Análise de situación do Sistema Público de Pensións

Nos atopamos ante unha nova reforma do Sistema de Pensións da Seguridade Social. A escusa volve a ser a mesma: a futura creba do sistema se non se toman as medidas oportunas, que sempre se traducen en aumentar os anos necesarios para acceder ao 100% da pensión, ampliar o período para o seu cálculo... en definitiva, reducir a futura pensión do traballador, cando non, excluílo do sistema contributivo.

1. Estado español

Novamente nos atopamos ante unha nova reforma do Sistema de Pensións da Seguridade Social. A escusa volve a ser a mesma: a futura creba do sistema se non se toman as medidas oportunas, as cales sempre se traducen en aumentar os anos necesarios para acceder ao 100% da pensión, ampliar o período para o cálculo da pensión..., en definitiva reducir a futura pensión do traballador, cando non, excluílo do sistema contributivo.

Estas reformas normalmente veñen acompañadas de “pactos polo emprego”, ou calquera outro nome, que na práctica se traducen en reducir as cotizacións sociais coa desculpa de crear emprego. Créanse figuras de contratación exentas total ou parcialmente de cotización, redúcense as cotización de determinados colectivos co fin de que se incorporen ao mercado de traballo ou que se estabilicen nel... O resultado: menor coste salarial para o empresario e, polo tanto, menor recadación do sistema da Seguridade Social, nas mesmas condicións de emprego.

É dicir, o empresario ve reducidos os seus custes e ao traballador increméntanlle os anos necesario para ter acceso a unha pensión ou ve reducido o importe da mesma.

Vemos pois a primeira contradicción de saída: coa desculpa de crear emprego reducimos as cotizacións sociais de determinados colectivos de traballadores, o que implica unha reducción na recadación dos ingresos da seguridade social, e ao mesmo tempo fanse proxeccións sobre a creba futura do sistema se non se reducen os gastos. Non se cuestiona a reducción real, inmediata e programada dos ingresos, pero si hai que tomar medidas cara a un hipotético incremento futuro dos gastos superior aos ingresos.

Estas reformas prodúcese nun momento de crecemento económico, creación de emprego e fortes incrementos dos beneficios empresariais, en cambio o custe das mesmas recae exclusivamente sobre a clase traballadora, xa que como dixen antes os fondos saen das contas da seguridade social e non dos orzamentos do Estado.

Previo a estas reformas, proliferan análises sobre a crise do Sistema de Pensións e a forma de resolvela. Análises, que por certo, están feitos e financiados, nunha cuantía nada desdeñable, por entidades financeiras, as entidades máis beneficiadas polos plans privados de pensións.

Ao mesmo tempo, o tratamento fiscal que reciben os plans privados de pensións, fan esta modalidade de aforro moi atractiva. Son pois moitas as vías e as formas para preparar o escenario das reformas e desviar parte dos fondos para os sistemas privados.

Ate agora, e como veremos máis adiante, o Sistema Público de Pensións no Estado español ten superávit, que podería ser maior se a parte contributiva e a non contributiva estiveran perfectamente separadas.

Como sabemos o Sistema Público de Pensións no Estado español está formado por dous programas: un contributivo no que traballadores e empresarios realizan obrigatoriamente cotizacións para facer fronte ás prestacións, e un non contributivo ou asistencial no que o dereito a recibir ha prestación determínao a necesidade dos beneficiarios.

A pesar de que nos últimos anos se deu un incremento progresivo na separación financeira dos dous programas, aínda hoxe non están perfectamente diferenciados. Hai unha cantidade de fondos (o que no cadro seguinte se coñece cómo transferencias correntes), que se transfire desde os orzamentos do Estado aos da SS co fin de financiar a parte non contributiva do sistema: pensións non contributivas, prestacións familiares e sociais e complemento de mínimos. Pero estas transferencias non cobren o 100% dos gastos non contributivos: ate o ano 2012 os complementos a mínimos non son financiados totalmente polos orzamentos do Estado, tampouco os gastos de xestión destas prestacións non contributivas se transfiren, sen esquecer as bonificacións ás cotizacións, que merman os ingresos.

