 |
 |
| Esta sección quere reflectir a información,
comunicados e notas de solidariedade contra as inxustas sentenzas impostas a catro compañeiros da CIG, tres
de Lugo e un de Ourense, por mor da súa presenza nun piquete informativo na folga xeral do 20 de xuño de 2002. Non á represión laboral e social!!! |
| |
|
ASINA en defensa das liberdades !!!
Cumprimenta nun formulario a túa sinatura de adhesión |
| |
|
| 03/01/2007 |
O
sindicalista da CIG foi condenado a pagar 7.860 euros por participar nun piquete
Campaña de solidariedade e recollida de fondos para Carlos Vázquez
A
CIG da Comarca de Ourense iniciou unha campaña de solidariedade para recadar fondos para o pago da multa
de 7.860 euros imposta a Carlos Vázquez pola sentencia da Audiencia Provincial de Ourense na que se desestiman
os recursos de apelación contra a do Xulgado do Penal nº 2 de Ourense en relación cos feitos
acaecidos no centro comercial Ponte Vella durante a Folga Xeral do 20 de xuño de 2002 |
 |
| 07/11/2006 |
Desestimados
os recursos de apelación presentados polo xuízo de Carlos Vázquez
A
Audiencia Provincial de Ourense vén de desestimar os recursos de apelación presentados contra a sentenza
ditada polo Xulgado do Penal nº 2 de Ourense en relación cos feitos acontecidos no centro comercial
Ponte Vella durante a Folga Xeral convocada para o día 20 de xuño de 2002. Esta resolución
é firme e non cabe recurso contra a mesma |
 |
| 26/10/2006 |
A CIG arroupou en todo o proceso ao sindicalista de Ourense
Nova actitude elitista e clasista da Fiscalía contra o dereito de folga na revisión do xúizo
a Carlos Vázquez
O martes 25 tiña lugar a vista dos recursos de apelación presentados
pola Fiscalía e polo propio Carlos Vázquez contra a sentenza do Xulgado do Penal nº 2 pola súa
participación nun piquete na Folga Xeral de xuño de 2002. Diante do Pazo de Xustiza, compañeiros/as
do sindicalista da CIG anmosaron a súa solidariedade e apoio ao dereito de folga |
 |
| 24/10/2006 |
Ás 9:30 horas do mércores 25 de outubro diante do Pazo de Xustiza
Concentración de delegados e delegadas da CIG en Ourense en apoio a Carlos Vázquez
Coincidindo coa vista dos recursos de apelación presentados pola Fiscalía
e polo propio Carlos Vázquez contra a sentenza do xulgado do penal nº 2 pola súa participación
nun piquete durante a Folga Xeral de xuño de 2002, a CIG da comarca convoca unha concentración o
mércores 25 de outubro ás 9:30 horas diante do Pazo de Xustiza de Ourense |
 |
| 16/05/2006 |
A multa supera os 7.000 euros, con arresto substitutorio en caso de impago
Novo ataque ao dereito á folga coa sentenza a Carlos Vázquez, membro da Executiva Comarcal da CIG-Ourense
Carlos Vázquez, secretario de Organización da CIG de Ourense, vén
de ser sentenciado a pagar máis de 7.000 euros por participar nun piquete durante a folga xeral do 20 de
xuño de 2002. Etelvino Blanco, secretario comarcal en Ourense afirma que se trata dun ataque contra o dereito
á folga. A CIG recorrerá a sentenza na Audiencia Provincial |
 |
| 04/04/2006 |
Foi procesado por participar nun piquete na folga xeral do 20 de xuño de
2002
Xuízo contra Carlos Vázquez, membro da Executiva Comarcal de Ourense
O próximo mércores 5 de abril terá lugar o xuízo contra
Carlos Vázquez, membro da Executiva Comarcal da CIG de Ourense, por participar nun piquete durante a folga
xeral do 20 de xuño de 2002. A CIG denuncia a escandalosa petición fiscal e o intento de amordazar
ao movemento sindical |
 |
| 25/10/2005 |
Representantes da CIG de todo o país apoiaron ao secretario xeral no xuízo
de Lugo
Suso Seixo demanda da xustiza sensibilidade social cara a clase traballadora
Secretarios comarcais, de organización, secretarios nacionais de federacións,
membros da Executiva Confederal e militantes da CIG trasladáronse a Lugo para manifestar o seu apoio ao
secretario xeral da CIG, Suso Seixo, no xuízo por supostas inxurias e calumnias, celebrado o 25 de outubro
en Lugo |
 |
| 21/09/2005 |
O xuízo celebrarase o 25 de outubro en Lugo
