Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Para a segunda metade de 2012 o ritmo da economía mundial mostraba dúas velocidades: dunha banda, Estados Unidos e Europa con crecemento económic...
Así se venderon as preferentes de Caixa Galicia
22/05/2013Clodomiro Montero M.
No ano 2007 o Director Comercial de Caixa Galicia a nivel galego deu instrucións moi claras e precisas aos Directores das Oficinas para que se util...
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
As modificacións na división internacional do traballo poñen de manifesto a presión nas cadeas de produción; a externalización de custos permi...
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
A intensificação da crise, seja por meio do aumento dramático do desemprego em países como a Grécia e a Espanha ou por meio da degradação reg...
Morre Videla, o último bandido da oligarquia argentina
20/05/2013Óscar Guisoni
Na madrugada de 17 de maio morreu como havia nascido, entre armas, na solidão e no ostracismo, tal como devia morrer: na prisão, condenado por seu...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Economía Economía
19/4/2013 O colectivo reclámalles ás entidades financeiras un interlocutor estábel co que poder negociar as execucións hipotecarias na comarca
A CIG participou esta mañá no escracho convocado pola Plataforma de Afectadas/os polas Hipotecas (PAH) de Vigo diante das centrais do Banco Santander e do BBVA, entidades que se negan a designar un interlocutor para negociar as execucións hipotecarias da comarca.
5/3/2013 O gasto foi de 150.000 € para cada un destes medios: Editorial Compostela, La Voz de Galicia, El progeso de Lugo, Faro de Vigo e La Región
A Consellaría de Economía e Industria publica no DOG do 27 de febreiro os convenios subscritos no último cuatrimestre do 2012 no que aparecen outros 300.000 € para diferentes grupos editoriais de prensa galega. Esta asignación únese aos 450.000 € do resto deste tipo de convenios que subscribiu esta consellaría durante o ano 2012 (DOG de 2 de novembro). O sector da Autonómica da CIG-Administración denuncia a falsa austeridade do goberno do PP, que mantén as partidas destes convenios coas mesmas contías que ne 2011.
27/2/2013 Dos 160.000 postos de traballo que se destruíron desde o ano 2008, o 87,5% estaban ocupados por menores de 34 anos
O Gabinete Técnico de Economía vén de presentar a análise da evolución do mercado laboral en Galiza no ano 2012. Os datos son demoledores: unhas 116 persoas perderon diariamente o posto de traballo; a poboación activa entre os 16 e os 34 anos descendeu en 16.000 persoas; desde que se iniciou a crise, o 66% de todos os postos de traballo destruídos é do sector industrial e da construción, aínda que no último ano, o sector servizos viuse afectado con especial virulencia; 44.500 asalariados perderon o posto de traballo; descendeu fortemente o número de ocupados/as con xornada a tempo completo, e medran os de xornada a tempo parcial. Malia este panorama, a partida que máis descende –nun 40%- nos orzamentos de 2013 é a de promoción de emprego.
6/2/2013 A central sindical denuncia que levan ao empobrecemento da maioría social e abocan á exclusión a un gran número de familias
A CIG ten convocadas para mañá, xoves 7 de febreiro, Asembleas de Delegados/as, e posteriores mobilizacións en todas as comarcas, en rexeitamento aos Orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2013. Uns orzamentos que unha vez máis, e amparados na política da austeridade posta en marcha polo PP, levan á maioría social a unha situación de miseria e a un gran número de famílias á exclusión social.
28/1/2013 Man de obra barata para favorecer o beneficio da empresa privada
A CIG denuncia, logo de analizar os orzamentos da Xunta para 2013, que o Partido Popular non ten como obxectivo saír da crise, senón dar os pasos necesarios para modificar substancialmente -á baixa- as condicións laborais da maioría da clase traballadora, privatizar servizos até o de agora impartidos polo sector público, como educación e sanidade, e acabar co modelo de caixas de aforro, entre outros. Achegamos o documento elaborado polo Gabinete Técnico da central sindical que foi aprobado este luns pola Executiva Confederal.
2/1/2013 O Goberno español do PP desenvolve a reforma das pensións tramitada polo PSOE en 2011 co apoio de CCOO e UGT
O Goberno español do PP aproveitou o último Consello de Ministros do ano 2011, celebrado o pasado 28 de decembro, para aprobar o desenvolvemento da reforma das pensións tramitada polo PSOE que eleva a idade de xubilación até os 67 anos. A nova normativa establece un período de transición no que se incrementará de xeito progresivo até 2027 e fixa o cómputo para o acceso ao cobro da prestación en 25 anos.
30/11/2012 Alerta das consecuencias que terá en Galiza, onde as pensións son as máis baixas do Estado e onde son os únicos ingresos que entran en moitos fogares
A decisión do goberno de non revalorizar as pensións conforme o IPC, anunciada este venres tras do Consello de Ministros, confirma as sospeitas da CIG de que non había intención algunha de facelo. Suso Seixo, secretario xeral, denuncia que “aínda que dicían que cumprirían a lei ao respecto, o PP utilizou este tema con fins puramente electorais, adiando facer pública a súa decisión até a celebración dos comicios en Galiza, Euskadi e Catalunya”. Seixo acusa ao PP de xogar coas “necesidades e os sentimentos” da xente, dunha forma “cruel” para protexer os intereses do PP.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com