A pesar desto, hai un sobrante, parte do cal se destina desde o ano 2000 a un “fondo de reserva”, pero nin todo o superávit da SS se destina ao mesmo, nin, como comentamos antes, está totalmente diferenciada a parte contributiva da non contributiva da SS. Os datos amosámolos a continuación.

A distribución económica das obrigacións e dereitos recoñecidos dos últimos anos foi como segue:

Dereitos recoñecidos (en millóns de euros)
Capítulos

1999

2000

2001

2002

2003

2004

2005

Cotizacións sociais

50.422

55.243

60.123

63.986

68.903

73.561

79.098

Tasas e outros ingresos

885

942

994

910

953

845

873

Transferencias correntes

4.264

5.977

6.407

6.140

6.793

7.193

7.609

Ingresos patrimoniais

110

291

433

507

627

826

1.104

Enaxenación de inversións reais

25

20

23

9

3

54

69

Transferencias de capital

3

43

42

36

38

57

37

Activos financeiros

5

3

3

4

5

5

5

Pasivos financeiros

529

Total

56.243

62.519

68.025

71.592

77.322

82.541

88.795

Fonte: Distribución territorial de ingresos e gastos, exercicio 1999-2005, SS, MTAS.

Obrigacións recoñecidas (en millóns de euros)
Obrigacións recoñecidas

1999

2000

2001

2002

2003

2004

2005

Gastos de persoal

853

879

905

928

965

1.030

1.081

Gastos correntes en bens e servizos

337

346

410

454

502

544

515

Gastos financeiros

51

51

51

51

50

50

0

Transferencias correntes

53.211

57.852

60.340

63.592

67.209

72.266

77.252

  Pensións contributivas

46.854

51.007

53.374

56.852

60.151

64.453

68.950

Pensións non contributivas

1.391

1.551

1.618

1.676

1.735

1.781

1.848

Incapacidade temporal

2.053

2.031

2.137

2.386

2.676

3.064

3.336

Prestacións por matenidade e risco durante o embarazo

639

739

847

943

1.071

1.187

1.391

Prestacións familiares

673

756

794

814

852

864

900

A Comunidades Autónomas

877

821

836

283

118

322

315

Á Administración do Estado

106

194

200

131

128

133

136

Prestacións LISMI

209

183

161

141

124

109

95

Outras transferencias

405

495

370

362

348

349

350

Inversións reais

114

148

190

204

205

224

265

Transferencias de capital

16

13

15

18

19

30

23

Activos financeiros

2

543

939

3.350

5.193

9.363

7.900

Pasivos financeiros

0

77

77

121

77

77

77

Total

54.584

59.909

62.927

68.718

74.220

83.584

87.113

Fonte: Distribución territorial de ingresos e gastos, exercicio 1999-2005, SS, MTAS.

As cotizacións sociais son o groso dos ingresos, acadando no ano 2005 o 89% do total; o resto dos ingresos son residuais.

No que atinxe aos gastos, son as pensións contributivas co 79% do total dos mesmos no ano 2005, os máis importantes; sen incluír os gastos de capital, as incapacidades temporais, co 3,8% do gasto, son a segunda rúbrica de maior peso, pero xa a moita distancia das pensións contributivas.

A continuación sitúanse as pensións non contributivas co 2,1% do total do gasto; aínda que habería que incrementar esta cuantía en parte xa que as pensións non contributivas do País Vasco e Navarra inclúense dentro das transferencias a outras comunidades ao estar transferidas.

A diferencia entre ingresos e gastos, danos o resultado do sistema, o cal, nos anos analizados, salvo no 2004, ten superávit.