Solicitan un ano de cadea para Suso Seixo polas súas declaracións contra a sentenza aos sindicalistas
de Lugo
O próximo 25 de outubro terá lugar en Lugo o xuízo contra
o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, polas declaracións que realizou o 5 de febreiro de 2004 tras coñecerse
a sentenza que condenaba aos tres compañeiros de Lugo a máis de 15 anos de cadea por ter participado
nun piquete na Folga Xeral do 20 de xuño de 2002 |
 |
| 13/11/2004 |
Foron acompañados por membros do Secretariado da CIG, representantes políticos
e de organizacións sociais
Os traballadores de Lugo condeados a máis de 13 anos de cárcere por participar nun piquete solicitan
o indulto
Os tres traballadores sentenciados pola Audiencia Provincial de Lugo a máis
de 13 anos de cárcere e a multas que se achegan aos 20.000 euros por participar nun piquete na folga xeral
do 20 de xuño de 2002, presentaron na Subdelegación do Goberno de Lugo a petición de indulto |
 |
| 10/11/2004 |
A Audiencia Provincial de Lugo acaba de ratificar as penas impostas con anterioridade
A CIG esgotará as vías legais para evitar o ingreso en prisión dos sindicalistas de Lugo
A CIG está realizando as xestións necesarias para evitar
o ingreso en prisión dos tres compañeiros sentenciados a penas de cárcere pola Audiencia Provincial
de Lugo, logo de ser ratificada a sentencia anterior |
 |
| 22/10/2004 |
Textos
das apelacións contra as condenas de Lugo
Textos
das apelacións e a impugnación contra o recurso da acusación particular, apresentadas pola
CIG e os tres afiliados condenados en Lugo a un total de 15 anos de prisión. A pena foi imposta por mor
da súa participación nun piquete informativo e cativos incidentes acontecidos na folga de 20 de xuño
de 2002 |
 |
| 21/10/2004 |
Comentarios
á vista da apelación de Lugo
Artigo de Xosé Ferreiro Fernández |
 |
| 20/10/2004 |
Concentración
de apoio aos compañeiros xulgados en Lugo
200 delegados e delegadas, así como outras persoas solidarias que se achegaron
a Lugo, se concentraron o martes 19 de outubro diante da Audiencia Provincial. O motivo: a celebración da
vista pública do recurso presentado polos tres compañeiros da CIG |
 |
| 14/10/2004 |
Novo
xuízo aos compañeiros da CIG en Lugo
O
día 19 celebrarase a vista de apelación dos compañeiros condenados en Lugo a máis de
15 anos de cadea por ter participado nun piquete da Folga Xeral do 20 de xuño de 2002. Tamén foron
chamados a declarar como imputadas as 18 persoas que estaban propostas como testemuñas para o xuízo |
 |
| 23/03/2004 |
Mensaxe de solidariedade
IAC (Intersindical Alternativa de Catalunya) |
Mensaxe de solidariedade
CATAC-IAC |
Mensaxe de solidariedade
USTEC-STEs Intersindical Alternativa de Catalunya |
Mensaxe de solidariedade
CGT Bretagne (France) |
Mensaxe de solidariedade
KOZ SR (Eslovaquia) |
 |
| 06/03/2004 |
Mensaxe de solidariedade
CTA (Central de Trabajadores Argentinos) |
Mensaxe de solidariedade
PIT/CNT (Plenario Intersindical de Trabajadores/Convención Nacional del Trabajo) |
Mensaxe de solidariedade
CGTP (Confederación General de Trabajadores del Perú) |
Mensaxe de solidariedade
Intersindical-CSC de Cataluña |
 |
| 03/03/2004 |
Seguen
a chegar mostras de solidariedade cos sindicalistas de Lugo inxustamente condenados
Como
acontece desde que se deu a coñecer a inxusta e desproporcionada sentenza que condena a tres sindicalistas
de Lugo a máis de 14 anos de cárcere por formaren parte dun piquete na pasada folga xeral do 20 de
xuño de 2002, seguen a chegar telegramas, faxes e correos electrónicos de solidariedade cos traballadores
condenados |
Mensaxe de solidariedade
UGT-Portugal |
Mensaxe de solidariedade
FENPROF (Federaçao Nacional dos Professores de Portugal) |
Mensaxe de solidariedade
SPN-FENPROF (Sindicato dos Professores do Norte) |
Alarma
social
Cando
tras un partido de fútbol a prensa e os siareiros falan máis do arbitro que do xogo, é síntoma
dunha mala arbitraxe. Coa sentencia que condena a tres compañeiros da CIG de Lugo acontece o mesmo, a propia
sentencia está a crear máis alarma social que os feitos xulgados.
