Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
112
13/5/2011 Estiveron no acto de campaña electoral do PP en Teo portando unha pancarta na que responsabilizaban á Xunta da súa situación
O persoal do 112 estivo presente o día 11 no acto de campaña do PP de Teo, ao que asistiu Alfonso Rueda, conselleiro da Presidencia da Xunta e segundo denuncian, “máximo responsábel do conflito do Centro de Atención de Emerxencias de Galiza”. No acto, que se insire dentro da campaña de visualización social do conflito levada a cabo polos traballadores e traballadoras desde hai varios meses, e que inclúe tamén a presenza en actos da campaña das eleccións municipais, despregouse unha faixa na que se culpaba directamente á Xunta de Galiza pola súa xestión neglixente e polas promesas incumpridas.
8/3/2011 Os traballadores denunciaran presións e intentos de manipulación por parte da empresa
Nas eleccións sindicais celebradas o pasado 7 de marzo a candidatura da CIG resultou gañadora e formará en solitario no Comité de Empresa. Os 5 novos membros do Comité de Telemark Spain, S.L. -empresa que desde o mes de setembro ten a concesión da Xunta para a explotación do teléfono de emerxencias do 112 de Galiza- formaban parte dunha candidatura de 49 persoas nun centro de traballo de 83 traballadores e traballadoras.
16/2/2011 Os traballadores denuncian presións e a complicidade da UGT para favorecer os intereses da empresa
A CIG-Banca  de Compostela vén de denunciar que Telemark Spain, S.L., a empresa que desde o pasado mes de setembro ten a concesión da Xunta para a explotación do teléfono de emerxencias do 112 de Galiza, pretende manipular as eleccións sindicais neste servizo. Desde a incorporación da empresa, apuntan, as condicións de traballo do persoal contratado víronse claramente empeoradas e as relacións coa nova empresa son moi tensas.
23/2/2009 Solicitarán reunións cos candidatos dos partidos para coñecer a súa postura a respecto da xestión do servizo de emerxencias
Os traballadores e traballadoras do CAE 112 de Galiza non descartan ir a unha folga se continúa sen ofrecerse unha solución definitiva a súa situación laboral. Así o anunciou en rolda de prensa o Secretario do Comité, Óscar Valladares, quen tamén sinalou que van solicitar reunións cos candidatos dos tres grupos políticos maioritarios para coñecer a súa postura arredor deste servizo público.
19/2/2009 Continúan as protestas en todos os actos nos que participa Pérez Touriño
Os traballadores e as traballadoras do CAE 112 continúan a súa campaña de mobilizacións a prol de acadar un acordo definitivo que permita a estabilidade das súas condicións de traballo. O persoal está “acompañando” a Emilio Pérez Touriño nos actos da campaña electoral con pancartas reivindicativas, nos últimos días estiveron xa en Vilagarcía, Cangar e O Grove.
11/2/2009 O persoal de emerxencias concéntrase diante do Pazo de Congresos durante un acto no que participaba Touriño
O 11 de febreiro conmemórase o día Europeo do 112, a través do que se recoñece o labor que levan a cabo os traballadores e as traballadoras deste servizo de atención de emerxencias. Pola súa banda, o CAE 112 de Galiza celebrau esta xornada cunha nova mobilización para reclamar un acordo definitivo sobre as súas condicións de traballo.
28/1/2009 Critican a falla de previsión nun servizo “mal dimensionado e con pouco persoal”
Tras a situación caótica vivida unha vez máis no CAE 112 de Galicia durante o temporal dos días pasados, os membros do Comité de Empresa denunciaron a falla de previsión por parte da Axencia Galega de Emerxencias e anunciaron o inicio dunha compaña para dar a coñecer os verdadeiros responsábeis do caos vivido a pasada fin de semana.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com