Diferencia (en millóns de euros)

1999

2000

2001

2002

2003

2004

2005

1.659

2.610

5.098

2.874

3.102

-1.043

1.682

Fonte: Distribución territorial de ingresos e gastos, exercicio 1999-2005, SS, MTAS.

O déficit do ano 2004 explícase polo forte incremento dos activos financeiros, algunha inversión importante nese ano modificou o resultado.

Con diferencias importantes duns anos para outros, e coa excepción do 2004, os resultados son positivos; e estes resultados acadáronse nuns anos onde a reducción das cotización socias foi a arma utilizada polo goberno para a creación de emprego, ou para modificar as condicións do existente, como comentábamos anteriormente.

Tan importante como coñecer as obrigacións e os dereitos recoñecidos en valores absolutos é ver como foron variando ao longo destes últimos anos.

Variación dos dereitos recoñecidos (en tanto por cen)
Capítulos

2000 /1999

2001 /2000

2002 /2001

2003 /2002

2004 /2003

2005 /2004

2005 /1999

Cotizacións sociais

9,6

8,8

6,4

7,7

6,8

7,5

56,9

Taxas e outros ingresos

6,4

5,5

-8,5

4,7

-11,3

3,3

-1,4

Transferencias correntes

40,2

7,2

-4,2

10,6

5,9

5,8

78,4

Ingresos patrimoniais

164,5

48,8

17,1

23,7

31,7

33,7

903,6

Enaxenación de inversións reais

-20,0

15,0

-60,9

-66,7

1.700,0

27,8

176,0

Transferencias de capital

1.333,3

-2,3

-14,3

5,6

50,0

-35,1

1.133,3

Activos financeiros

-40,0

0,0

33,3

25,0

0,0

0,0

0,0

Pasivos financeiros              
Total

11,2

8,8

5,2

8,0

6,7

7,6

57,9

Fonte: Distribución territorial de ingresos e gastos, exercicio 1999-2005, SS, MTAS.

Variación das obrigas recoñecidas (en tanto por cen)
Obrigacións recoñecidas

2000 /1999

2001 /2000

2002 /2001

2003 /2002

2004 /2003

2005 /2004

2005 /1999

Gastos de persoal

3,0

3,0

2,5

4,0

6,7

5,0

26,7

Gastos correntes en bens e servizos

2,7

18,5

10,7

10,6

8,4

-5,3

52,8

Gastos financeiros

0,0

0,0

0,0

-2,0

0,0

-99,2

-99,2

Transferencias correntes

8,7

4,3

5,4

5,7

7,5

6,9

45,2

  Pensións contributivas

8,9

4,6

6,5

5,8

7,2

7,0

47,2

Pensións non contributivas

11,5

4,3

3,6

3,5

2,7

3,8

32,9

Incapacidade temporal

-1,1

5,2

11,7

12,2

14,5

8,9

62,5

Prestacións por matenidade e risco durante o embarazo

15,6

14,6

11,3

13,6

10,8

17,2

117,7

Prestacións familiares

12,3

5,0

2,5

4,7

1,4

4,2

33,7

A Comunidades Autónomas

-6,4

1,8

-66,1

-58,3

172,9

-2,2

-64,1

Á Administración do Estado

83,0

3,1

-34,5

-2,3

3,9

2,3

28,3

Prestacións LISMI

-12,4

-12,0

-12,4

-12,1

-12,1

-12,8

-54,5

Outras transferencias

22,2

-25,3

-2,2

-3,9

0,3

0,3

-13,6

Inversións reais

29,8

28,4

7,4

0,5

9,3

18,3

132,5

Transferencias de capital

-18,8

15,4

20,0

5,6

57,9

-23,3

43,8

Activos financeiros

27.050,0

72,9

256,8

55

80,3

-15,6

394.900,0

Pasivos fianceiros

25.566,7

0,0

57,1

-36,4

0,0

0,0

25.566,7

Total

9,8

5,0

9,2

8,0

12,6

4,2

59,6

Fonte: Distribución territorial de ingresos e gastos, exercicio 1999-2005, SS, MTAS.

