Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Praça Tahrir, Parque Gezi: próxima estação Avenida Paulista?
19/06/2013Francisco Carlos Teixeira
O PT se forjou nas ruas, nas universidades e nas fábricas: são as ruas que devem corrigir o curso de um projeto concreto, popular, includente e se...
A coacción alemá
18/06/2013Ignacio Ramonet
A escala planetaria, as demais grandes economías, Estados Unidos e Xapón, volveron ao crecemento mentres a UE segue sumida na recesión. Por iso ...
Por que se fan os recortes?
18/06/2013Vicenç Navarro
O goberno Rajoy recortou 6.000 millóns de euros en sanidade, cando podería conseguir máis diñeiro anulando a baixada do imposto ás grandes empr...
Pensións: Rebaixa inxusta e inxustificada
17/06/2013Antonio Antón
O Goberno do PP prepara unha reforma profunda e regresiva do sistema público de pensións. O efecto das medidas fundamentais propostas no Informe d...
O significado mais profundo da espionagem em massa nos EUA
17/06/2013James Petras
A revelação de que o regime utiliza a Agência de Segurança Nacional (NSA na sigla em inglês) para espionar secretamente as comunicações de ce...
Migración de «perroflautas»
13/06/2013Xurxo Martiz Crespo
Eleccións sindicais Eleccións sindicais
2/12/2010 A CIG denuncia a ineficacia da consellaría para dar resposta á situación creada pola metereoloxía adversa
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación actuou con total ineficacia á hora de artellar unha resposta ao anuncio de climatoloxía adversa para este xoves día 2, prexudicando o profesorado e o proceso electoral no que 32.384 profesores ían escoller os seus 146 delegados/as de persoal nas eleccións sindicais no Ensino non universitario.
1/12/2010 A CIG-Ensino é na actualidade o sindicato maioritario, con 53 delegados/as de 136 e cunha representación do 40%
Este xoves levaranse a cabo as eleccións sindicais no ensino publico non universitario. Para este fin, están constituídas 1079 mesas (130 en Lugo, 446 en Pontevedra, 335 na Coruña e 158 en Ourense) nas que  o profesorado poderá exercer o seu dereito ao voto. O horario estabelecido para as  votacións é  de 11:00 a 14: 30 e de 16:30 a 18:30 horas.
30/11/2010 A federación de Químicas e Enerxía conseguiu máis do 53% dos votos, o que supón 37 dos 69 delegados/as que se escolleron
A CIG logrou un resultado histórico nas eleccións sindicais celebradas nos distintos centros de traballo de Gas Natural Fenosa en todo o país. A federación de Químicas e Enerxía contou co apoio maioritario dos traballadores/as e sumou o 53,62% dos votos, o que se traduce en 37 delegados/as do total de 69 que se escolleron. A central nacionalista sitúase deste xeito como a segunda forza sindical a nivel do Estado español a pesar de presentarse só en Galiza.
29/10/2010 A central acadou os cinco delegados/as que se ían elixir
A CIG vén de gañar as eleccións sindicais celebradas na empresa Saica Pack, antiga CeltiBox, celebradas o 28 de outubro, no centro de traballo situado no Polígono industrial de Cerceda. A central nacionalista foi a única organización sindical capaz de presentar candidatura neste proceso, conseguindo os cinco delegados e un total de 53 votos a favor da lista.
27/10/2010 Baixo o lema “Compromiso coa defensa do ensino público galego”
A CIG-Ensino vén de presentar as candidaturas coas que concorrerá ás eleccións sindicais no ensino público non universitario, que terán lugar o vindeiro día 2 de decembro. Unhas eleccións ás que se presenta baixo o lema “Compromiso coa defensa do ensino público galego” e nas que agarda incrementar tanto o número de votos como de delegados/as que obtivo nas celebradas hai 4 anos, consolidando así a súa posición como organización sindical maioritaria, para o que parte cunha representación, na actualidade, do 40% en Galiza.
13/10/2010 A Federación do Metal de Ferrol agradece a confianza amosada polos traballadores/as no modelo sindical defendido por esta central
A CIG-Metal continúa recollendo bos resultados e nas últimas semanas gañou as eleccións sindicais celebradas nas empresas Thyssenkrupp Elevadores, S.L., no centro de traballo de Ferrol, e en Artnacero, situada no Polígono industrial de Vilar do Colo. Dende a CIG-Metal quixeron agradecer a confianza amosada polos traballadores e traballadoras destas empresas na central sindical e modelo sindical da CIG.
14/9/2010 Coa CIG defende os teus dereitos
A Confederación Intersindical Galega atópase inmersa nestes momentos nos procesos electorais mediante os que se escollerán arredor de 20.000 delegados e delegadas nos centros de traballo de todo o país. A central aspira, como organización nacionalista e de clase, a renovar o apoio masivo entre os traballadoras e traballadores galegos e asume estas eleccións sindicais co esforzo que esixe o actual contexto de crise económica. Unha situación que se agrava coas medidas que está a adoptar o Goberno español, comezando por unha nova reforma laboral que ataca directamente os dereitos da maioría social. Proximamente poremos á vosa disposición os resultados das eleccións sindicais nas que participa a CIG, así como todo o material que vaiamos editando.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com