12/9/2011
Reclaman que se cumpra a Lei de Memoria Histórica coa eliminación do derradeiro símbolo franquista da cidade
A presidenta da Federación Veciñal
Euardo Chao de Vigo, María Pérez, compareceu hoxe en rolda de
prensa xunto a representantes doutros colectivos, entre os que se
atopa a CIG, para anunciar a convocatoria dunha concentración ao pé
da Cruzdo Castro para esixir a retirada do derradeiro símbolo
franquista da cidade. O acto terá lugar ao pé do monumento fascista
este mércores día 14 a partir das 20.00 horas.
26/7/2011
Centos de veciños/as asisten á proxección dun documental sobre a represión fascista e á festa popular posterior
A
Unión Local da CIG de Verín organizou este venres 21 de xullo un
acto ao aire libre en homenaxe ás vítimas do franquismo nas
comarcas de Monterrei e Conso Frieiras. A cita foi na Praza da
Mercede a partir das 21.30 horas e contou coa participación de numerosos veciños e veciñas, que asistiron á proxección dun documental sobre a represión fascista na zona e á festa popular posterior.
14/7/2011
O acto inclúe a proxección dun documental sobre a represión fascista na zona e unha festa
A
Unión Local da CIG de Verín organiza este venres 21 de xullo un
acto ao aire libre en homenaxe ás vítimas do franquismo nas
comarcas de Monterrei e Conso Frieiras. A cita é na Praza da
Mercede a partir das 21.30 horas.
29/4/2011
"Ferrol naval e obreiro" e "Noia e comarca" , primeiras publicacións
A Fundación para o Estudo e
Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza (FESGA) vén
de publicar na súa páxina web as dúas primeiras entregas da serie
"Coñece Galiza", baseada en percorridos
histórico-turísticos pola nosa xeografía. Os vídeos documentais,
de 15 minutos de duración, veñen acompañados por un caderno
despregábel. Estes materiais pretenden vincular o desenvolvemento
urbano a procesos históricos, económicos e sociais.
4/2/2011
O venres 4 de febreiro inaugúrase a exposición fotográfica “O meu pai o exiliado”, dedicada ao “comandante Soutomaior”
O Departamento de Migración da Confederación Intersindical Galega en colaboración coa Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados inaugura este venres 4 de febreiro ás 19:00 horas na casa natal de Curros Enríquez en Celanova, Casa dos Poetas, a exposición fotográfica O meu pai o exiliado dedicada a un dos tres comandantes do DRIL que asaltaron o Santa Maria, José Fernández Vázquez, “comandante Soutomaior”.
4/1/2011
A fundación da estudos da CIG vén de crear unha sección de Arquivo Histórico na súa web
A
Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión
Social e Sindical en Galiza (FESGA), entidade dependente da CIG, ven
de editar un novo caderno enmarcado na súa liña de publicacións
destinadas á divulgación da historia do país. Esta nova
publicación céntrase nunha etapa lamentabelmente descoñecida -e
invisibilizada polas clases dominantes- malia a súa tremenda
importancia histórica como foi o Reino Suevo da Gallaecia.
30/11/2010
A Unión Local presentou o libro que resume os seus 25 anos de vida
A
Unión Local da CIG de Valdeorras ten á venda unha serie de artigos
para axudar a sufragar os gastos da celebración dos seus
25 anos. O lote está formado por un libro, un paraugas, un chapeu
para a choiva e unha gorra, todos co anagrama conmemorativo.