Excluíndo os gastos de capital, son os gastos correntes en bens e servicios os que máis medraron ano a ano, salvo no ano 2005: polo que atinxe ás transferencias correntes a evolución é moi desigual:

  • O gasto en pensións contributivas é tódolos anos inferior ao incremento do gasto total.
  • O gasto en pensións non contributivas tivo un incremento incluso inferior ao incremento do IPC.
  • O incremento do gasto en incapacidade laboral foi desmesurado nos últimos anos.
  • As prestacións por maternidade e risco durante o embarazo foron as que máis medraron.

Comparación entre as diferencias dos ingresos/gastos da seguridade social
e as principais magnitudes macroeconómicas
 

2000 /1999

2001 /2000

2002 /2001

2003 /2002

2004 /2003

2005 /2004

2005 /1999

Dereitos

11,2

8,8

5,2

8,0

6,7

7,6

57,9

Obrigas

9,8

5,0

9,2

8,0

12,6

4,2

59,6

IPC

4,0

2,7

4,0

2,6

3,2

3,7

21,9

PIB nominal

8,7

7,9

7,2

7,1

7,3

8,0

56,0

Fonte: Distribución territorial de ingresos e gastos, exercicio 1999-2005, SS, MTAS.

En termos nominais, os recursos destinados a este tipo de protección social tiveron un crecemento semellante á evolución do Producto Interior Bruto.

1.1. Os planos privados de pensións

Comentábamos na introducción deste traballo que nos últimos anos proliferaron numerosos estudios sobre o futuro das pensións no Estado español. Nunha parte importante deles avogábase por unha reforma do sistema co obxectivo de garantir a sostenibilidade do mesmo, o mesmo tempo que se recomendaba a subscrición dun plan de pensións privado para a “tranquilidade” futura do xubilado.

O ano 2000 era unha data clave para o quebra do sistema, no ano 2000 o sistema tivo superávit. Pero tamén nestes anos, os participantes nalgunha das modalidades de fondo de pensión disparáronse. Non cabe dúbida que a este forte incremento tamén contribuíu o tratamento fiscal que por parte dos distintos gobernos se lle aplicou a esta modalidade de aforro.

Partícipes dos fondos de pensións (a 31 de decembro de cada ano)

Individual

Empleo

Asociado

Total

Variación

1989

317.777

1990

530.551

81.420

15.987

627.958

1991

710.677

110.315

21.309

842.301

34,1

1992

875.041

166.592

26.358

1.067.991

26,8

1993

1.066.872

212.668

62.791

1.342.331

25,7

1994

1.301.712

222.249

67.759

1.591.720

18,6

1995

1.490.255

234.674

71.155

1.796.084

12,8

1996

1.838.804

267.174

72.669

2.178.647

21,3

1997

2.352.239

292.090

76.459

2.720.788

24,9

1998

2.953.750

316.545

76.497

3.346.792

23,0

1999

3.623.507

371.648

76.448

4.071.603

21,7

2000

4.402.708

463.519

72.601

4.938.828

21,3

2001

5.168.114

566.885

92.941

5.827.940

18,0

2002

5.829.358

614.996

88.721

6.533.075

12,1

2003

6.612.317

696.640

88.702

7.397.659

13,2

2004

7.244.482

1.282.598

83.217

8.610.297

16,4

2005

7.681.232

1.538.186

85.921

9.305.339

8,1

Fonte: Inverco.

Durante a última década do século pasado é o que vai do novo século, ano a ano o número de partícipes medrou desmesuradamente.

Con respecto ó ano 1990, hai un 1.347,7% máis de partícipes en plans de pensións privados; os maioritarios son os individuais.

1.2. Relación cotizantes / pensionistas

O noso actual sistema de pensións está baseado no principio de reparto, de forma que si está equilibrado, as pensións contributivas deberían financiarse coas cotizacións dos traballadores coexistentes con eles; no que inflúe: o número de pensionistas, o número de traballadores, o importe medio das pensións e o importe medio das cotizacións.

