Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Apontamento a respeito da nova Lei (anteprojeto de lei) Galega da Função Pública, denominada Lei do Emprego Público de Galicia
20/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos e en...
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Por riba de todo, se existen persoas en paro, é porque non se crea o suficiente número de postos de traballo para cubrir unha determinada demanda ...
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
A decisión do Tribunal Supremo portugués de declarar inconstitucional o recorte de salarios aos funcionarios volveu pór na palestra o debate entr...
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Os ataques contra a Síria são mais um elemento de uma campanha permanente de provocação de Israel contra os seus vizinhos. São. Mas são mais q...
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
Europa: O caminho mais perigoso
07/05/2013Flávio Aguiar
Laboral Laboral
16/5/2013 A FGAMT-CIG de Lugo denuncia as manobras da empresa para se desfacer do persoal con máis antigüidade
A CIG de Lugo realizou este xoves unha concentración solidaria cos sete traballadores/as despedidos da Panadería Bollería Majufer, aos que a empresa aínda non abonou as contías correspondentes á liquidación e a indemnización, “obrigando así ao persoal a recorrer a vía xudicial para conseguir o pagamento dos seus salarios”.
16/5/2013 A empresa comunicou ao afectado que xa non tiña traballo para el once días despois de que presentara papeleta de conciliación
Os xulgados da Coruña acolleron o mércores o xuízo contra a multinacional ThyssenKrupp Elevadores por despedir a un traballador ao que tiña como falso autónomo, logo de este que denunciara á compañía para se recoñecera a súa relación laboral como asalariado.
16/5/2013 Publica un video “retrógrado” no seu web para vender a necesidade dos recortes coincidindo coa publicación no DOG da nova Relación de Postos de Traballo
Coindindo coa campaña propagandística da Xunta de Galiza, que aproveitou o Día da Familia, 15 de maio,  para xustificar os recortes cun video propagandístico no que unha familia tradicional (o modelo de familia galega do Partido Popular) non gasta máis do que ten, publicábase no DOG a RPT pola que a consellaría de Traballo e Benestar despide a 59 traballadoras e traballadores da administración pública. “59 familias que se van á cola do paro”, denuncia o sector da Autonómica da CIG-Administración.
15/5/2013 A decisión da compañía de enerxía de eliminar Unión Fenosa Comercial imposibilitará a atención ao cliente en galego
Ante a decisión de Gas Natural Fenosa de eliminar a comercializadora Unión Fenosa Comercial, provocando que o servizo de atención ao cliente que se viña prestando na empresa Teleperformance da Coruña sexa eliminado dende o vindeiro 1 de Xuño de 2013, cos conseguintes despedimentos, dende a Sección Sindical da CIG fixeron as seguintes aclaracións:
15/5/2013 Valorarán unha inminente convocatoria de folga nos quirófanos
O persoal do CHUS segue a reclamar a aplicación dos criterios de igualdade, mérito e capacidade para o acceso ás prazas e que estas non sexan designadas “a dedo”, de forma arbitraria, por parte da xerencia ou dirección de enfermería. Por iso volveu a concentrarse esta mañá diante do edificio do Sergas e anuncia que valorará unha inminente convocatoria de folga nos quirófanos a fin de seguir coas mobilizacións.
15/5/2013 Os traballadores/as, que o martes se reuniron co Xesgalicia e acudiron de novo ao Parlamento, porán en escena esta noite unha procesión polas rúas de Lugo
O martes, os/as traballadores/as de Alimentos Lácteos volvían unha vez máis a Santiago de Compostela para tentar arrincar unha resposta favorábel por parte do Goberno galego para o proxecto de negocio, primeiro na reunión co responsábel de XesGalicia e despois no propio Parlamento. Porén, malia a proximidade da entrada no concurso de acredores, do cumprimento cos requisitos marcados pola administración e das distintas iniciativas presentadas no Pazo do Hórreo, o persoal regresaba a Outeiro de Rei coas mesma incerteza e “sen que existan perspectivas, datas significativas ou pasos definitivos a concretar nesta semana ou na que vén”.
15/5/2013 Os salarios do persoal rebaixáronse nun 14%, os de dirección só no 1% e os da alta dirección medraron o 11,8%
Este martes celebrouse a segunda das reunións do período de consultas aberto pola dirección de La Voz de Galicia coa intención de inaplicar parte do convenio en vigor. O Comité sinala que a empresa “non mostrou vontade críbel de modificar a súa plataforma inicial”: a Proposta do 66 % e que tampouco pechou a porta aos despedimentos baseados na disposición adicional primeira do convenio que se discute na AGA. O comité solicita a retirada da proposta porque entende que o informe foi elaborado ‘ad hoc’ para xustificala.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com