Documentos Secretaría Confederal de Formación Sindical e Migración- Sobre a coordinación entre os distintos subsectores da FP dise o seguinte: “É un feito contrastado que no marco do Estado seguen a existir problemas de coordinación entre os diversos subsistemas e modalidades de Formación Profesional. Estes problemas están a afectar ó desenvolvemento das cualificacións e da FP na Comunidade de Galicia. No terreo do deseño dos dous catálogos existentes (o de títulos e o de certificados de profesionalidade) que establecen os referentes de competencia e as formacións do subsistema da FPR e da FPO, está resultando que, malia se partir en teoría da mesma realidade productiva e da intención de aproximarse no deseño de unidades de competencia que expresen esta realidade, en bastantes casos isto non se consegue. No caso da formación continua a situación de desaxuste é aínda peor, xa que non se dispón aínda do referente común do SNCP e estas accións formativas, polo xeral, non explicitan os seus obxectivos en termos da competencia que aspiran a conseguir”. Existen tamén carencias evidentes na normativa actual, que se analisan no documento.
Noutros apartados engadense outros problemas que se constatan no modelo acde FO sobre o contido e aplicación dos plans. “No aspecto do contido dos plans, non existen disposicións nin medidas concibidas para encamiña-la natureza da formación continua. Na breve historia deste subsistema, debido á moi escasa duración media das accións (unhas corenta horas), a formación limítase á formación de actualización ou de posta ó día. Nestas condicións non se pode consegui-la adquisición da formación de base (tan necesaria na poboación activa española) precisa para incrementa-los niveis de cualificación profesional; e tampouco se pode formula-la reconversión profesional necesaria para lle facer fronte á extraordinaria mobilidade actual dos contidos profesionais. No terreo das oportunidades de adquirir formación, a situación é tamén precaria. Pódese afirmar que, debido á falla de incentivos á formación que antes se mencionou e, en xeral, debido á ausencia dunha política gobernamental neste terreo, o mercado español de formación ten un escaso desenvolvemento. Sen embargo, malia estas carencias, os recursos públicos existentes e, en especial, os da Administración educativa, case non se dedican á formación continua”. Seguinte ... | |||
ÚLTIMA REVISIÓN: 18/12/2001 |