·Diálogo Social en Galiza

GalizaCIG·

Volver
14/12/2006
  Asemblea comarcal delegados/as sindicais A Coruña
-Campaña
O secretario xeral, Suso Seixo, reitera que a Xunta non presentou ningún borrador coas súas propias propostas
A CIG prosegue coa campaña de información sobre o seu abandono das mesas para o Acordo Galego polo Emprego
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, reiterou o 13 de decembro, no decurso dunha asemblea comarcal de delegados e delegadas sindicais en A Coruña, que a CIG abandonou as seis mesas para un Acordo Galego polo Emprego debido a que a Xunta nin sequera prensentou un borrador coas súas propostas.
30/11/2006 Transcorrido un ano, o Goberno non presentou sequera un borrador coa súa proposta
O Consello Confederal da CIG acorda abandonar as Mesas para un Acordo Galego polo Emprego
O 5 de novembro de 2005 asinábase a Declaración Institucional pola que se iniciaba un proceso de diálogo para acadar un Acordo Galego polo Emprego. Transcorrido un ano o Goberno non chegou sequera a presentar un borrador no que se recollera unha proposta a partir da que comezar a debater. Diante disto, o Consello Confederal da CIG do 13 de novembro acordou abandonar as mesas
28/06/2006 Propostas CIG de medidas básicas para un Acordo Galego polo Emprego
16/06/2006 Remitíronse escritos ao presidente da Xunta e a directora xeral de Relacións Laborais
A CIG marca como data para chegar a acordos nas Mesas polo Emprego a do peche da proposta de orzamentos
A Executiva Confederal da CIG, na súa xuntanza do pasado luns día 12 de xuño, acordou promover a convocatoria dunha reunión da Mesa de Coordinación para tratrar da situación na que se atopa o proceso de negociación do Acordo Galego polo Emprego.
07/03/2006 Por consideralo “propagandístico”
Suso Seixo non asiste ao acto de constitución das Mesas de Diálogo para un Acordo polo Emprego en Galiza
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, non asistiu ao acto de constitución das mesas de diálogo para un Acordo polo Emprego en Galiza, que tivo lugar o luns día 6 de marzo en Compostela, porque desde a central sindical se concibe como “dunha escenificación puramente mediática” e “propagandística”.
06/02/2006 Acordados os obxectivos xerais e contidos das mesas de diálogo social
Para o diálogo social en Galiza constituirase cinco Mesas de Traballo tripartitas (Xunta de Galiza, Confederación de Empresarios de Galiza e organizacións sindicais –CIG, UGT-Galiza e SN de CCOO de Galiza–) para temas sectoriais e unha de carácter bipartito (Xunta e sindicatos) adicada a Políticas de Emprego e Servizos Públicos. O gran Acordo que xurda do proceso de diálogo social terá como marco temporal os anos 2007-2013
03/01/2006 Diálogo social en Galiza
Un dos primeiros compromisos do novo Goberno foi promover entre sindicatos, empresarios e Administración galega, o Diálogo social como marco político que comprometa medidas de alcance estrutural, con vocación de garantir a sustentabilidade económica, mellorar a competitividade e a produtividade, reducir os niveis de temporalidade xerando emprego estábel de calidade e favorecendo a cohesión social...
Artigo de Antolín Alcántara
22/11/2005 Considera necesaria a implicación dos responsábeis das consellarías para axilizar e efectivizar os acordos
A CIG proporá concentrar por materias as mesas de diálogo social, pasando das sete previstas a tres
Logo de terse asinado a Declaración Institucional para a posta en marcha do proceso de diálogo social en Galiza, o goberno fixo a proposta de constituír sete mesas de traballo sobre diferentes materias. Na xuntanza que terá lugar o xoves 24 de novembro, a CIG proporá concentrar as materias e reducir as sete mesas a tres
08/11/2005 Asínase a Declaración Institucional polo Diálogo Social en Galiza
O 5 de novembro asinábase no Hostal dos Reis Católicos de Compostela a Declaración Institucional polo Diálogo Social en Galiza, da que Suso Seixo destacou os aspectos positivos, matizando que “non serviría de nada facer un acto destas características creando importantes expectativas na nosa sociedade, a respecto dese problema -o emprego- se isto agora non se concreta con medidas operativas”
Declaración Institucional polo Diálogo Social en Galicia
   
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 28/06/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta