15/5/2012
O secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG recibiu o apoio e a solidariedade dos seus compañeiros/as ás portas dos xulgados de Vigo
A Fiscalía decidiu manter a petición de prisión para o secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral da CIG ao remate do xuízo celebrado este martes en Vigo a pesar de que non quedou acreditada a autoría dos feitos polos que se lle acusa, xunto a outras dúas persoas, de desordes públicos e danos durante a ocupación da estación marítima na folga do metal de 2009. Antolín Alcántara recibiu o apoio e a solidariedade dun nutrido grupo de compañeiros/as da central nacionalista, que se concentraron ás portas dos xulgados para reclamar a súa absolución.
14/5/2012
A Fiscalía solicita catro anos de prisión para el e dúas persoas máis pola ocupación da estación marítima de Vigo en 2009
A
CIG convoca unha concentración solidaria diante dos Xulgados de Vigo
mañá martes a partir das 8.30 horas coincidindo co xuízo, que fora adiado, contra un
dirixente da central e outras dúas persoas máis que participaron nas folgas convocadas durante a
negociación do convenio colectivo do metal. A Fiscalía solicita
catro anos de prisión e unha multa económica para Antolín
Alcántara, secretario confedral de Negociación Colectiva e Saúde
Laboral, acusado de ocupar a estación marítima xunto a outros
traballadores/as durante as mobilizacións do ano 2009.
17/4/2012
Centos de persoas concentráronse ás portas dos Xulgados de Vigo en solidariedade co secretario de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara
A titular do Xulgado do Penal número 2 de Vigo decidiu atender a petición da Fiscalía e da defensa e adiou o xuízo contra o secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, Antolín Alcántara, que está acusado de desordes públicos e danos durante a ocupación da estación marítima da cidade na folga do metal en 2009. Centos de persoas concentráronse ás portas do edificio xudicial para amosar a súa solidariedade co representante sindical e rexeitar a petición de catro anos de cadea.
16/4/2012
A Fiscalía solicita catro anos de prisión para Antolín Alcántara pola ocupación da estación marítima de Vigo en 2009
A
CIG convoca unha concentración solidaria diante dos Xulgados de Vigo
mañá martes a partir das 11.30 horas coincidindo co xuízo a un
dirixente da central que participou nas folgas convocadas durante a
negociación do convenio colectivo do metal. A Fiscalía solicita
catro anos de prisión e unha multa económica para Antolín
Alcántara, secretario confedral de Negociación Colectiva e Saúde
Laboral, acusado de ocupar a estación marítima xunto a outros
traballadores/as durante as mobilizacións do ano 2009.
23/3/2012
A sentenza recoñece que a empresa vulnerou os dereitos fundamentais das traballadoras da tenda de Stradivarius do C.C. Catro Camiños
O Xulgado do Social número 2 da Coruña vén de reprobar con dureza o “comportamento antisindical” practicado polo Grupo Inditex, logo de que quedase demostrado que a empresa vulnerou os dereitos fundamentais do persoal que secundou a folga do 27 de xaneiro de 2011 na tenda Stradivarius de Catro Camiños, ao contratar traballadoras/es a través dunha ETT para substituílas/os.
9/2/2012
A Fiscalía solicitaba catro anos de prisión para o compañeiro por uns feitos na piscina da Barcala
O Xulgado do Penal número 5 da Coruña absolveu Adolfo Naya, secretario de Organización da CIG-Servizos, dos cargos que pesaban contra el por mor duns feitos ocorridos en 2010 nunha piscina de Cambre, no transcurso da folga das instalacións deportivas. A central nacionalista ten denunciado publicamente en numerosas ocasións a campaña de represión da
que está a ser obxecto a través de imputacións de militantes e sancións
gobernativas.
18/1/2012
En ambos os dous casos pretendíase un castigo exemplarizante pola súa actividade en defensa da clase traballadora e ter participado nunha xornada de folga
Centos de sindicalistas e delegados/as da CIG concentráronse esta mañá nos xulgados da Coruña e Pontevedra, coincidindo coa celebración dos xuízos contra dous compañeiros da Federación de Servizos: Adolfo Naya e Marcos Cadórniga. Baixo a consigna “Defendérmonos como clase é un dereito, non un delito”, a central nacionalista pretende denunciar a represión policial e xudicial que sofren moitos e moitas militantes pola súa actividade sindical. A pesar desta situación, a CIG continuará á fronte da contestación social e da mobilización na defensa da clase obreira.