26/6/2012
Marcos Cadórniga e Carlos Alján, da federación de Servizos, foron identificados cando integraban un piquete na folga do comercio de alimentación
A fiscal decidiu manter a petición de tres anos de prisión para os dous sindicalistas da CIG acusados, xunto a un terceiro de CCOO, dun delito contra a liberdade dos traballadores/as pola súa participación na folga do comercio de alimentación en 2009 a pesar de que durante o xuízo celebrado hoxe en Pontevedra non se constatase a existencia de probas. Varios centos de persoas trasladáronlle a súa solidariedade aos acusados cunha concentración ás portas do edificio xudicial.
25/6/2012
Os acusados formaban parte dun piquete na folga do comercio de alimentación da Coruña e Pontevedra en 2009
A Confederación Intersindical Galega convoca mañá martes en Pontevedra unha concentración solidaria coincidindo co xuízo a dous compañeiros da federación de Servizos aos que lle reclaman tres anos de cadea por ter participado na folga do comercio de alimentación na Coruña e Pontevedra en 2009. Marcos Cadórniga e Carlos Aján están acusados, xunto a un sindicalista de CCOO que tamén formaba parte do piquete na xornada de paro, dun delito contra a liberdade dos traballadores/as.
25/6/2012
Están convocadas dúas xornadas de folga para os días 29 e 30 de xuño
Persoal da ITV e delegados/as da CIG concentráronse
o pasado venres ás portas das ITV en diferentes puntos do País, para
demandar a readmisión de Antonio Rosales, delegado do comité de empresa, despedido
pola concesionaria SyC. Para os días 29 e 30 de xuño, a CIG ten convocadas dúas
xornadas de folga de catro horas, que se desenvolverá entre as 8:00 e as 12:00
do mediodía.
19/6/2012
A CIG convocou tamén dúas xornadas de folga na concesionaria SyC para denunciar este novo caso de represión sindical
Centos de traballadores/as da Inspección
Técnica de Vehículos (ITV) e delegados/as da CIG participaron este mércores 20 na última das tres concentracións convocadas en todas as
estacións da provincia de Pontevedra para esixir a readmisión dun
compañeiro despedido por SyC, a empresa
concesionaria. A CIG ten convocadas tamén dúas xornadas de
folga parciais a finais de mes para denunciar este novo caso de
represión sindical xa que o afectado era delegado do comité de
empresa.
15/6/2012
A empresa SyC, concesionaria do servizo, acusouno de facer un uso excesivo de horas sindicais durante a negociación do convenio
A
CIG anunciou hoxe o inicio dunha campaña de mobilizacións contra o
despedimento dun delegado da central nacionalista no comité de
Supervisión y Control (SyC), empresa concesionaria das ITV galegas.
As protestas incluirán dúas xornadas de folga parcial e a
celebración de concentracións de apoio en todas as estacións do
país.
15/6/2012
O co-voceiro comarcal foi denunciado por Alcampo por participar nunha protesta para denunciar a represión sindical na multinacional
Delegados e delegadas da CIG concentráronse na mañá do xoves diante dos xulgados de Ferrol en apoio e solidariedade co co-voceiro comarcal Xesús López Pintos, coincidindo co xuízo de faltas seguido por falta de danos. Este compañeiro foi denunciado pola empresa Alcampo por participar nunha acción reivindicativa, convocada por todos os sindicatos, que se realizou no hipermercado o pasado 19 de abril.
14/6/2012
A sentenza absolve a Víctor García dos delitos de desordes públicos e danos durante a ocupación do edificio da Xunta en Vigo
A Confederación Intersindical Galega vén de recibir a sentenza do xuízo contra dous dirixentes da central que participaron na
folga do Metal do 2007. A xuíza absolve a Víctor García do delito
de desordes públicos e danos. No caso de Antolín Alcántara,
secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, condénao a
un ano de prisión por desordes públicos e absólveo do delito de
danos. A central nacionalista recorrerá a sentenza.