Artigo de Clodomiro Montero Martínez |
 |
| 01/03/2004 |
Oito
mil persoas levan á cidade de Lugo a dignidade obreira, polas liberdades e contra a represión
Uns minutos despois das doce do mediodía do domingo 29 de febreiro daba
comezo a manifestación convocada pola Plataforma en Defensa das Liberdades para esixir unha xustiza igual
para todas e todos, e contra o recorte de dereitos e liberdades, convocatoria á que acudiron máis
de 8.000 persoas de toda Galiza que levaron á cidade de Lugo dignidade obreira contra a represión |
 |
  29
de febreiro: manifestación na cidade de Lugo para esixir xustiza
Mobilicémonos contra a represión
Na defensa das liberdades, a manifestación
partirá ás 12 da mañá da Ronda da Muralla, fronte ao edificio dos sindicatos. |
 |
| 28/02/2004 |
Convocada pola Plataforma en Defensa das Liberdades, sairá as 12 horas
da Ronda da Muralla da cidade de Lugo
A folga de fame rotatoria rematará o domingo 29 cunha manifestación contra a represión
Paulo Carril, Carme Vázquez e Maite Álvarez, levan xa dous días
na folga de fame rotatoria, dentro da campaña de denuncia e sensibilización da sociedade galega ante
á condena a máis de 14 anos de cárcere a tres traballadores de Lugo por formaren parte dun
piquete na folga xeral do 20 de xuño de 2002 |
Mensaxe de solidariedade
Union Internacional de Sindicatos de Empregados Públicos e Asimilados |
Mensaxe de solidariedade
PAME (All Workers Militant Front, Greece) |
Mensaxe de solidariedade
Sindicato de Luz y Fuerza ZARATE, Arxentina |
Mensaxe de solidariedade
CGT, Federación Nacional de Minas e Enerxía |
Mensaxe de solidariedade
CGT EDF-GDF dos Pirineos e Gascoña, Federación Nacional de Minas e Enerxía |
 |
| 27/02/2004 |
O domingo 29 remata esta fase da protesta cunha manifestación na cidade
de Lugo, con saída ás 12 horas da Ronda da Muralla
Comezou a quinta e última quenda da folga de fame por unha Xustiza igual para todas e todos
Só
quedan tres xornadas para que remate a folga de fame da CIG baixo o lema “Xustiza igual para tod@s”, e cada día
desta semana son máis as persoas que se achegan até a caravana e máis numerosos os comunicados
de apoio e solidariedade que envian distintas organizacións sociais, sindicais, culturais, políticas
e de todo tipo |
Mensaxe de solidariedade
Sección Sindical CIG-Banesto |
Mensaxe de solidariedade
Espacio Alternativo |
Sentenza
polémica
Catorce
anos de prisión e once mil euros de indemnización a tres membros dun piquete informativo, por feitos
acontecidos durante a folga do 20 de xuño de 2002 en Lugo, son condenas moi duras, desproporcionadas, inaceptábeis.
Non se pode asimilar con delincuentes ás persoas que participan en acións que teñen un ámbito
laboral ou social...