No que atinxe á relación entre traballadores cotízante / pensionistas, o escenario é o seguinte:

Pensionistas contributivos

Traballadores cotizantes

Relación

1999

7.509.280

14.578.326

1,9

2000

7.598.890

15.236.218

2,0

2001

7.677.920

15.748.752

2,1

2002

7.745.780

16.188.390

2,1

2003

7.819.460

16.589.561

2,1

2004

7.878.640

17.161.920

2,2

2005

7.979.710

18.156.182

2,3

Fonte: Elaboración propia a partir dos informes do INSS.

Durante todos estes anos, no que o sistema de pensión no Estado español tivo superávit, a relación estivo en torno a 2 cotizantes por cada pensionista, incrementándose nos dous últimos ata acadar 2,3 no ano 2005.

Temos logo que concluír que manténdose unha relación semellante á actual entre o importe medio das pensións e os salarios, a relación entre traballadores afiliados en alta e pensionistas para a sostibilidade do sistema estaría en torno a 2.

2. Galiza

Ao igual que para o Estado español, o Ministerio de Traballo facilítanos as contas da Seguridade Social para Galiza, as cales amosamos a continuación.

Distribución económica dos dereitos recoñecidos en Galiza pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Dereitos recoñecidos (en millóns de euros)
Capítulos

1999

2000

2001

2002

2003

2004

2005

Cotizacións sociais

2.697,2

2.916,6

3.119,8

3.322,3

3.554,6

3.791,0

4.038,6

Tasas e outros ingresos

39,3

44,9

41,0

44,8

46,3

45,8

42,0

Transferencias correntes

1,8

1,7

1,8

1,7

1,8

1,7

1,6

Ingresos patrimoniais

0,1

0,1

0,1

0,1

0,1

0,1

0,1

Enaxenación de inversións reais

1,0

0,1

0,1

0,1

0,1

0,0

0,1

Activos financeiros

0,1

0,1

0,2

0,2

0,3

0,3

0,3

Total

2.739,5

2.963,4

3.163,0

3.369,2

3.603,2

3.838,9

4.082,7

Fonte: Distribución territorial de ingresos e gastos, exercicio 1999-2005, SS, MTAS.

O 98% dos ingresos da Seguridade Social en Galiza proceden das cotizacións sociais, sendo o resto dos recursos practicamente residuais.

Durante o período analizado, os ingresos da Seguridade Social medraron tódolos anos, aínda que por debaixo da media estatal, derivado tanto da menor creación de emprego en Galiza como dos menores salarios medios dos nosos traballadores, o que repercute nuns menores ingresos por cotizacións sociais.

Estes ingresos distribúense como se amosa a continuación:

