Malia non formarparte das Mesas de Diálogo Social para un Acordo Galego polo Emprego, a CIGmanifesta que, a pesar de ser a segunda central sindical de Galiza, nin sequerarecibiu unha copia do devandito Acordo pola Competitividade para coñecer o seucontido e poder valorar, de vagar, o seu alcance.
Alén diso, e tendoen conta a escasa información da que, a estas alturas, dispón, a CIG salienta oparadoxo que supón que no seo das Mesas para un Acordo Galego polo Emprego seasine un ‘Acordo pola Competitividade’, co que iso implica.
Neste sentido, ConsueloMartínez, secretaria confederal de Organización sinala que “cada vez quefalamos de competitividade parece que a única forma de sermos competitivos é contendoou baixando os salarios, flexibilizando as condicións laborais e as xornadas eaumentando, polo tanto, a explotación directa sobre o traballador”. Fronte aisto lembra que, para a CIG, o que se debería propiciar é “a mellora da producióne da calidade do produto, non que sexa máis barato porque se reducen os custosde produción a custo de rebaixar as condicións laborais”.
A secretariaconfederal de Organización subliña tamén que até o de agora, as medidasadoptadas levaban aparelladas partidas destinadas “á subvención directa aosempresarios, pero non partidas destinadas a aplicar medidas para odesenvolvemento de sectores produtivos básicos do noso país, coa importanciaque teñen para a economía galega”, e semella que neste caso van seguir o mesmocamiño.
Porén, mentres sesubvenciona ao sector empresarial, a mocidade galega máis cualificada segue aemigrar ben por falta de postos de traballo, ben polas condicións laborais quehai en Galiza. “Seguimos estando á cola, cos salarios máis baixos do estado enon se están a adoptar medidas que solucionen esta problemática nin para aclase traballadora galega, nin para os nosos sectores produtivos”.
Xunto a iso,resulta rechamante que este Acordo se presente xusto cando está a piques derematar a lexislatura, nun gran acto propagandístico, e que se diga que estáprevista a súa execución do 2008 ao 2011. Consuelo Martínez lembra que oexercicio de 2008 superou xa o seu ecuador e nos orzamentos previstos para esteano non figuraban partidas destinadas a pór en marcha os plans que o Presidenteda Xunta, Emilio Pérez Touriño, publicitou no acto oficial de sinatura doAcordo, polo que “este ano non parece que se vaian facer efectivos”. A isoengade que “para que sexa un plan críbel deben consignarse partidasorzamentarias para cada unha desas 300 medidas anunciadas e esas partidasorzamentarias son, precisamente, as grandes ausentes”.