Artigo de Manuel Mera |
 |
| 26/02/2004 |
O xoves 26, Burla Negra realizará un recital poético no que participarán
os escritores Sechu Sende e Maria Lado
Na caravana da CIG os ánimos tras 15 días de folga de fame están moi por riba das baixas temperaturas
Continúa a loita, continúa a folga de fame, aínda que para
Miguel Malvido, Xerardo Alvaredo e Antonio Niño xa está a rematar, pois o xoves 26 de febreiro, as
doce da mañá, realizarase o cambio de quenda –será a quinta– e entrarán na folga de
fame Paulo Carril, Carme Vázquez e Maite Álvarez |
Unha das publicidades, dun total de tres, saiu publicada o mércores nas
páxinas de sociedade do xornal galego
La Voz de Galicia censura dous anuncios da CIG en apoio aos tres sindicalistas condenados de Lugo
A CIG quere denunciar através deste comunicado a censura exercida polo
xornal La Voz de Galicia, medio que publicou na edición do mércores 25 de febreiro un anuncio da
CIG (o primeiro dos tres negociados) de apoio aos tres sindicalistas de Lugo nas páxinas de sociedade para,
a seguir, negarse a publicar os outros dous alegando motivos económicos |
Considera que a sentenza é “un retroceso á liberdade sindical, conseguida
despois de longos anos de loita democrática”
A Xunta de Persoal da Administración de Xustiza de Lugo estima excesiva e desproporcionada a condena
Nunha
nota remitida á Prensa, a Xunta de Persoal da Administración de Xustiza de Lugo, sen entrar en avaliacións
de carácter xurídico, estima excesiva a condena imposta aos sindicalistas da CIG, tendo en contra
outras ditadas na provincia de Lugo en asuntos máis graves, como poden ser homicidios, violencia doméstica
ou delitos contra os traballadores |
Mensaxe de solidariedade
CMCAS EDF/GDF de Toulouse (Francia) |
 |
| 25/02/2004 |
O
colectivo de magos Waldemar ofreceu un espectáculo da man do mago Antón, o mago Teto e o mago Rafa
A caravana da folga de fame da CIG chega ao seu día 14 acompañada da maxia e das mostras de apoio
Aínda
que están a sofrer unhas baixísimas temperaturas na cidade de Lugo, continúa a folga de fame
da CIG que comezara o 11 de febreiro baixo o lema “Xustiza igual para todos e todas” pola condena a máis
de 14 anos de cárcere e máis de 11.000 euros de multa a tres traballadores de Lugo por formaren parte
dun piquete na folga xeral do 20 de xuño de 2002 |
Mensaxe de solidariedade
Sección Sindical CIG-Santa Bárbara |
Mensaxe
de solidariedade
CONUTT
(Confederación Nacional Unitaria de Traballadores do Transporte e Afíns de Chile) e FUTAC (Federación
Unitaria do Transporte de América Latina e o Caribe) |
Mensaxe de solidariedade
Sindicato Luz y Fuerza A Pampa (Arxentina) |
Mensaxe de solidariedade
Sindicato Arxentino Traballadores de Salto Grande |
 |
| 24/02/2004 |
Inician
a cuarta quenda rotatoria de 4 días
Tres novos sindicalistas entran na folga de fame da CIG que comezou o pasado 11 de febreiro
O
luns 23 de febreiro ás 12 da mañá realizábase o cambio de quenda na folga de fame que
está a ter lugar fronte aos xulgados de Lugo, e que cumpre o seu decimoterceiro dia. Comezan Miguel Malvido,
secretario nacional de CIG-Metal, Xerardo Alvaredo, membro da Executiva Comarcal de Lugo, e Antonio Niño,
axente sindical de Lugo |
Mensaxe de solidariedade
FBT
(Forza Bolivariana de Traballadores de Venezuela) |
Mensaxe de solidariedade
UNTG (União Nacional Dos Trabalhadores da Guiné) |
Mensaxe de solidariedade
Movemento Oro Negro da Arxentina |
 |
| 23/02/2004 |
Máis
mostras de solidariedade
Ademais
das numerosas persoas que se achegan á caravana para amosar a sua solidariedade cos compañeiros condenados
polo Xulgado do Penal nº 2 de Lugo, por participar nun piquete informativo na folga do 20 de xuño de
2002, pasan o día cos compañeiros e compañeiras en folga de fame rotativa, delegados/as da
central sindical, cadros de dirección e personalidades de todo tipo |
 |
| 21/02/2004 |
Á
caravana da CIG seguen a chegar mostras de adhesión e solidariedade
A folga de fame rotatoria xa vai no décimo día
Co
excelente ánimo e en bo estado físico, as compañeiras Carme Antas, Rosa Garrido e o compañeiro
