1/3/2010
Nin a empresa nin a mutua protexeron a súa saúde
O Xulgado do Social nº 1 de Ourense ven de ditar Sentenza na que recoñece a enfermidade profesional dun traballador da Fundación Valdegodos en Viana do Bolo, que ocupa o posto de celador, a quen determinados produtos que habitualmente manipula, lle producen unha forte dermatite de contacto.
28/1/2010
Esixen maior vixilancia por parte da Fiscalía e da Autoridade Laboral
A CIG de Ourense vén de realizar unha avaliación dos índices de sinistralidade laboral rexistrados durante o pasado ano na provincia que revela un descenso significativo do número de accidentes. Non obstante, advírtese, as cifras non supoñen ningún progreso nas políticas de prevención nin maiores controis sobre a seguridade e a saúde no traballo, senón que veñen dadas por mor do incremento do paro e dos expedientes de regulación de emprego.
13/1/2010
A CIG lamenta que sexa a administración pública a primeira en vulnerar a lexislación
A Inspección de Traballo vén de efectuar un requirimento á consellaría de Medio Rural en Ourense, polos incumprimentos en materia de prevención de riscos. A actuación inspectora produciuse logo dunha denuncia presentada pola CIG ante a actitude da consellaría, que ignorou as peticións e propostas da central sindical para que se cumprise a normativa.
21/12/2009
Presentáronse tres Guías relativas á prevención, boas prácticas e implantación de Servizos de prevención mancomunados
O Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG presentou o pasado venres, día 18 de decembro en Ferrol, unha xornada técnica na que se fixo a presentación pública de dúas novas publicacións elaboradas polo Gabinete. Ademais, este luns presentouse en Vigo a publicación, “Identificación de Riscos Laborais e Guía de Boas Prácticas para o Sector da transformación de Pedra Natural”.
10/12/2009
Terán lugar os días 18 e 21 de decembro, respectivamente
Ferrol e Vigo acollen sendas xornadas organizadas polo Gabinete Técnico de Saúde Laboral os días 18 e 21 de decembro baixo o título, no primeiro caso, de “Novas ferramentas preventivas: Compilación normativa e Guía de boas prácticas sobre o amianto” e, no segundo, “Identificación de Riscos Laborais e Guía de Boas Prácticas no sector de transformación da pedra natural”.
Para ampliar información e realizar a inscrición previa pódese
contactar con: saudelaboral@galizacig.net ou co teléfono 981 359 449.
10/11/2009
O Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG vén de presentar denuncia ante a Inspección de Traballo
O Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG vén de presentar denuncia diante da Inspección de Traballo contra a Xefatura Territorial en Ourense da Consellaría do Medio Rural por non ter realizada a avaliación de riscos dos postos de traballo adscritos a cinco distritos forestais e ambientais, no referido ás funcións e cometidos profesionais que realizan fóra das oficinas, e nos que se ocupa a uns 160 traballadores/as.