2/5/2013
A multinacional quere impor 240 horas de flexibilidade, control sobre o goce das vacacións e unha rebaixa do 3% do plus de quendas
O Comité de empresa de Vestas-Chavín vén de amosar o seu rexeitamento ás pretensións da empresa de impor, durante a negociación do novo convenio, unha maior flexibilidade da xornada laboral e unha rebaixa das percepcións, baixo a escusa de buscar máis competitividade. Neste senso, a representación social lembran que, dende o mes de outubro de 2012, na planta de Viveiro se incrementou case nun 20% máis o número de máquinas que saen e iso a pesar de contar con menos traballadores/as.
24/4/2013
A primeira das mobilizacións -que terán continuidade nos vindeiros días- desenvolveuse na compañía viguesa ISS
A CIG-Servizos iniciou hoxe en Vigo unha serie de mobilizacións para reclamar o desbloqueo do convenio provincial de limpeza, que decaerá no mes de xullo no caso de que antes non se chegue a un acordo que permita a súa renovación. A primeira das protestas consistiu na ocupación temporal e nunha posterior concentración ás portas da compañía ISS.
12/4/2013
As organizacións sindicais agardan que a reunión da Comisión Paritaria permita avanzar no desbloqueo da negociación
Este venres conclúe o peche de tres días convocado polas organizacións sindicais CCOO, UGT e CIG nos diferentes portos dependentes do estado e as autoridades portuarias para esixir o desbloqueo da negociación do novo convenio colectivo e que se respecten os acordos asinados entre a parte social e o organismo estatal hai case un ano.
10/4/2013
Esixen o desbloqueo da mesa de negociación e a aplicación dos acordos asinados
Traballadores e traballadoras dos portos de titularidade estatal e as autoridades portuarias iniciaron este mércores peches de tres días nos distintos centros de traballo en defensa do convenio colectivo e para esixir a aplicación dos acordos de modificación do II convenio, asinados en xuño do ano pasado entre as organizacións sindicais e o organismo estatal.
8/4/2013
O pasado xoves realizaron un paro de dúas horas e varios cortes de tráfico nos accesos ás instalacións
Os traballadores e traballadoras dos portos de titularidade estatal e as Autoridades Portuarias continuaron o pasado xoves en Vigo co calendario de paros e mobilizacións para esixir que o Ministerio de Facenda dea o visto bo aos acordos asinados entre as organizacións sindicais e o organismo estatal o pasado mes de xuño, de modificación do II convenio colectivo, así como o desbloqueo da mesa negociación para o III convenio.
26/3/2013
Dende a CIG-Servizos sosteñen que o éxito da primeira xornada de folga foi fundamental para desbloquear as negociacións coa patronal
Os
traballadores/as do comercio de alimentación da provincia de
Pontevedra ratificaron onte un acordo de convenio coa patronal do
sector que non limita a ultractividade -polo que manterá
a súa aplicación independentemente da vixencia pactada até que
sexa substituído por outro do mesmo ámbito- ademais de conservar os
dereitos laborais do cadro de persoal. Os sindicatos lograron tamén
que a patronal desistise da súa intención de aplicar a reforma
laboral do PP e consideran que a presión exercida polas
mobilizacións foi determinante para desbloquear as negociacións.
25/3/2013
As negociacións atópanse enquistadas pola negativa da patronal a ceder no referente á antigüidade e ao salario
A folga convocada no comercio de alimentación da provincia de Pontevedra para reclamar un convenio que garanta os dereitos laborais está a ter un amplo seguimento por parte dos traballadores/as. Centos de piquetes informativos percorreron dende primeira hora da mañá as rúas de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía para constatar que a maior parte dos establecementos non abriu as súas portas. As negociacións entre patronal e sindicatos na Inspección de Traballo continuaron nesta primeira xornada de paro.