Fernando Leiro, afrontaron esta nova xornada, a décima desde que comezou a folga, en solidariedade cos tres
traballadores condenados e como denuncia á utilización perversa que se fai da Xustiza por parte do
Goberno e o PP que o sustenta |
Mensaxe de solidariedade
CAF (Comités Abertos de Escola e Faculdade) |
Mensaxe de solidariedade
Comité de Empresa da TVG |
Mensaxe de solidariedade
CGTB (Central Geral dos Traballadores do Brasil) |
Mensaxe de solidariedade
SNTIQME (Sindicato Nacional de Trabajadores de las Industrias Química, la Minería y Energética
de Cuba) |
Mensaxe de solidariedade
Federação Nacional dos Sindicatos da Construção, Madeiras, Mármores e Materiais
de Construção da CGTP-IN |
Mensaxe de solidariedade
STISSS (Sindicato de Trabajadores del Instituto del Seguro Social de El Salvador) |
Mensaxe de solidariedade
UITBB (União Internacional dos Trabalhadores da Construção, Madeiras e Materiais de Construção) |
Mensaxe de solidariedade
FeTERA (Federación de Trabajadores de la Energía de la Republica Argentina) |
Mensaxe de solidariedade
Federación de Asociacións de Emigrantes Galegos Retornados en Galiza |
Mensaxe de solidariedade
Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina |
Mensaxe de solidariedade
Xosé Estévez Rodríguez, profesor; Federico Fernández Ackermann, fotógrafo; Generosa
Matias, enfermeira |
O
parvo apego ás leis
Milleiros
de exemplos, non só polos compañeiros de Lugo, vemos acotío dunha xustiza empeñada
a apegarse á lei e esquecerse da vida, é dicer, da realidade.
Artigo de Xurxo Martínez Crespo |
Represión
sindical
Vivimos
tempos nos que a separación de poderes, base da democracia, é tratada como a mancha da familia que
ninguén quere nomear, o amigo incómodo que nos vén saudar borracho nun acto público.
Artigo de Xurxo Borrazás |
 |
| 20/02/2004 |
A xornada estivo marcada por concentracións nos Xulgados das sete cidades
galegas
A terceira quenda entrou na folga de fame rotatoria
A nova –e novena– xornada da folga de fame rotatoria promovida pola CIG viu o
xoves 19 ao mediodía a entrada da terceira quenda de sindicalistas: as compañeiras da Executiva Confederal,
Carme Antas e Rosa Garrido, xunto co compañeiro Fernando Leiro (comité empresa CETSSA) colleron o
relevo para proseguiren con esta medida de protesta |
En
solidariedade cos traballadores condenados en Lugo
Varios miles de persoas concentráronse en defensa das liberdades
Nas
concentracións convocou para o día 19 a Plataforma en Defensa das Liberdades, axuntáronse
unhas dúas mil persoas. As mobilizacións fixéronse fronte aos Xulgados das sete cidades galegas,
dende as 12 ate as 13 horas da mañá |
O
MPDC porá en coñecemento do CGPJ as recentes sentencias xudiciais ditadas en Galiza
Os
diferentes criterios á hora de ditar sentencia fai sospeitar da imparcialidade e dos criterios dos xuíces,
motivo polo que o Movimento Polos Direitos Civís cre necesaria a intervención do Consello Xeral do
Poder Xudicial |
Aplaude a creación da Plataforma en Defensa das Liberdades
Nunca Máis expresa solidariedade cos traballadores condenados e cos seus compañeiros en folga de
fame
A Plataforma Cidadá Nunca Máis quere expresar a súa solidariedade
cos tres traballadores condenados por unha sentenza, tan desproporcionada como inxusta, como a ditada polo Xulgado
do Penal nº 2 de Lugo |
Mensaxe de solidariedade
Adolfo Pérez Esquivel |
Mensaxe de solidariedade
ELA-STV |
Mensaxe de solidariedade
CGTD (Confederación General de Trabajadores Democráticos, Colombia) |
Mensaxe de solidariedade
Secretariado da FSM (Federación Sindical Mundial) |
Mensaxe de solidariedade
Secretaría América da FSM (Federación Sindical Mundial) |
Mensaxe de solidariedade
POZ (Sindicato Eslovaco do Gas - Plynárenský Odborový Zväz - Slovák Gas Trade
Union) |
Xustiza
sen diferencias
Resulta
difícil atopar alguén que non pense que a sentenza contra os tres membros dun piquete en Lugo non
é dura, desproporcionada. Enténdeno deste xeito non só asalariados senón que mesmo
hai empresarios que teñen esta opinión e a manifestan publicamente.
