10/2/2012
A CIG de Ferrol desenvolve un programa de actos nos concellos da comarca para evidenciar que fronte a crise, hai alternativas
A Unión Comarcal da CIG de Ferrol organizou na tarde do xoves un acto reivindicativo no Concello de Cedeira, dentro do programa acordado con motivo da campaña “Outro modelo económico e social é posíbel. Contra a crise, hai alternativa”, que incluíu unha concentración na Praza de Galiza de Cedeira na que se esixiu un cambio de rumbo nas políticas de recortes e ataques á clase traballadora aplicadas polos gobernos até o momento.
10/2/2012
O xoves realizarán unha nova concentración nos centros de traballo e máis adiante outra fronte ao Marco
Máis
de 400 empregados/as da delegación da Xunta de Galiza en Vigo
realizaron este mediodía unha concentración de protesta diante do
edificio autonómico para amosar o seu rexeitamento aos recortes
laborais propostos polo Goberno galego. O vindeiro xoves levarán a
cabo concentracións fronte aos centros de traballo e máis adiante
convocarán outro fronte ao Marco.
10/2/2012
A decisión adoptada polo consello do principal acredor contempla a quita do 80% da débeda
O
consello da sociedade Pequeños y Medianos Astilleros en Reconversión
(Pymar) decidiu por ampla maioría adherirse ao convenio de Vulcano,
o que abre unha porta á supervivencia do estaleiro vigués, que
evita deste xeito ter que ir á liquidación da empresa. O acordo
contempla a quita do 80% da débeda do estaleiro con sede no barrio de Teis.
10/2/2012
A CIG convoca unha asemblea de traballadoras e traballadores, este sábado ás 11:30 horas en Compostela
O Xerente do Consorcio Galego de Servizos de
Igualdade e Benestar, nunha reunión coas delegadas e delegados, anunciou a
integración do organismo na Axencia Galega de Servizos Sociais. O proceso de
integración faríase en dúas fases: primeiro os Servizos Centrais e as Escolas
Infantís (Galiñas Azuis) e, despois a Área de Benestar. A CIG denuncia que todo
isto está previsto que se faga sen garantir, en ningún momento, os postos de
traballo do persoal do ente, unha vez finalizado o proceso de integración.
10/2/2012
A Sección Sindical da CIG denuncia esta “escandalosa e arbitraria distribución” e demanda que estes cartos se destinen a contratar persoal para reforzar servizos
A Sección Sindical da CIG na Axencia Tributaria rexeitou a distribución do complemento de produtividade na AEAT, xa que se basea en criterios arbitrarios e inxustos que favorecen aos altos cargos. Por iso, demandan un cambio no criterio de reparto que permita que as cantidades deste complemento variábel se inclúan nas retribucións fixas. Ademais, sinalan os delegados/as da CIG, coas cantidades destes pluses poderíanse contratar máis traballadores/as para reforzar un servizo tan escaso de persoal como o da Vixilancia Aduaneira.
9/2/2012
O comité de empresa desprazouse até Madrid, cidade na que este venres se vai tomar a decisión
Os
traballadores do estaleiro vigués Vulcano iniciaron este mediodía
un peche no interior das instalacións que manterán até que se
coñeza se a sociedade Pequeños y Medianos Astilleros en
Reconversión (Pymar) acepta a quita do 80% das débedas do
estaleiro. O encerro manterase mentres o comité de empresa non
regrese de Madrid coa resolución do consello de Pymar. Os afectados tamén percorreron a rúa Sanjurjo Badía en manifestación.
9/2/2012
Novagalicia Banco presenta o seu plan de medidas tras do que se agocha o novo ERE, seguindo mesmo os trámites necesarios para efectivizalo
A dirección de Novagalicia Banco
achegou, na xuntanza do 7 de febreiro, o “Plan de
medidas de acompañamento social”. A primeira parte denominada “Memoria de
Causas Económicas, organizativas e produtivas”; a segunda “Medidas extintivas
de contratos de carácter inmediato” e a terceira “Medidas de aforro de custos e
xestión gradual do excedente dirixidas a reducir ou paliar os efectos da
extinción de contratos”. A documentación forma parte, segundo a
CIG-Banca, da que legalmente deben presentar as empresas en caso de ERE, aínda
que incompleta. Por iso, xa convocou una protesta no Parlamento de Galiza o día 15.