10/2/2012
A CIG de Ferrol desenvolve un programa de actos nos concellos da comarca para evidenciar que fronte a crise, hai alternativas
A Unión Comarcal da CIG de Ferrol organizou na tarde do xoves un acto reivindicativo no Concello de Cedeira, dentro do programa acordado con motivo da campaña “Outro modelo económico e social é posíbel. Contra a crise, hai alternativa”, que incluíu unha concentración na Praza de Galiza de Cedeira na que se esixiu un cambio de rumbo nas políticas de recortes e ataques á clase traballadora aplicadas polos gobernos até o momento.
10/2/2012
O xoves realizarán unha nova concentración nos centros de traballo e máis adiante outra fronte ao Marco
Máis
de 400 empregados/as da delegación da Xunta de Galiza en Vigo
realizaron este mediodía unha concentración de protesta diante do
edificio autonómico para amosar o seu rexeitamento aos recortes
laborais propostos polo Goberno galego. O vindeiro xoves levarán a
cabo concentracións fronte aos centros de traballo e máis adiante
convocarán outro fronte ao Marco.
10/2/2012
A decisión adoptada polo consello do principal acredor contempla a quita do 80% da débeda
O
consello da sociedade Pequeños y Medianos Astilleros en Reconversión
(Pymar) decidiu por ampla maioría adherirse ao convenio de Vulcano,
o que abre unha porta á supervivencia do estaleiro vigués, que
evita deste xeito ter que ir á liquidación da empresa. O acordo
contempla a quita do 80% da débeda do estaleiro con sede no barrio de Teis.
10/2/2012
Durante 2010, o 27% das persoas asalariadas en Galiza percibiron como máximo o SMI e un 15% apenas a metade deste
A crise, que Galiza padece con especial virulencia, está a provocar que
as diferenzas de renda existentes entre a clase asalariada se agudicen,
chegando a ser “escandalosas”. Así se recolle no traballo realizado por
Natividade López Gromaz, responsábel do Gabinete Técnico de Economía, a partir
dos últimos datos feitos públicos pola Axencia Tributaria, correspondentes ao
ano 2010. Destes datos tírase ademais que a mocidade é a máis prexudicada,
porque alén de baixos salarios, soporta unhas taxas de paro intolerábeis e
contratos de escasa duración. Reproducimos, de seguido, esta análise.
10/2/2012
A CIG convoca unha asemblea de traballadoras e traballadores, este sábado ás 11:30 horas en Compostela
O Xerente do Consorcio Galego de Servizos de
Igualdade e Benestar, nunha reunión coas delegadas e delegados, anunciou a
integración do organismo na Axencia Galega de Servizos Sociais. O proceso de
integración faríase en dúas fases: primeiro os Servizos Centrais e as Escolas
Infantís (Galiñas Azuis) e, despois a Área de Benestar. A CIG denuncia que todo
isto está previsto que se faga sen garantir, en ningún momento, os postos de
traballo do persoal do ente, unha vez finalizado o proceso de integración.
10/2/2012
A Sección Sindical da CIG denuncia esta “escandalosa e arbitraria distribución” e demanda que estes cartos se destinen a contratar persoal para reforzar servizos
A Sección Sindical da CIG na Axencia Tributaria rexeitou a distribución do complemento de produtividade na AEAT, xa que se basea en criterios arbitrarios e inxustos que favorecen aos altos cargos. Por iso, demandan un cambio no criterio de reparto que permita que as cantidades deste complemento variábel se inclúan nas retribucións fixas. Ademais, sinalan os delegados/as da CIG, coas cantidades destes pluses poderíanse contratar máis traballadores/as para reforzar un servizo tan escaso de persoal como o da Vixilancia Aduaneira.