DocumentosVolver ao índice do documentoVolver a Actualidade


Vigo, 18 de decembro de 2001

Mocidade e inserción laboral
 

Secretaría Confederal de Formación Sindical e Migración-

cig.form-sindical@galizacig.com




O desemprego na mocidade

Se entendemos como mocidade os menores de 30 anos, podemos ver como evoluíu o desemprego na mocidade ao respecto do total dos parados dende 1989.


Fonte: IGE.

O desemprego entre o mocidade mantense en taxas moi altas ao respecto do total, aínda que dimimuíu un chisco e pasou do 55,8% en 1989 ao 45,5% no ano 2000. Neste último ano había 78.000 mozos/as en paro.


Fonte: IGE.

Podemos dicir, con estes datos, que o problema do desemprego en Galiza é (sobre todo) un problema da mocidade, aínda que sexa entre os maiores de 45 anos onde se dan as situacións máis extremas dende un ponto de vista social.

O paro atinxe especialmente á mocidade e dentro dela moi especialmente ás mulleres; vexamos o seguinte gráfico ao respecto.

A porcentaxe do desemprego entre as mulleres mozas practicamente dobra a dos homes, unha tendencia que se mantén en todas as idades. É un dato a ter moi en conta xa que cando falemos de inserción laboral a cuestión de xénero debe terse moi en conta.

Por outra banda, as taxas de paro na mocidade non deveceron, malia a maior cualificación dos mozos/as que buscan emprego. Outro dato para non desbotar.


Fonte: IGE.

Seguinte ...

 
Volver ao índice do documentoVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/12/2001