Artigo de Manuel Mera |
 |
| 19/02/2004 |
Os
sindicalistas da CIG entran no seu oitavo dia de folga de fame pola liberdade sindical
A
solidariedade cos folguistas continúa a medrar. Aparte de Víctor Guerreiro, alcalde de As Pontes,
visitaron a caravana da solidariedade Eduardo Gutiérrez (deputado BNG), Fernando Blanco, (Comité
de Endesa), Xabier Rincón e Adolfo Muíños (Xunta Persoal Concello de Santiago), Ramón
Hermida (concelleiro BNG en Foz) e representantes sindicais de Izar Fene e Ferrol |
Constituída
en A Coruña a Plataforma en Defensa das Liberdades, contra o recorte dos dereitos dos galegos
Co gallo da campaña de solidariedade que se está levando en toda
Galiza, constitiuse a Plataforma en Defensa das Liberdades coa asistenza do secretário xeral da CIG, Suso
Seixo, o secretário comarcal, Paulo Carril e representantes de organizacións políticas, sindicais,
veciñais, culturais e sociais |
Empraza á Xunta de Galiza a que manifeste a súa opinión
O BNG realiza unha pregunta parlamentaria verbo da sentenza condenatoria a tres sindicalistas
Os deputados do Grupo Parlamentario do BNG, Bieito Lobeira e Alfredo Suárez
Canal, veñen de presentar ante a Mesa do Parlamento unha Pregunta para a súa resposta oral en Comisión,
verbo da sentenza condenatoria a tres sindicalistas da CIG |
Mensaxe de solidariedade
Grupo Municipal do BNG en Cangas |
Mensaxe de solidariedade
Consello Local do BNG en Cangas |
Mensaxe de solidariedade
UAOEGAS (Unión de Asociacións de Obreiros e Empregados do Gas-Uruguai) |
Mensaxe de solidariedade
CTC (Central de Trabajadores de Cuba) |
Mensaxe de solidariedade
FSTIEP (Federação dos Sindicatos dos Trabalhadores das Indústrias Eléctricas de Portugal) |
 |
| 18/02/2004 |
Durante
a sétima xornada de folga de fame, tamén estivo presente o alcalde de Mugardos, Xosé Barcia
Anxo Quintana visita a caravana da CIG para amosar apoio e solidariedade cos traballadores condenados
Terceira
xornada de folga de fame para os tres membros da CIG que comezaron o domingo, e sétima desde o inicio da
protesta o día 11. As mostras de apoio continúan a chegar en forma de faxes, telegramas e correos
electrónicos, e son cada día máis numerosas |
Prisión
por vulnerar os dereitos dos traballadores, inédita decisión xudicial de gravísimas consecuencias
O Xulgado do Penal nº Dous de Lugo acaba de condear a máis de seis
anos de cárcere ao secretario comarcal do metal da CIG en Lugo, con graves condeas tamén a outros
dous traballadores afiliados ao sindicato pola comisión dun “delicto contra dos dereitos dos traballadores”,
por considerar tiveran coaccionado a un traballador a participar na folga xeral do 20 de xuño de 2002 |
O
Partido Comunista de España solidariza-se cos sindicalistas condenados en Lugo
O
PCE mostra a sua solidariedade cos tres sindicalistas da CIG, condenados a penas de cárcere que suman máis
de catorce anos pola sua participación nun piquete informativo durante a folga xeral do 20 de xuño
de 2002. Trata-se dunha condena inxusta e absolutamente desproporcionada que senta un perigoso precedente no mundo
laboral |
O
Foro Solidário Galego de Venezuela, coa CIG
O Foro Solidário Galego fixo publica unha declaración da man do
seu presidente Xoan Manuel Xiráldez e o seu secretário Xaime Rei Mantilla na que respaldan total
e abertamente a posición da CIG ante as sentenzas desproporcionadas impostas a tres dos seus membros |
 |
| 17/02/2004 |
Tres
novos membros da CIG comezan a folga de fame para demandar unha xustiza igual para todos
O
luns 16 de febreiro foi o segundo día de folga de fame para a nova quenda de membros da CIG: Anxo Louzao,
