Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Soberanía para o povo traballador galego
28/07/2014Xabier P. Igrexas
Este 25 de xullo enmárcase nun contexto definido pola combinación entre a crise sistémica do capitalismo e os brutais efectos das políticas de r...
De novo o Iraque
26/06/2014Albano Nunes
De novo o Iraque. De novo um misterioso bando de «terroristas», semeando a morte e a destruição. De novo a orquestração de dramáticos apelos ...
Suplementos territoriais nos recibos eléctricos
26/06/2014Fernando Branco Parga
O Tribunal Supremo vén de sentenciar que nas peaxes do sistema eléctrico se deberían incluír os diferentes suplementos territoriais. Efectivame...
O destino do Iraque
20/06/2014Luís Carapinha
Aferrados a uma ordem económica injusta e decadente os EUA prosseguem a cavalgada de fragmentação de territórios e destruição das soberanias ...
A outra cara do Mundial de Fútbol
20/06/2014Vicenç Navarro
A gran pobreza do sector público no Brasil, xunto coas exuberantes riquezas, explica a explosión social. De aí a enorme protesta, que non é a pr...
Europa: alternativas à crise
17/06/2014Éric Toussaint
As eleições na União Europeia
16/06/2014John Catalinotto
10/7/2014 A sección sindical denuncia ademais a súa exclusión, xunto con ELA, das mesas de negociación, por mor do acordo ao que chegaron os sindicatos estatais coa empresa
Persoal de Atento concentrábase esta mañá diante da sede da empresa na Coruña para manifestar a súa oposición ao ERE presentado pola empresa, que pretende despedir a 811 traballadoras/es no conxunto do estado, das que 49 serán do centro de traballo da Coruña. A CIG denuncia ademais a súa exclusión, xunto con ELA, das mesas de negociación por mor dunha manobra orquestrada entre as centrais sindicais estatais e a empresa.
9/7/2014 A asemblea de traballadores/as ratificou en asemblea o preacordo alcanzado tras 12 horas seguidas de mediación
O preacordo de convenio entre o comité (presidido pola CIG) e a dirección da empresa Faurecia-Asientos de Galicia (ADG), ratificado en asemblea polos traballadores/as, permitiu desconvocar a folga prevista para as 6.00 horas de hoxe. A compañía auxiliar da automoción viguesa accedeu a retirar a nova categoría salarial de entrada que foi anulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) por discriminatoria tras máis de 12 horas de mediación.
9/7/2014 Os membros da sección sindical que comezaron a folga de fame inician a súa recuperación despois de recibir a alta médica tras unha semana de xexún
A CIG convoca unha manifestación de delegados/as sindicais da comarca de Vigo este xoves día 10 ás 11.30 horas en solidariedade coa folga de fame que está a desenvolver a sección sindical de Citroen para reclamar a readmisión de dous traballadores, demanda que se volveu a escoitar hoxe ás portas da empresa de automoción, onde tivo lugar unha nova concentración de apoio. Os compañeiros que iniciaron a protesta recibiron a alta médica a última hora da tarde de onte e agora  recupéranse tras unha semana sen inxerir ningún tipo de alimento sólido.
9/7/2014 Esixe a dimisión e a inhabilitación do conselleiro de Educación
A CIG-Ensino vén de presentar un escrito dirixido á conselleira de Facenda no que se solicita que proceda “á liquidación e á esixencia do reintegro ao Tesouro de Galiza das cantidades indebidamente percibidas polas empresas Fomento de Centros de Enseñanza SA e Asociación Fontenova” que xestionan os centros Peñarredonda, Montespiño, Acacias, Montecastelo e Aloya, logo do Tribunal Supremo ter anulado, por sentenza firme ao recurso presentado pola CIG-Ensino, os concertos educativos con estes centros que segregan o alumnado por razón de xénero.
9/7/2014 Chaman á cidadanía a participar nas concentracións diante do Xeral e na manifestación que percorrerá as rúas da cidade o 9 de outubro
A Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo anunciou onte a convocatoria de mobilizacións para reclamar que o novo hospital da cidade sexa dotado dun laboratorio central e instan a toda a cidadanía a participar nas concentracións que se desenvolverán diante do hospital Xeral os días 15 e 29 de xullo e 12 e 26 de agosto ás 11.00 horas e na manifestación que percorrerá as rúas da cidade o xoves 9 de outubro ás 20.00 horas.
9/7/2014 A sección sindical da CIG nos estaleiros manifesta a súa solidariedade coa loita dos compañeiros de Citröen
Traballadores/as de Navantia manifestáronse este martes polas rúas de Ferrol para reclamar carga efectiva de traballo. A mobilización insírese na campaña que veñen desenvolvendo desde hai meses tanto pola cidade -co apoio das e dos ferroláns- como dentro dos estaleiros, neste caso para denunciar os incumprimentos do convenio.
cig.prensa@galizacig.com