Inicio
Quen somos
Estrutura
Convenios
Documentos
Pronunciamentos
Publicacions
Directorio
Ligazóns
 

Cartaces

Máis galego no teu centro de traballo

Mai 2008

O mundo da empresa, o das relacións laborais ou o do traballo en xeral constitúen espazos públicos nos que, a diferente escala, a presenza do galego aínda non está plenamente normalizada. É máis, desenvolvermos o noso traballo con normalidade na lingua propia de Galiza resulta unha tarefa difícil, que choca moitas veces coa postura belixerante de boa parte do empresariado, que subestima, ignora ou mesmo despreza o galego como lingua válida no día a día dos centros de traballo.

10 de marzo do 2008

Marzo 2008
A tradicional manifestación de Ferrol será de novo o acto central da CIG o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega. A marcha partirá ás 19:30 horas do local do sindicato e rematará no Cantón. A Unión Comarcal manifesta o seu total rexeitamento á visita que o monarca español fará a Ferrol neste día tan sinalado para os traballadores do país.

Loitando contra a dobre presenza: Dobre loita, dobre resposta

Marzo 2008
A Secretaría da Muller da CIG vén de presentar a súa campaña para este 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, baixo o lema “Loitando contra a dobre presenza: Dobre loita, dobre respostaâ€. Unha campaña que, alén de denunciar as condicións laborais ás que se enfronta a muller galega, alerta das graves repercusión que, para a súa saúde ten a dificultade de conciliar a vida laboral e familiar.

Contra a carestía da vida, salarios dignos

Febreiro 2008
Na CIG tomamos a decisión de mobilizarnos como Central Sindical para denunciar socialmente a perda constante da capacidade adquisitiva dos salarios. Diferentes causas poden explicar as razóns polas que a clase traballadora está pagando un tributo a modo de imposto, no que unha parte importante das nosas retribucións son transferidas á contabilidade e beneficios das empresas; e cando os índices de pobreza dispáranse en Galiza, asociados a baixos salarios e pequenas pensións.

10 de marzo do 2007

Marzo 2007
Mil persoas marcharon por Ferrol na manifestación organizada pola CIG no Día da Clase Obreira Galega. Os actos comezaron no Inferniño cunha ofrenda floral perante a estatua dedicada a Amador Rei e Daniel Niebla. A manifestación partiu deste mesmo lugar e rematou no Cantón, onde o secretario comarcal da CIG, Xesús Anxo López Pintos, e o secretario xeral, Suso Seixo, pronunciaron os discursos políticos.

Muller, participa e loita!

Marzo 2007
A CIG celebrou actos en todo o país con motivo do Día da Muller Traballadora e como preludio do Día da Clase Obreira Galega. Vigo acolleu o acto máis numeroso, cunha grande asemblea e unha manifestación de máis de 500 persoas, e o resto das comarcas conmemoraron esta data tamén con asembleas, concentracións e repartos de panfletos nas propias empresas.