Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
As modificacións na división internacional do traballo poñen de manifesto a presión nas cadeas de produción; a externalización de custos permi...
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
A intensificação da crise, seja por meio do aumento dramático do desemprego em países como a Grécia e a Espanha ou por meio da degradação reg...
Morre Videla, o último bandido da oligarquia argentina
20/05/2013Óscar Guisoni
Na madrugada de 17 de maio morreu como havia nascido, entre armas, na solidão e no ostracismo, tal como devia morrer: na prisão, condenado por seu...
Apontamento a respeito da nova Lei (anteprojeto de lei) Galega da Função Pública, denominada Lei do Emprego Público de Galicia
20/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos e en...
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
Muller Muller
15/5/2013 Insta a que se revisen os convenios coas entidades antiabortistas comprobando se con eses cartos están financiando a campaña propagandística para que se reforme a actual lei
A CIG participou na concentración convocada en defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos da muller ás portas do Parlamento con motivo da presentación dunha Proposición non de Lei rexistrada polo BNG sobre a Contrarreforma da Lei do Aborto. Un debate parlamentar no que o Partido Popular se pronunciou abertamente a favor do Anteproxecto de lei de Modificación da Lei do Aborto impulsado por Gallardón, cos mesmos argumentos que os exhibidos polo movemento Hazte Oír, Derecho a vivir, iniciativas como Borra el aborto e organizacións financiadas con cartos públicos da Xunta de Galiza como é o caso de Red Madre.
14/5/2013 Ás 12:45, coincidindo co debate da Proposición non de Lei rexistrada polo BNG sobre a contrarreforma da Lei do aborto
A CIG participará ás portas do Parlamento nunha concentración convocada en defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos da muller coincidindo coa presentación dunha Proposición non de Lei rexistrada polo Bloque Nacionalista Galego sobre a Contrarreforma da Lei do Aborto.
9/5/2013 Tamén incide na necesidade de incrementar a participación das mulleres nas mesas de negociación e nas estruturas da central
A Secretaría da Muller da CIG incide na necesidade de afondar na formación con perspectiva de xénero para delegados e delegadas sindicais, ademais de aumentar a presenza das mulleres nas mesas de negociación e nas estruturas da central. Trátase das principais conclusións tiradas nun recente encontro celebrado en Vigo para analizar de que xeito específico está a afectar a crise económica ás mulleres.
30/4/2013 As axudas están dirixidas a mulleres con fillos/as e/ou menores en acollida ao seu cargo de idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos
A Secretaría da Muller da CIG informa da apertura do prazo para apuntarse ás estadías de tempo libre para as mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas. O prazo para presentar as solicitudes remata o vindeiro 30 de maio.
26/4/2013 Poderanse presentar as solicitudes até o día 27 de maio
A Secretaría da Muller da CIG vén de informar da publicación no DOG do 26 de abril da Orde pola que se regulan as axudas económicas para atención da primeira infancia nas escolas infantís (0-3) non sostidas con fondos públicos, a través do programa cheque infantil.
17/4/2013 A Secretaría da Muller acusa ao PP de pretender volver poñer a muller no papel de "tutelada", sen capacidade de decidir sobre a súa vida
Ante as novas publicadas sobre a reforma da Lei do Aborto que prepara o Ministro de Xustiza, Alberto Ruíz-Gallardón, a Secretaría da Muller da CIG posiciónase, unha vez máis, contra do que considera un claro retroceso no recoñecemento dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, un recorte sen precedentes na liberdade e autodeterminación en relación á sexualidade das mulleres e sobre a libre decisión da maternidade.
5/4/2013 Denuncia que estas políticas “pronatalistas” van acompañadas de iniciativas ultraconservadoras, que supoñen un retroceso de dereitos para as mulleres
A Secretaría da Muller da CIG considera irresponsábel a inclusión do debate e tramitación do “Plan de Dinamización Demográfica de Galiza 2013-2016, horizonte 2020” pola vía de urxencia, após de máis de dous anos de debate en comisións de traballo, tendo en conta a importancia do impacto dun plan destas características e o grave problema de despoboamento que atravesa o noso pais.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com