secretario nacional da CIG-Ensino, Iñaki García, secretario de Organización da CIG na Comarca
de Lugo, e Antonio González, presidente do Comité de Empresa de Indesa |
Mensaxe
de Carlos Carvalho, en nome da Confederación Xeral de Traballadores de Portugal e os 900.000 afiliados que
representa
Solidariedade da CGTP-IN “com os camaradas de Lugo condenados por exercerem o seu legítimo direito” |
Mensaxe de Ramón Cardona representante da Federación Sindical Mundial
ante as Nacións Unidas
A FSM súmase ao repudio da “inxustificábel acción que siñifica un evidente recorte
dos direitos” laborais |
“A
setenza non se pode entender máis que nun contexto de evidente retroceso no garante das liberdades máis
elementais”
Adhesión de Rubén Cela, secretario xeral de Galiza Nova |
Desde
Brasil, mensaxe de Everaldo Augusto, presidente da Central Única dos Trabalhadores, Seção
Bahia
A CUT envía “solidariedade aos trabalhadores galegos que estão sendo vítimas da perseguição
política” |
 |
| 15/02/2004 |
Visita
a caravana de folga de fame da CIG o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores
Cuarta xornada de folga de fame para Suso Seixo, secretario xeral da CIG, Xosé
Ferreiro, responsábel comarcal da CIG Lugo, e un dos condenados, Guillerme Roi. Entre as visitas do sábado
14 de febreiro temos que salientar a do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que acudiu acompañado
do concelleiro do BNG en Lugo, Fernando Blanco |
 |
| 14/02/2004 |
Terceira xornada fronte aos xulgados da cidade de Lugo
Continúan as mostras de apoio e solidariedade aos tres membros da CIG en folga de fame
Desde o mércores 11 de febreiro Suso Seixo, secretario xeral da CIG, Xosé
Ferreiro, responsábel comarcal da CIG Lugo, e un dos condenados, Guillerme Roi Rouco, comezaron unha folga
de fame para evidenciar e denunciar publicamente a inxusta sentenza xudicial que condena a máis de 14 anos
de cadea e multas superiores a 11.000 euros a tres sindicalistas da CIG por formaren parte dun piquete na folga
xeral do 20 de xuño de 2002 |
Aristóteles,
Ulpiano, Nüremberg e os compañeiros de Lugo
Sentenza inxusta e desproporcionada
A verdade é que o acontecido coas sentenzas dos compañeiros de Lugo non é só un reflexo
importánte da situación pola que atravesa a xustiza, os meios de información e a cultura no
noso país e no Estado español, senón, tamén, a reflexión da clase de xustiza
que temos, que queremos e como podemos cambiala.
Artigo de Xurxo Martínez Crespo |
 |
| 13/02/2004 |
 Manifestación nacional o 29 de febreiro en Lugo
en defensa do movimento sindical
Solidariedade
cos traballadores condenados
Unha
recente sentenza do Xulgado do Penal nº 2 de Lugo acaba de establecer unha tan dura como inxusta condena a
tres traballadores lugueses, membros da CIG, por participaren nun piquete informativo na pasada Folga Xeral de
xuño de 2002. As penas a que foron condenados estes compañeiros suman máis de catorce anos
de cadea e multas superiores a 11.000 euros. Así mesmo, na devandita sentenza pídese a apertura de
dilixencias ás testemuñas, co único “delito” de participar no piquete |
 |
| 12/02/2004 |
O Secretariado Confederal da CIG decide distintas medidas para contestala
Unha sentenza inxusta que afecta gravemente a todo o movemento sindical
O mércores 11 de febreiro, o Secretariado Confederal da CIG reuniuse na
cidade de Lugo para valorar a sentenza pola que se condena a tres compañeiros a penas que van de seis anos
e un mes de prisión, a maior delas, até os tres anos e meio, a menor, por incidentes durante a folga
xeral de 20 xuño de 2002 en Lugo |
| |