marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
Día Internacional da Clase Obreira
1/5/2009 Baixo o lema “Polo Emprego, os Dereitos e as Prestacións Sociais”, nas sete cidades galegas, Ribeira e A Mariña
09.05.01 1 Maio Vigo V
A Confederación Intersindical Galega mobilizou nas manifestacións convocadas nas sete cidades, na Mariña e en Ribeira a máis de 20.000 traballadores e traballadoras que baixo o lema “Polo Emprego, Dereitos e Prestacións Sociais” se sumaron ás reivindicacións realizadas pola central, fronte á continuidade da aposta polo modelo neoliberal feita polos goberno e a patronal e a prol dun modelo económico e social máis xusto e solidario. A manifestación máis numerosa foi a celebrada en Vigo, onde participaron preto de 12.000 persoas.
29/4/2009 Manifestación o Primeiro de Maio ás 12:00 horas con saída na Doblada
Roldaabraldescincomarzo
A CIG Vigo pediu á clase traballadora que ofreza unha resposta contundente a actitude mantida pola patronal e as febles medidas adoptadas pola administración fronte a situación de crise que vive a comarca. O secretario da CIG de Vigo, Xerardo Abraldes, lembrou que na comarca xa hai rexistrados máis de 38.000 parados e paradas, demandou a urxente creación do salario social, criticou as axudas a fondo perdido entregadas polo goberno aos bancos e animou a todos os traballadores/as a participar o venres 1 de maio na manifestación convocada ás 12:00 horas na Doblada.
29/4/2009 O secretario comarcal anima á clase traballadora a asistir á manifestación do Primeiro de Maio ás 12:00 horas na Praza de Vigo
09-04-29 RP Coruña
Baixo o lema “polo emprego, os dereitos e as prestacións sociais” a CIG da comarca de A Coruña fixo un chamamento a clase traballadora a mobilizarse “entendendo que a intensidade da crise económica está xerando a destrución de miles de postos e que as empresas aproveitan a caída de actividade para impor despedimentos baratos a través dos EREs, aos que se suman as rescisións de contratos temporais de miles de empregados na comarca”. Con estas palabras animaba o secretario comarcal da CIG de A Coruña, Paulo Carril a participar na manifestación convocada para o Primeiro de Maio ás 12:00 horas dende a Praza de Vigo.
29/4/2009 A CIG convoca manifestacións en todas as comarcas do País no Día Internacional da Clase Traballadora
09-04-29 Cartaz primeiro de Maio
A CIG vai desenvolver o vindeiro 1 de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, unha campaña de manifestacións por todo o País, continuando as mobilizacións que nos últimos meses a central veu desenvolvendo para reclamar que a crise a pague o capital. Este ano o lema das manifestacións será “Emprego, Dereitos e Prestacións Sociais” reivindicacións históricas que cobran especial importancia nestes tempos de crise non só económica, senón tamén de sistema. A intensidade coa que se está a desenvolver a crise do capitalismo, está provocando de xeito acelerado a destrución de miles de emprego en Galiza. As empresas aproveitan a caída da actividade para impoñer despedimentos baratos do persoal con contratos fixos por medio de ERE. Non debemos esquecer as cifras do paro dos últimos meses, que superan xa os 200.000 desempregados/as no País, a falla de cobertura das prestacións sociais, a presentación diaria de expedientes de regulación ou a paralización interesada da negociación dos convenios colectivos por parte da patronal.
24/4/2009 A central comarcal convoca manifestación ás 12:00 horas con saída na Avenida do Esteiro
ferrol
“A crise agudízase, as condicións de traballo empeoran, o desemprego continúa medrandro e aumentan os expedientes de regulación nas empresas”. Con estas premisas, a CIG da comarca de Ferrol lanzou un chamamento aos traballadores e traballadoras da comarca para que o vindeiro Primeiro de Maio saian as rúas na defensa dun novo modelo económico e social. A manifestación está convocada para ás 12:00 horas e saíra dende a Avenida do Esteiro até o Cantón ferrolá.
1/5/2008 Cuestiona o modelo económico neoliberal e aposta por outro "xusto e sustentábel"
Manifestación do 1º de maio en Vigo #1
A Confederación Intersindical Galega mobilizou nas manifestacións convocadas nas sete cidades, na Mariña e en Ribeira a uns 15.000 traballadores e traballadoras que se sumaron á reivindicación dun modelo xusto e sustentábel, fronte ao neoliberalismo, e a prol da soberanía nacional. A manifestación máis numerosa foi a celebrada en Vigo, onde participaron preto de 10.000 persoas.