Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
manifestacións
1/5/2011 Seixo aproveitou a celebración do 1º de Maio para animar en Vigo a loitar por un novo modelo económico e por unha Galiza ceibe e socialista
Máis de 17.000 persoas manifestáronse coa CIG en toda Galiza este 1º de Maio para conmemorar o Día Internacional da Clase Traballadora. Con estas mobilizacións, convocadas baixo o lema “Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos”, o sindicalismo nacionalista e de clase galego rexeitou na rúa a política de recortes sociais que están a aplicar os distintos gobernos seguindo as directrices do capital. Ao remate da marcha de Vigo o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, animou a conquistar un novo modelo económico máis xusto e a loitar por unha Galiza “ceibe e socialista”.
18/4/2011 1º de Maio: Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos
A Confederación Intersindical Galega celebra o Día Internacional da Clase Traballadora con nove manifestación nas principais cidades do país, ademais de en Viveiro e Ribeira. A central nacionalista conmemora un novo 1º de Maio, nesta ocasión baixo o lema "Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos", e anima á cidadanía galega a participar nas distintas mobilizacións que se celebrarán en Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Ferrol, Viveiro e Ribeira.
10/3/2011 A central chama a continuar na loita pola defensa do emprego, uns salarios e pensións dignas e dar a batalla por un cambio de modelo económico e social
Con motivo da conmemoración do 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, data na que se lembra o asasinato a mans da policía de Amador Rei e Daniel Niebla, operarios da antiga Bazán, no ano 1972, miles de persoas participaron nas manifestacións convocadas pola CIG nas cidades de Ferrol e Vigo. Nesta ocasión as protestas estiveron centradas na denuncia do pacto económico e social asinado en Madrid polo goberno, a patronal, CCOO e UGT, e nomeadamente contra da reforma das pensións e a negociación colectiva.
7/3/2011 As mobilizacións sairán ás 20:00 horas dende a Avenida do Esteiro e dende a viguesa Vía Norte
A CIG presentou este luns os actos que vai desenvolver con motivo da conmemoración o vindeiro xoves do “10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega”, data na que se lembra o asasinato a mans da policía de Amador Rei e Daniel Niebla, operarios da antiga Bazán, no ano 1972. As manifestacións desenvolveranse en Ferrol e Vigo, nesta ocasión nucleadas en contra do pacto económico e social asinado en Madrid polo goberno, a patronal e CCOO e UGT, e nomeadamente contra da reforma das pensións e a negociación colectiva. A Confederación outorgou carácter nacional á marcha de Ferrol, que sairá ás 20:00 horas dende a Avenida do Esteiro (diante dos locais do sindicato), mentres que a mobilización de Vigo partirá da Vía Norte á mesma hora.
29/1/2011 Suso Seixo tamén adianta os retos de futuro da central nesta entrevista realizada na xornada de paro laboral do 27-X
O secretario xeral da CIG analiza nesta vídeo-entrevista feita o mesmo día da folga xeral convocada pola central nacionalista o 27 de xaneiro o acordo de reforma das pensións pactado entre os sindicatos españois e o Goberno do PSOE, ademais de valorar a incidencia que o paro tivo en Galiza e a masiva participación da clase traballadora galega nas distintas mobilizacións organizadas nas principais cidades e vilas. Suso Seixo tamén aborda a futura reforma da negociación colectiva e adianta os principais retos de futuro do sindicalismo nacionalista galego.
18/1/2011 A central chama á cidadanía galega a participar nas marchas que percorrerán as rúas do país
A Confederación Intersindical Galega ten convocadas en todo o país manifestacións e concentracións coincidindo coa xornada de folga xeral que se desenvolverá o vindeiro xoves 27 de xaneiro. O sindicato nacionalista fai un chamamento a todos os galegos e galegas para que participen nas 13 mobilizacións organizadas nas principais localidades de Galiza.
19/11/2010 Suso Seixo defende o actual sistema de pensións “que é moi garantista” e chama a “loitar por defendelo”
O sindicalismo nacionalista mobilizou a miles de persoas que percorreron as rúas das principais cidades e vilas de Galiza para reiterar o seu rexeitamento ás antisociais medidas que veñen adoptando os gobernos central e galego. Medidas que están a facer recaer as consecuencias da crise económica provocada polo sistema neoliberal sobre a maioría social, a clase traballadora, mentres benefician aos seus responsábeis, o capital financeiro. A central sindical tamén manifestou, nesta xornada, a súa oposición aos regresivos orzamentos presentados pola Xunta de Galiza para 2011, porque recortan as partidas destinadas a garantir uns servizos públicos de calidade e o investimento produtivo favorecendo as privatizacións.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com