24/5/2013
Entenden saturada a oferta na cidade, denuncian a utilización demagóxica das cifras de creación de emprego e inciden en que impedirá o desenvolvemento do pequeno comercio
As
unións
comarcais
da CIG, CCOO
e
UGT de Vigo manifestan
publicamente
o
seu rexeitamento
á
instalación
dunha
nova
grande
área
comercial
en
Liñeiriños
(Cabral) ao entender "saturada" este tipo de oferta comercial coa existencia de nove centros na cidade. Ao mesmo tempo, denuncian a utilización demagóxica das cifras de creación de emprego e inciden en que impedirá o desenvolvemento do pequeno comercio.
24/5/2013
O prazo para as solicitudes comeza este sábado 25 de maio
A Secretaría de Muller da CIG vén de informar que da publicación no DOG da orde que regula as axudas e indemnizacións a mulleres vítimas de violencia de xénero. A finalidade das axudas é proporcionarlle apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero; mentres que no caso das indemnizacións é facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede en Galiza.
24/5/2013
A CIG-Ensino denuncia que esta negativa responde á “galegofobia” da Consellaría
Este xoves 23 de maio celebrouse mesa
sectorial para tratar, entre outras cuestións, o calendario escolar para o
curso 2013-2014. A
CIG-Ensino defendeu, entre outras propostas, manter como día non lectivo o
mércores de cinza e que se recollese o Día de Rosalía, 24 de febreiro, e da
Clase Traballadora Galega, 10 de marzo. A Consellaría recolleu a proposta do
mércores de cinza, mais negouse taxativamente a que no apartado das
conmemoracións apareza como data a conmemorar o Día de Rosalía, como si
aparecen o Día de Europa, ou o día dos Dereitos do consumidor.
23/5/2013
Concentración na Alameda de 9.00 a 10.00 horas e posterior manifestación polas rúas da vila
Os
traballadores/as afectados/as polo peche da empresa Fabricaciones Metálicas Caldenses (Fameca)
de Caldas de Reis protagonizarán unha mobilización na localidade o luns día 27 en protesta polo despido da totalidade
do cadro de persoal (20 persoas). A concentración terá lugar na
Alameda de 9.00 a 10.00 horas, para a
continuación percorrer en manifestación as rúas de vila e rematar
fronte as instalacións da compañía Beaver Engineering.
23/5/2013
O venres 31 de maio está convocada unha manifestación e un paro de dúas horas
Delegados/as e traballadores/as de Telerperformance A Coruña concentráronse este xoves novamente diante dos accesos ao edificio da empresa de telemárketing en rexeitamento aos despedimentos que se están a producir logo da decisión de Gas Natural de eliminar o servizo de atención telefónica que Unión Fenosa Comercial prestaba dende a plataforma coruñesa.
23/5/2013
Dende o comité (CIG) consideran insuficiente a proposta de indemnización de 35 días cun tope de 15 mensualidades
A dirección da empresa farmacéutica Biofabri, con sede no Porriño, accedeu hoxe a rebaixar a súa pretensión de despedir a 39 dos 79 traballadores/as e puxo enriba da mesa unha proposta para rescindirlle o contrato a un total de 28 persoas. Dende o comité de empresa, presidido pola CIG, rexeitan tanto os despedimentos como as indemnizacións propostas pola compañía, 35 días por ano traballado cun tope de 15 mensualidades, “ao estar moi por debaixo do pactado no seu día, 65 días por ano cun máximo de 46 mensualidades e unha paga lineal de 17.000 euros”.