marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
Cultura e língua Cultura e língua
17/3/2010 O vindeiro 25 de marzo está convocada a Mesa Sectorial para tratar o Anteproxecto do Decreto de Plurilingüismo
20100315queremosvigo
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación aínda non comunicou aos centros as axudas que lles corresponden aos Equipos de Normalización neste curso escolar, co que está a inviabilizar a realización das actividades de normalización Lingüística, pois non será até o terceiro trimestre do curso cando saiban que cantidade da solicitada nos orzamentos lles corresponde para a realización das mesmas.
16/3/2010 O alumnado de Infantil podería non ter contacto co galego até a Primaria
10-03-16 RP CIG-Ensino
A CIG-Ensino presentaba, en rolda de prensa, a súa valoración do novo borrador de decreto contra o galego que incumpre non só o mandato estatutario, senón tamén a lexislación vixente na materia. Para a CIG-Ensino, supón un retroceso de 30 anos no proceso normalizador e, alén de manter as eivas do anterior, porque non recolle ningunha das propostas realizadas no período de consultas, proscribe o galego das materias científico-técnicas e introduce, por vez primeira nun decreto de normalización, a obriga de impartir certas materias en español.
15/3/2010 A CIG denuncia a nula vontade de negociar da consellaría
Queremos medrar en galego
A CIG-Ensino denuncia a falta de vontade negociadora por parte da Consellaría de Educación, que vén de remitirlle aos integrantes do Consello Escolar de Galiza o mesmo borrador de anteproxecto de Decreto que se presentou ás Organizacións Sindicais para tratar na Mesa Sectorial.  Este feito pon en evidencia que a Consellaría ten decidido non recoller ningunha achega das realizadas no seo da Mesa Sectorial, mesa de negociación que se reúne en primeiro lugar e onde debería negociarse este anteproxecto de Decreto, para logo ser presentado ao Consello Escolar recollendo xa as emendas realizadas na Mesa.
15/3/2010 Queremos Galego convoca concentracións en todas as comarcas, hoxe, ás 20:00 horas
Mani Queremos Galego
A CIG-Ensino denuncia que as liñas xerais do Decreto presentadas pola Consellaría de Educación, están ideadas para afastar o noso idioma dos centros de ensino e procurar o seu descoñecemento entre a mocidade e afirma que supón un retroceso sen precedentes. Por primeira vez na historia da nosa lingua, un goberno galego “atenta abertamente contra o proceso de normalización na educación procurando un retroceso efectivo respecto da normativa en vigor. Fixa por primeira vez a obrigatoriedade de impartir  as Matemáticas e a Física e  Química e español”. Queremos Galego vén de convocar concentracións para este luns 15 de marzo, en todas as comarcas, ás 20:00 horas.
12/3/2010 Alerta da intención da consellaría de facer público o Decreto coincidindo coa ponte do 19 de marzo ou coas vacacións de Semana Santa
09-09-09 Concentración contra a circular das Escolas Oficiais de Idiomas I
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación “alardea unha vez máis do desprezo á nosa lingua”. Na Mesa Sectorial celebrada o xoves 11 de marzo, a CIG-Ensino denunciou que todo apunta a que a Consellaría de Educación está a agardar á chegada da próxima ponte do 19 de marzo, ou ao mesmo inicio das vacacións de Semana Santa, para facer público o texto do Decreto co que pretenden derrogar o actualmente en vigor. A CIG insiste novamente en que non aceptará propostas que signifiquen un retroceso na presenza da nosa lingua no ensino e seguirá reclamando o mantemento do Decreto actual.
10/3/2010 Estudará respostas xudiciais contra a resolución da Mesa do Parlamento
10-03-10 Queremos Galego
A comisión xestora de Queremos Galego vén de anunciar as medidas legais e sociais a adoptar logo de a Mesa do Parlamento ter rexeitado por maioría a admisión a trámite da Iniciativa Lexislativa Popular impulsada nos últimos meses desde a plataforma. Con esta proposición de lei por iniciativa popular pretendíase garantir plenamente a posibilidade de uso do galego das e dos cidadáns perante a administración galega, desenvolvendo o estabelecido na Lei de Normalización Lingüística e na Carta europea de linguas minorizadas.