Inicio
Quen somos
Estrutura
Convenios
Documentos
Pronunciamentos
Publicacions
Directorio
Ligazóns
 

Saúde Laboral

Amianto, ¡perigo! A saúde non se vende ni se delega

Hai máis de corenta anos que se coñecen os efectos nocivos do amianto e nembargantes os traballadores estiveron contaminándose ano tras ano, día tras día, sen que as distintas Administracións fixeran nada por evitalo.

Guía de boas prácticas para delegados e delegadas de prevención

Con moita frecuencia bombardéasenos con estatísticas de accidentalidade laboral, incapacidades e mortes de traballadores/as no seu posto de traballo, trátase este do aspecto máis impactante da prevención de riscos laborais pero non a única. Desgrazadamente estas grandes cifras, impresionantes sen ningún tipo de dúbida e que non queremos esquecer nin minimizar son, como diciamos, un aspecto máis das consecuencias das malas condicións de traballo ás que estamos sometidos os traballadores e as traballadoras da Galiza. Unhas condicións que ademais de accidentes de traballo, están a provocar enfermidades profesionais.