Inicio
Quen somos
Estrutura
Convenios
Documentos
Pronunciamentos
Publicacions
Directorio
Ligazóns
 

Confederal

Avaliación da Reforma das Pensións

O pasado día 2 de febreiro, CCOO e UGT asinaban, conxuntamente co Goberno Español e a CEOE, o chamado “ Acordo Social e Económico para o crecemento, o emprego e a garantía das pensións” (ASE), un novo exemplo da súa xa coñecida práctica sindical de Pacto Social que tan negativas consecuencias tivo sempre para a clase traballadora do Estado español e que resulta especialmente negativa nestes momentos de crise económica e de recortes de dereitos e de calidade de vida para os traballadores e traballadoras.

Políticas alternativas para a crise

É tempo de promover empresas de pequeno capital con vínculos directos coa actividade produtiva e comezar actividades directamente produtivas con capital público. Temos que reivindicar a importancia social do público fronte ao privado, como forma de incidir na orientación da economía en beneficio da maioría social e de garantir, en condicións dignas para toda a poboación, dereitos básicos como o ensino, a saúde, a enerxía, a auga, a vivenda e o traballo.

Análise da reforma e Alternativas

Estamos no centro da crise. Una crise económica profunda que non foi creada polas persoas que traballan. Máis ben ao contrario, as enormes desigualdades sociais xeradas polo sistema capitalista neoliberal nas dúas últimas décadas están na raíz do problema. E sen embargo, este sistema que ten fracasado estrepitosamente e que ten demostrado a súa incapacidade para garantir una convivencia social xusta e redistributiva, segue negándose a calquera tipo de regulación financeira e impón as súas receitas antisociais e xogos especulativos por riba da política, dos gobernos, dos Estados e dos organismos internacionais.

A Gran mentira sobre a reforma das pensións

No ano 1996 o Banco de España, a Cúpula dos Empresarios, a Unión Europea e todos os analistas pagados polo sistema, pronosticaron a quebra da caixa das pensións no ano 2012. Dende aquela data levan insistindo nunha campaña de derribo das Pensións Públicas coa única finalidade de trasladar este sistema ao control dos Bancos e as Aseguradoras para convertelo en negocio do Capital financeiro. Vexamos porque minten.