría social.
2/9/2010
Dende a CIG adiantan que investigarán as contas da conserveira para determinar se existen irregularidades constitutivas de delito
O informe económico
elaborado pola administración concursal de Alfageme vén confirmar
as sospeitas da CIG no que respecta á responsabilidade da dirección
na situación que atravesa a conserveira, inmersa nun Expediente de
Regulación de Emprego e sen ter abonado parte dos salarios nin as
indemnizacións aos traballadores/as despedidos. Dende a central
nacionalista adiantaron que barallan tamén extender a investigación
“con carácter retroactivo” ás contas da empresa para determinar
se existiron irregularidades tipificadas como delito.