Obrigacións recoñecidas (en millóns de euros)
Obrigacións recoñecidas

1999

2000

2001

2002

2003

2004

2005

Gastos de persoal

63,7

66,1

67,5

69,1

72,6

77,7

82,4

Gastos correntes en bens e servizos

14,7

12,9

13,2

15,0

15,3

15,7

15,9

Gastos financeiros

0,1

0,1

0,1

0,1

0,1

0,1

0,1

Transferencias correntes

3.957,1

4.292,0

4.462,7

4.679,6

4.923,3

5.248,3

5.594,1

  Pensións contributivas

3.456,9

3.763,3

3.919,1

4.164,4

4.380,6

4.653,5

4.951,0

Pensións non contributivas

158,9

178,0

183,1

191,8

197,6

202,9

211,1

Incapacidade temporal

148,0

142,0

148,1

156,1

166,6

194,6

211,6

Prestacións por matenidade e risco durante o embarazo

24,4

29,2

34,6

35,4

45,3

47,6

54,2

Prestacións familiares

53,9

59,7

62,4

63,2

65,7

65,9

67,9

A Comunidades Autónomas

97,4

100,0

101,7

34,9

35,9

53,0

59,1

Prestacións LISMI

11,1

9,2

7,4

6,3

5,4

4,7

4,0

Outras transferencias

6,2

10,2

6,1

27,1

25,8

25,8

34,8

Inversións reais

1,9

4,1

2,0

2,7

3,2

5,2

4,4

Activos financeiros

0,1

0,2

0,3

0,3

0,3

0,3

0,4

Pasivos financeiros

0,2

0,0

0,2

0,1

0,1

0,1

0,1

Total

4.037,8

4.375,4

4.546,0

4.766,9

5.014,9

5.347,3

5.697,4

Fonte: Distribución territorial de ingresos e gastos, exercicio 1999-2005, SS, MTAS.

As transferencias correntes absorben o 98,2% do total do gasto, sendo as pensións contributivas as que se levan a maior cuantía, 86,9%.

As pensións non contributivas e as incapacidades temporais, co 3,7% do total do gasto cada unha delas, ocupan o segundo lugar en importancia de gasto.

Os gastos de persoal, co 1,4% séguenlles a continuación. Estes son superiores á media estatal, na cal os gastos de persoal absorbían o 1,2% do total do gasto.

Con respecto á evolución dos últimos anos, os maiores incrementos producíronse nas prestacións por maternidade e risco durante o embarazo, así como as incapacidades temporais, ambas con incrementos bastante superiores á media do gasto.

No que atinxe a diferencia entre ingresos e gastos danos o seguinte resultado:

Diferencia (en millóns de euros)

1999

2000

2001

2002

2003

2004

2005

-1.298,4

-1.412,0

-1.383,0

-1.397,7

-1.411,7

-1.508,4

-1.614,7

Variación

8,75

-2,05

1,06

1,00

6,85

7,04

Fonte: Elaboración propia.

O primeiro que chama a atención do cadro anterior é o déficit que tódolos anos presentan os datos do sistema de pensións da Seguridade Social en Galiza, pero temos que ter en conta as peculiaridades que ten Galiza para coñecer o alcance real do mesmo.

O ser Galiza unha comunidade con forte emigración, fai que moitos dos xubilados/pensionistas que cobran as súas pensións en Galiza, parte ou toda a súa vida laboral desenvolveuse noutra comunidade do Estado español, os cales volven aquí unha vez rematada a actividade laboral.

O ser o sistema de seguridade social estatal un sistema contributivo de reparto, é dicir, as contribucións da actual poboación activa financian os retornos que cobra a poboación pasiva con dereito a prestación, son as persoas activas nun momento dado os responsables do pagamento dos dereitos adquiridos polos seus antecesores.

Este tipo de sistema leva a que comunidades ou países emigrantes teñen descompensada a súa balanza, o pasar unha parte importante da súa poboación a vida activa nun lugar distinto o de xubilación, xenéranse os dereitos e obrigas en lugares e tempos distintos, polo que as balanzas parciais así non teñen moito sentido.

2.1. As pensións en Galiza

O ser as fontes de financiación distintas, e conveniente distinguir entre as pensións contributivas e non contributivas.

Amosamos, en primeiro lugar, como foron evolucionando as pensións contributivas, tanto en número como en importe no último decenio en Galiza.

Evolución das pensións contributivas, así como do importe medio das mesmas

Número

Variación

Importe medio

Variación

1996

639.436

341,07

1997

649.183

1,5

353,64

3,6

1998

657.322

1,2

364,78

3,1

1999

664.695

1,1

375,69

2,9

2000

671.925

1,0

394,43

4,9

2001

676.877

0,7

415,81

5,4

2002

682.668

0,8

432,81

4,0

2003

685.266

0,3

457,53

5,7

2004

688.121

0,4

481,59

5,2

2005

689.700

0,2

506,23

5,1

Fonte: Informes INSS.

