Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
América Latina: débeda e protesta social
21/08/2014Luis Britto García
As organizacións que suceden os neoliberalismos fracasados son socialistas, en vías cara ao socialismo ou afíns con el. De Marx toman a loita de ...
Grecia: Da crise da débeda soberana á predeterminación do sistema político
21/08/2014Leonidas Vatikiotis
A esquerda europea debería aprender da esquerda latinoamericana, que rexeitou calquera tipo de integración económica con Estados Unidos en forma ...
A anulação da dívida alemã em 1953
19/08/2014Éric Toussaint
A injustiça com que o povo grego é tratado (assim como outros povos cujas autoridades seguem as recomendações da troika) deve despertar a consci...
O caso da dívida argentina
18/08/2014Prabhat Patnaik
que esta sentença faz é tornar impossível no futuro qualquer reestruturação de dívida. Mesmo que a esmagadora maioria dos credores esteja des...
Império na ofensiva
18/08/2014Igor Fuser
Na América Latina, o imperialismo se encontra em plena ofensiva para destruir o campo político progressista que tem como expressões mais importan...
Ainda o poder do financismo
14/08/2014Paulo Kliass
O mito das clases medias
13/08/2014Vicenç Navarro
O poder e a finança internacional
12/08/2014José Luís Fiori
Muller Muller
11/7/2013 O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade decidiu retirar o financiamento público aos anticonceptivos de ‘terceira xeración’ a partir do 1 de agosto
O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade comunicou este mércores a súa decisión de retirar do financiamento público, a partires do 1 de agosto, preto de 15 presentacións de anticonceptivos orais chamadas de "terceira xeración". Estas pílulas son as máis modernas do mercado en canto a súa composición, e ademais, as máis usadas polas mulleres. O Ministerio xustifica a medida por motivos de sostenibilidade e optimización de recursos, sen ter en conta que serán as propias mulleres as que terán que pagalo, ao ser retiradas da carteira pública de medicamentos.
2/7/2013 As persoas solicitantes deberán terse acollido á redución da xornada laboral de traballo para o coidado dun/unha fillo/a menor de tres anos, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2012
A Secretaría de Muller da CIG informa que acaba de saír publicada no DOG a resolución de axudas dirixidas aos homes e familias monoparentais, en que a persoa solicitante, home ou muller, sexatraballador/a por conta allea, e que durante o pasado ano se acolleron a unha redución da súa xornada laboral para o coidado de fillos ou fillas menores de 3 anos.
27/6/2013 A Asociación realizou unha intervención lúdico-reivindicativa na rúa diante da Delegación do Goberno
A CIG apoiou a acción lúdico-reivindicativa levada a cabo pola Asociación de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero Ve-la Luz este xoves, en resposta ao estudo realizado pola Organización Mundial da Saúde sobre a incidencia de violencia contra as mulleres. Un estudo que conclúe que unha de cada tres mulleres no mundo sufriu violencia machista ben pola súa parella ou de tipo sexual, por parte de alguén que non é o seu compañeiro. Para a OMS a violencia machista é un problema de saúde global que acada proporcións epidémicas.
17/6/2013 Contra a pretensión do PP de modificar a lexislación para satisfacer as demandas da conferencia episcopal
As rúas de Compostela enchéronse, na tarde deste domingo día 16 de xuño, para proclamar o dereito das mulleres a decidiren sobre o seu corpo e exixir ao goberno do PP que cumpra coa súa responsabilidade de garantir o aborto legal, seguro e accesíbel. A manifestación partiu pasadas as cinco da tarde da estación de trens e tras percorrer a zona nova dirixiuse á catedral onde se dividiu en dous longos brazos que rodearon o edificio relixioso para rematar cun acto festivo reivindicativo na praza de Praterías.
14/6/2013 A Plataforma Galega, da que forma parte a central nacionalista, estivo desenvolvendo actos por todas as comarcas ao longo desta semana
A CIG fai un chamamento a participar na manifestación nacional que este domingo, 16 de xuño, vai ter lugar en Santiago de Compostela en defensa do dereito a un aborto legal, seguro e accesíbel. A marcha, convocada pola Plataforma Galega en defensa do dereito ao aborto, sairá ás 17:00 horas dende a Estación de Tren e rematará na Praza de Praterías. Ademais, o colectivo realizou ao longo desta última quincena numerosos actos reivindicativos e informativos por todas as comarcas, e unha representación do colectivo asistiu tamén ao debate parlamentar da ILP promovida pola Plataforma.
7/6/2013 Desenvolveranse accións en todas as comarcas, previas á manifestación nacional do domingo 16 de xuño
Con motivo da Manifestación nacional do día 16 de xuño, que sairá ás 17 horas dende a estación de tren de Compostela, a Plataforma Galega en Defensa do Aborto está a organizar un intenso calendario de mobilizacións en todas as comarcas, nos que a CIG participa activamente. Dende a Secretaría da Muller da central nacionalista anímase a participar nos diferentes actos en defensa dun dereito fundamental das mulleres, como é o de decidir sobre os seus corpos, a súa sexualidade, e a súa maternidade.
28/5/2013 28 de maio: Día de Acción Mundial pola Saúde da Muller, Dereitos Sexuais e Dereitos Reprodutivos
Ante a conmemoración o 28 de maio do Día de Acción Mundial pola Saúde da Muller, Dereitos Sexuais e Dereitos Reprodutivos, a Secretaría da Muller da CIG reclama o dereito a decidir das mulleres por seren dereitos humanos pendentes aínda da súa construción.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com