Con
moita frecuencia bombardéasenos con estatísticas de accidentalidade laboral, incapacidades
e mortes de traballadores/as no seu posto de traballo, trátase este do aspecto máis
impactante da prevención de riscos laborais pero non a única.
Desgrazadamente
estas grandes cifras, impresionantes sen ningún tipo de dúbida e que non queremos
esquecer nin minimizar son, como diciamos, un aspecto máis das consecuencias das
malas condicións de traballo ás que estamos sometidos os traballadores e as traballadoras
da Galiza. Unhas condicións que ademais de accidentes de traballo, están a
provocar enfermidades profesionais.
|
Guia de boas prácticas para delegados e delegadas de prevención.pdf |
|