Tanto en número como en importe, no último decenio produciuse un incremento constante das pensións, se ben é certo que o número de pensionistas medrou moi moderadamente nos últimos anos, mentres que o importe medio das pensións o incremento foi bastante superior.

En decembro do ano 2005, había en Galiza 689.700 persoas cunha pensión contributiva, un 7,8% máis que en decembro do 1996; a pesar de este medre moderado, representan preto dun cuarto da poboación galega (24,9%), unha porcentaxe maior que fai 10 anos, xa que mentres o numero de pensionistas segue medrando, a poboación en xeral descende. No ano 1996 as persoas que percibían algún tipo de pensión contributiva eran o 23,3% dos galegos empadroados en Galiza.

No que atinxe ao importe medio das pensións contributivas, incrementouse un 48,8%.

Con respecto á media estatal a evolución foi moi desigual, tanto no que respecta ao número de pensionistas, como ao importe medio:

Comparación Galicia - Estado español

1996

2005

Variación

Galicia Poboación

2.742.622,00

2.762.198,00

0,7

PC

639.436,00

689.700,00

7,8

Importe

341,07

506,23

48,4

PC/poboación

23,30

24,90

Estado español Poboación

39.669.394,00

44.108.530,00

11,2

PC

7.110.210,00

7.979.710,00

12,2

Importe

402,17

609,75

51,6

PC/poboación

17,90

18,00

Fonte: elaboración propia a través dos datos do INE e INSS. PC = Pensions contributivas.

No último decenio, Galiza practicamente mantén o número de habitantes, cando na media do Estado aumentaron máis dun 11%, polo que a pesar de medrar moito menos os pensionistas aquí, (en 1996 representaban o 8,9% dos pensionistas do Estado e a finais de 2005 o 8,6%), aumenta máis o peso sobre o total da poboación, o que non ocorre na media estatal a pesar de aumentar moito máis o número de persoas perceptoras dalgunha pensión contributiva.

O número de pensionistas no conxunto do Estado incrementouse nun 12,2%, case catro puntos e medio máis que en Galiza, pero con respecto á poboación total, os pensionistas contributivos a penas medraron, no 1996 eran o 17,9% do total dos residentes, e a finais do 2005, o 18%.

Se comparamos o importe medio, as diferencias con respecto á Galiza agrandáronse no período analizado, xa que na media do Estado medraron un 51,6%, mentres en Galiza nun 48,4%. En 1996 os pensionistas galegos cobraban o 84,8% dun pensionista medio do Estado español, 10 anos despois o 83%, preto de 2 puntos menos.

2.2. As pensións contributivas segundo o tipo

Dentro do segmento contributivo da protección social en Galiza englóbanse distintos tipos: incapacidade, xubilación, viuvez e orfandade e favor de familiares. No cadro que se amosa a continuación, expóñense o número pensionistas que se acollen aos distintos tipos, así como a evolución nos últimos anos.

Número de pensionistas segundo o tipo
 

Incapacidade permanente

Xubilación

Viuvez

Orfandade

Favor familiares

Total

1997

60.010

414.987

152.395

17.046

4.745

649.183

1998

58.616

419.948

155.549

18.489

4.720

657.322

1999

58.155

423.202

158.595

19.973

4.770

664.695

2000

57.951

426.898

161.702

20.426

4.948

671.925

2001

57.574

430.370

164.005

19.983

4.945

676.877

2002

58.661

430.876

166.781

21.280

5.070

682.668

2003

60.142

429.909

169.175

20.867

5.173

685.266

2004

62.196

428.378

171.929

20.448

5.170

688.121

2005

62.600

428.500

173.000

25.500

689.700

% / Total

9,1

62,1

25,1

3,7

0,0

100,0

Variación 2005/1997

4,3

3,3

13,5

49,6

-100,0

6,2

Fonte: Informes INSS.

As pensións máis numerosas a 31 de decembro de 2005 eran as de xubilación, que representan o 62% do total, seguidas das de viuvez co 25%.

