27/4/2012
Os actos, que se realizarán por todas as comarcas, enmárcanse dentro da campaña con motivo do Primeiro de Maio
A CIG da Mariña, A Coruña e Lugo foron as primeiras comarcas que acolleron os actos-homenaxe que a Confederación Intersindical Galega vai facer ao longo dos próximos días en recoñecemento aos afiliados e afiliadas que levan 25 ou máis anos na central sindical.
23/4/2012
Pretende ser unha homenaxe á súa aportación ao proxecto colectivo que representa a central sindical
Ao longo desta
semana celebraranse actos en todas as comarcas para facer un recoñecemento a
aqueles afiliados e afiliadas que veñen, desde hai máis de 25 anos, amosando o
seu compromiso coa central sindical. Con esta homenaxe a CIG quere amosar o seu
agradecemento á entrega destas compañeiras e compañeiros ao proxecto sindical
que a CIG representa.
24/3/2011
Lina Basteiro recolleu un agasallo de mans do secretario comarcal durante unha asemblea de delegados/as
A CIG de Ourense homenaxeou durante unha asemblea de delegados/as aos traballadores/as de Ecourense, empresa de recollida do lixo do Concello pola súa loita para lograr a readmisión dunha compañeira despedida despois de presentarse na candidatura da central nacionalista ao comité de empresa. Lina Basteira recibiu un agasallo de mans do secretario comarcal, Etelvino Blanco, en nome dos seus compañeiros.
13/8/2010
A central non descarta mobilizacións no caso de que se volvan repetir actos que considera un insulto aos traballadores/as
A federación de Banca da CIG reclama que se investigue a homenaxe tributada a o ex banqueiro Mario Conde e na que estivo presente o presidente da Xunta de Galiza por se existiu exaltación dun delito. A central nacionalista considera este tipo de actos un insulto e un agravio aos traballadores/as e non descarta realizar mobilizacións no caso de que se volvan repetir convocatorias similares.
12/8/2010
Os actos en lembranza do militante antifascista asasinado inclúen unha ofrenda floral no cemiterio de Catabois, charlas e concertos
Segundo Vilaboy Martínez, guerrilleiro
antifranquista ferrolán asasinado pola ditadura no ano 1947, recibirá unha homenaxe
popular na súa cidade natal o vindeiro sábado día 28 de agosto.
Este obreiro comunista dedicou toda a súa vida a loitar pola
liberdade da clase traballadora e destacou pola súa participación, xunto aos seus irmáns,
na coñecida como folga do aceite nos estaleiros. Os actos de
recoñecemento inclúen unha ofrenda floral, charlas e concertos.
10/11/2009
Organizaron un xantar aberto que terá lugar o próximo venres 13 de novembro
Os compañeiros e compañeiras da CIG de Ferrolterra veñen de organizar unha homenaxe a Alfonso Tellado Sande polo traballo realizado durante anos de dedicación constante ao sindicalismo nacionalista e á defensa da saúde da clase traballadora. O xantar terá lugar o próximo venres día 13 de novembro, ás 14 horas, en Ferrol. Para anotarse poden contactar co teléfono 981 35 30 49 ou en saudelaboral@galizacig.net.
26/8/2009
Estes carrilanos tiñan xornadas longuísimas e padecian silicose
Desde a CIG-Verín informan da convocatoria dunha homenaxe aos traballadores dos camiños de ferro galegos, no concello de Castrelo do Val de Ourense, e convocado pola Asociación Cultural Os Carrilanos e o concello, que terá lugar o domingo 30 ás 13.30, en Campobecerros, fronte ao monolito que se ergueu na honra destes traballadores, e despois haberá un xantar de confraternidade ás 15 no pobo de Pepín.