22/7/2010
A Organización Médica Colexial e o Consello Xeral de Enfermería adhírense ao Pacto de Estado pola Sanidade a cambio do Ministerio requirir a colexiación forzosa para o exercicio profesional
A Organización Médica Colexial e o Consello Xeral da Enfermaría asinaron un documento de adhesión aos acordos acadados no Consello Interterritorial sobre o Pacto Pola Sanidade, ao tempo que expresan o recoñecemento e o liderado do Ministerio de Sanidade e Política Social neste proceso. A cambio disto, a Ministra de Sanidade apoiará que, cando se desenvolva a disposición transitoria cuarta da “Lei Ómnibus” e se aprobe a “Lei de Servizos Profesionais”, que determina o catálogo de profesións que requiran para o seu exercicio unha adscrición colexial forzosa, a devandita Lei recolla a colexiación obrigatoria para o exercicio das profesións sanitarias universitarias.
7/2/2008
Política sanitaria neoliberal
O déficit de facultativos en Atención Primaria está chegando, en moitas ocasións, a provocar serios problemas na capacidade asistencial do sistema sanitario público. Na orixe desta situación, ademais da falta de previsión na formación de pre e postgrado, está a política sanitaria neoliberal de desregulación laboral e restrición de gasto que durante demasiados anos se aplicou no sector.