O primeiro que chama a atención nun ano de forte
recesión económica e caída do emprego é o elevado numero de contratos que se
rexistraron no noso país. Estamos a falar de 653.072 contratos novos; se a
estes lles sumamos os 27.550 que se converteron en indefinidos ao longo do ano
2010, o número de contratos rexistrados nas oficinas do Servizo Público de
Emprego é de 680.624. Destes contratos, o 91,18% foron baixo
algunha modalidade de contratación temporal, fronte ao 90,19% do ano 2009
Os efectos da crise económica no mercado de
traballo galego acusáronse con especial virulencia durante ano 2009. Practicamente
se mantivo o desemprego por riba dos 200.000 parados/as en todos os meses do
ano. Ao
longo do 2010, seguiu medrando o número de persoas paradas mes a mes. Así,
ningún mes estivo por debaixo dos 209.000 parados.
O ano 2010 rematou cunha nova perda da ocupación en Galiza, con 50.700
postos
de traballo menos. Se a isto lle sumamos
os 47.800 que se destruíron no 2009, son preto de 100.000 os postos
de traballo que desapareceron en apenas dous anos en Galiza, segundo
os datos facilitados pola Enquisa de Poboación Activa que recolle un
informe sobre o mercado de traballo realizado polo Gabinete Técnico
Confederal da CIG.
A “gran recesión” como se coñece a crise que está atravesando a economía en xeral, e a galega en particular, nun primeiro momento non afectou especialmente ás mulleres. É máis, saíron mellor paradas do que en principio se podía esperar, pero xa neste ano que acaba de rematar a crise se manifestou con toda a súa intensidade entre elas.
O pasado día 2 de febreiro, CCOO e UGT asinaban, conxuntamente co Goberno Español e a CEOE, o chamado “ Acordo Social e Económico para o crecemento, o emprego e a garantía das pensións” (ASE), un novo exemplo da súa xa coñecida práctica sindical de Pacto Social que tan negativas consecuencias tivo sempre para a clase traballadora do Estado español e que resulta especialmente negativa nestes momentos de crise económica e de recortes de dereitos e de calidade de vida para os traballadores e traballadoras.
Por segundo ano consecutivo, a Xunta de Galicia
presenta uns orzamentos cunha dotación inferior ós do ano anterior, neste último
ano a contracción é máis importante que
no ano anterior, un 9,7%, fronte a un 0,9% na previsión do 2010.
A
forte crise que azota Galicia desde o
ano 2007 está deixando miles de traballadores sen os seus postos de traballo, este
feito ten unhas repercusións claras,
como non podía ser menos, nas persoas que perciben algún tipo de prestación por
desemprego.
Durante
a última década, e ata o ano 2008, o número de perceptores mantívose con
escasas variacións, en torno ás 70.000 persoas, pero nestes dous últimos ano o
incremento foi exponencial mes a mes, ata rematar 2009 con 152.828
desempregados ou desempregadas recibindo algún tipo de prestación.
Os
efectos da crise económica no mercado de traballo galego acusáronse con
especial virulencia durante ano 2009. Aínda que durante 2008, especialmente nos
últimos meses do ano, xa se produciron perdas importantes de postos de traballo
e polo tanto de medre do desemprego, non foi até o ano 2009 cando estes datos
acadaron valores negativos históricos. Practicamente se mantivo o desemprego
por riba dos 200.000 parados/as en todos os meses do ano.
2009
foi un ano fatídico para o emprego en Galiza; de media perdéronse 48.700 postos
de traballo. Se a isto lle engadimos 2.600 persoas activas máis, lévanos a un
incremento do paro de 51.200 persoas, un 44,6% máis que no ano 2008.
A
evolución da contratación é un indicador de seguimento da actividade económica
dun país. Aínda que é certo que, nos últimos anos, o abuso da temporalidade
unido á escasa duración dos contratos, levou a que, de media, un mesmo traballador/a
asinase máis dun contrato por ano, e polo tanto se rexistrasen un número moi
elevado de contratos, tamén é certo que o escenario de expansión económica implicaba
un aumento continuo da contratación, polo dinámico que nestas etapas é o
mercado de traballo.