Documentos Secretaría Confederal de Formación Sindical e Migración- Vexamos dun xeito migalleiro algúns datos. A evolución das demandas e as colocacións foi a seguinte:
Aínda tendo en conta que unha parte das demandas estean feitas por persoas que teñen nese intre un posto de traballo, son xubilados ou busquen un emprego temporal (en total unhas 22.000 demandas menos), o certo é que o diferencial entre demanda e oferta é moi alto en Galiza, aínda que deveceu nos últimos anos.
Que exista un número tan elevado de colocacións non se debe a que se xeren un número igual de empregos, senón a que hai unha taxa moi elevada de contratos eventuais (temporais) e unha rotación máis alta cada ano que pasa, ou sexa contratos cunha menor duración. Hoxe en día estamos perto dos tres contratos por cada emprego temporal, aínda que, na práctica, tamén hai unha rotación entre os traballadores temporais e unha parte dos parados. A temporalidade ten as súas porcentaxes máis elevadas entre a mocidade, tal como se reflicte no seguinte cadro, xa que un 63% dos asalariados con contratos menores de 30 anos é eventual.
Seguinte ... | |||||||||||||||
ÚLTIMA REVISIÓN: 18/12/2001 |