Inicio
Quen somos
Estrutura
Convenios
Documentos
Pronunciamentos
Publicacions
Directorio
Ligazóns
 

Documentos

A muller no mercado laboral en galiza (2011)

 A situación máis precaria que soporta  a muller galega no mundo laboral, implica unha maior exposición os efectos negativos das últimas reformas. Máis aló das reformas legais, estamos asistindo día a día, a recortes en determinados servizos públicos, que están minando o xa cativo estado social que dispoñiamos, calquera minoración  destes servizos prexudica especialmente á mulleres, xa que o que non aporta o estado acaba por asumilo a muller a través de máis horas de traballo ou renunciando a el, tratase de coidade de dependentes, menores... Cando se aprobou a reforma das pensións, segundo os datos da memoria económica do anteproxecto de lei sobre a reforma, o 75% dos homes que se xubilaron en xaneiro de 2011 tiña os 38 anos e medio cotizados , no caso das mulleres o 24%, e polo tanto, de entrar a nova lei en vigor inmediatamente poderían xubilarse ós 65 anos e non ter que e esperar ós 67

Paro Rexistrado (ano 2011)

Desde mediados do ano 2007, estamos asistindo a un incremento continuo das persoas paradas rexistradas nas oficinas do servizo público de emprego (en diante, SEPE). Aínda que, mes a mes, se mantén a tendencia de descenso do número de parados/as nos meses estivais, (e máis próximos), a evolución interanual continuou empeorando ao longo de 2011. O ano 2011 rematou con 20.921 persoas paradas rexistradas máis que a finais de 2010. Son preto de 120.000 as persoas paradas que, desde mediados de 2007, se incorporaron ás listas do desemprego en Galiza, 20.900 das cales o fixeron neste último ano, acadándose en decembro a cifra de 258.234 parados/as, algo insólito na nosa historia económica.

O Mercado de Traballo en galiza (2011)

Xa rematado o ano 2011, a realidade do mercado laboral galego é demoledora. Desde o ano 2008, asistimos a unha perda constante e importante de postos de traballo. Estamos falando de 110.400 postos de traballo destruídos no último lustro e, aínda, un maior aumento da poboación parada, xa que a poboación activa aumentou neste período. Dese o ano 2007, a partir do cal comeza a aumentar o desemprego, son 129.000 as persoas desempregadas que temos a maiores en Galiza.

Contratos de Traballo en Galiza 2011

Rematado 2011, o número de contratos rexistrados nas oficinas do Servizo Público de Emprego (en diante SEPE) foi de 671.449, un 1,3% menos que no ano anterior. Malia o descenso, é unha cifra moi elevada tendo en conta a cantidade de postos de traballo que se destruíron ao longo deste ano. Así, segundo os datos de afiliación en alta á Seguridade Social (únicos datos de ocupación que coñecemos nestas datas), o número de traballadores/as descendeu en Galiza en 30.987 no ano 2011.

Contratos de Traballo en Galiza (2010)

O primeiro que chama a atención nun ano de forte recesión económica e caída do emprego é o elevado numero de contratos que se rexistraron no noso país. Estamos a falar de 653.072 contratos novos; se a estes lles sumamos os 27.550 que se converteron en indefinidos ao longo do ano 2010, o número de contratos rexistrados nas oficinas do Servizo Público de Emprego é de 680.624. Destes contratos, o 91,18% foron baixo algunha modalidade de contratación temporal, fronte ao 90,19% do ano 2009

Paro rexistrado no 2010

Os efectos da crise económica no mercado de traballo galego acusáronse con especial virulencia durante ano 2009. Practicamente se mantivo o desemprego por riba dos 200.000 parados/as en todos os meses do ano.                                             Ao longo do 2010, seguiu medrando o número de persoas paradas mes a mes. Así, ningún mes estivo por debaixo dos 209.000 parados.

Mercado Laboral en Galiza no 2010

O ano 2010 rematou cunha nova perda da ocupación en Galiza, con 50.700 postos de traballo  menos. Se a isto lle sumamos os 47.800 que se destruíron no 2009, son preto de 100.000 os postos de traballo que desapareceron en apenas dous anos en Galiza, segundo os datos facilitados pola Enquisa de Poboación Activa que recolle un informe sobre o mercado de traballo realizado polo Gabinete Técnico Confederal da CIG.

A muller no mercado laboral en Galiza (2010)

A “gran recesión” como se coñece a crise que está atravesando a economía en xeral, e a galega en particular, nun primeiro momento non afectou especialmente ás mulleres. É máis, saíron mellor paradas do que en principio se podía esperar, pero xa neste ano que acaba de rematar a crise se manifestou con toda a súa intensidade entre elas.

Avaliación da Reforma das Pensións

O pasado día 2 de febreiro, CCOO e UGT asinaban, conxuntamente co Goberno Español e a CEOE, o chamado “ Acordo Social e Económico para o crecemento, o emprego e a garantía das pensións” (ASE), un novo exemplo da súa xa coñecida práctica sindical de Pacto Social que tan negativas consecuencias tivo sempre para a clase traballadora do Estado español e que resulta especialmente negativa nestes momentos de crise económica e de recortes de dereitos e de calidade de vida para os traballadores e traballadoras.