No que atinxe á evolución, o número de pensionistas incrementouse un 6,2%. Os que menos medraron foron os xubilados, a finais de 2005 había un 3,3% máis de xubilados que a finais de 1997; pola contra, as viúvas medraron un 13,5%.

Con respecto a 2005 non temos a información desagregada de persoas perceptoras dunha pensión de orfandade ou a favor de familiares, pero con respecto ao 2004, as de orfandade aumentaron preto dun 20%.

Resumindo, en Galiza, e tamén no conxunto do Estado, non son as pensión de xubilación as que máis están medrando, senón o resto, as cales non teñen tanta relación co futuro envellecemento demográfico.

2.3. As pensións contributivas segundo réxime

A evolución das pensións contributivas segundo réxime foi como segue:

1996

1997

1998

1999

2000

Total

639.436

649.183

657.322

664.695

671.925

Xeral

213.602

222.700

230.711

238.021

245.147

Autónomos

52.342

54.347

56.476

58.728

61.202

Agrarios conta allea

6.817

6.776

6.729

6.705

6.671

Agrarios conta propia

265.982

263.978

261.079

258.034

254.847

Traballadores do mar

43.048

43.921

44.745

45.550

46.397

Minería do carbón

1.413

1.437

1.465

1.485

1.524

Empregados do fogar

14.189

14.539

14.798

15.106

15.390

Accidentes de traballo

15.848

15.965

16.249

16.559

16.748

Enfermidades profesionais

2.474

2.462

2.448

2.424

2.423

SOVI

23.721

23.088

22.622

22.083

21.576

2001

2002

2003

2004

Total

676.877

682.668

685.266

688.121

Xeral

250.802

257.782

263.957

270.432

Autónomos

63.724

66.071

68.127

70.026

Agrarios conta allea

6.618

6.584

6.532

6.455

Agrarios conta propia

251.265

247.006

241.354

235.780

Traballadores do mar

47.103

47.838

48.405

48.836

Minería do carbón

1.558

1.583

1.599

1.603

Empregados do fogar

15.571

15.799

15.898

15.985

Accidentes de traballo

16.804

17.091

17.112

17.316

Enfermidades profesionais

2.416

2.444

2.464

2.493

SOVI

21.016

20.470

19.818

19.195

Fonte: Informes INSS.

Do cadro anterior destacaríamos:

• A perda de peso dos pensionistas do réxime agrario a favor do xeral. No ano 2004 as pensións máis numerosas en Galiza eran as do réxime xeral (39,3% do total), cando no ano 1996 eran as agrarias por conta propia (41,9%).

• O descenso das pensións do réxime agrario, tanto por conta propia como allea, un 5,3 e 11,4% respectivamente. No ano 1996 representaban o 42,7% do total, e a finais do 2004 o 35,2%.

• O réxime de autónomos foi o que experimentou o maior incremento, un 33,8% seguido do xeral cun 26,6%.

2.4. Relación cotizantes / pensionistas

Aínda que no caso de Galicia, como expuxemos anteriormente, ao ser un país emigrante (moitos galegos neste momento están cotizando noutros lugares do Estado, e moitos dos pensionistas actuais cotizaron fora), este tipo de “balanzas” non reflicten a realidade; aínda así, a evolución, pode ser un dato de interese a ter en conta.

Pensionistas contributivos

Traballadores cotizantes

Relación

1999

664.695

855.048

1,3

2000

671.925

877.598

1,3

2001

676.877

906.253

1,3

2002

682.668

923.126

1,4

2003

685.266

940.560

1,4

2004

688.121

967.263

1,4

2005

689.700

1.000.755

1,5

Fonte: Elaboración propia cos dados dos informes do INSS.

En Galicia a relación cotizantes / pensionistas é moito máis baixa que na media estatal, unha persoa menos. O dato positivo é que dita relación está mellorando.