Por segundo ano consecutivo, a Xunta de Galicia
presenta uns orzamentos cunha dotación inferior ós do ano anterior, neste último
ano a contracción é máis importante que
no ano anterior, un 9,7%, fronte a un 0,9% na previsión do 2010.
A
forte crise que azota Galicia desde o
ano 2007 está deixando miles de traballadores sen os seus postos de traballo, este
feito ten unhas repercusións claras,
como non podía ser menos, nas persoas que perciben algún tipo de prestación por
desemprego.
Durante
a última década, e ata o ano 2008, o número de perceptores mantívose con
escasas variacións, en torno ás 70.000 persoas, pero nestes dous últimos ano o
incremento foi exponencial mes a mes, ata rematar 2009 con 152.828
desempregados ou desempregadas recibindo algún tipo de prestación.
Os
efectos da crise económica no mercado de traballo galego acusáronse con
especial virulencia durante ano 2009. Aínda que durante 2008, especialmente nos
últimos meses do ano, xa se produciron perdas importantes de postos de traballo
e polo tanto de medre do desemprego, non foi até o ano 2009 cando estes datos
acadaron valores negativos históricos. Practicamente se mantivo o desemprego
por riba dos 200.000 parados/as en todos os meses do ano.
2009
foi un ano fatídico para o emprego en Galiza; de media perdéronse 48.700 postos
de traballo. Se a isto lle engadimos 2.600 persoas activas máis, lévanos a un
incremento do paro de 51.200 persoas, un 44,6% máis que no ano 2008.
A
evolución da contratación é un indicador de seguimento da actividade económica
dun país. Aínda que é certo que, nos últimos anos, o abuso da temporalidade
unido á escasa duración dos contratos, levou a que, de media, un mesmo traballador/a
asinase máis dun contrato por ano, e polo tanto se rexistrasen un número moi
elevado de contratos, tamén é certo que o escenario de expansión económica implicaba
un aumento continuo da contratación, polo dinámico que nestas etapas é o
mercado de traballo.
É tempo de
promover empresas de pequeno capital con vínculos directos coa actividade
produtiva e comezar
actividades directamente produtivas con capital público. Temos que reivindicar
a importancia social do público fronte ao privado, como forma de incidir na
orientación da economía en beneficio da maioría social e de garantir, en
condicións dignas para toda a poboación, dereitos básicos como o ensino, a
saúde, a enerxía, a auga, a vivenda e o traballo.
Estamos no centro da crise. Una crise
económica profunda que non foi creada polas persoas que traballan. Máis ben ao
contrario, as enormes desigualdades sociais xeradas polo sistema capitalista neoliberal
nas dúas últimas décadas están na raíz do problema. E sen embargo, este sistema
que ten fracasado estrepitosamente e que ten demostrado a súa incapacidade para
garantir una convivencia social xusta e redistributiva, segue negándose a calquera
tipo de regulación financeira e impón as súas receitas antisociais e xogos
especulativos por riba da política, dos gobernos, dos Estados e dos organismos
internacionais.
No ano 1996 o
Banco de España, a Cúpula dos Empresarios, a Unión Europea e todos os analistas
pagados polo sistema, pronosticaron a quebra da caixa das pensións no ano 2012.
Dende aquela data levan insistindo nunha campaña de derribo das Pensións
Públicas coa única finalidade de trasladar este sistema ao control dos Bancos e
as Aseguradoras para convertelo en negocio do Capital financeiro. Vexamos
porque minten.
Esta Guía pretende ser
unha ferramenta de traballo práctica e eficaz para as nosas delegadas e
delegados, á hora de identificar e previr os riscos para a preñez e a lactación,
informar de como actuar no marco da empresa desde a negociación colectiva para
evitar eses riscos, dando a coñecer a normativa relacionada coa protección da
seguridade e saúde das mulleres embarazadas ou en período de lactación natural,
cuestión de máxima importancia social e sindical para a nosa central.
Con
moita frecuencia bombardéasenos con estatísticas de accidentalidade laboral, incapacidades
e mortes de traballadores/as no seu posto de traballo, trátase este do aspecto máis
impactante da prevención de riscos laborais pero non a única.
Desgrazadamente
estas grandes cifras, impresionantes sen ningún tipo de dúbida e que non queremos
esquecer nin minimizar son, como diciamos, un aspecto máis das consecuencias das
malas condicións de traballo ás que estamos sometidos os traballadores e as traballadoras
da Galiza. Unhas condicións que ademais de accidentes de traballo, están a
provocar enfermidades profesionais.